Libros de texto - Curso 2024/2025 sticky icon

No seguinte enlace (premendo ou escaneando) publícase a relación de libros de texto e material didáctico que se utilizarán no centro para o vindeiro curso escolar 2024/2025.

 

Ata que se publiquen as listaxes definitivas de axudas concedidas para libros do fondo (3º, 4º) ou para a adquisición de libros (1º, 2º) non se deben mercar os libros de texto (se se presentou solicitude de axuda).

A partires do 27 de xuño publicarase no taboleiro de anuncios interior do centro a listaxe provisional de admitidos e excluídos na convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar e a participación no fondo solidario de libros de texto. O 8 de xullo publicaranse as listaxes definitivas.

A partires do día 27 de xuño e ata o 8 de xullo (de 11:00 a 13:00) poderán recoller os vales no colexio. Os que non se recollan nese período, entregaranse no mes de setembro.

Os solicitantes con axudas denegadas por erros na documentación, ou os que detecten algún erro no vale, terán 10 días desde a publicación da listaxe provisional para emendar as deficiencias ou remitir a documentación necesaria.

Os libros de texto do Fondo solidario entregaranse ao alumnado no mes de setembro, no inicio do curso escolar.

 

MATRÍCULA CURSO 2024/2025 sticky icon

O prazo de solicitude de MATRÍCULA para o vindeiro curso escolar 2024-2025 estará aberto desde o 20 ao 30 de XUÑO.

Poderá solicitar matrícula o alumnado que foi admitido no proceso de admisión.

Documentación a aportar:

  • Impreso de solicitude debidamente cumprimentado e asinado por un proxenitor ou polos dous proxenitores en caso de separación ou divorcio.
  • Certificado médico de non padecer enfermidade infecto-contaxiosa e de estar vacinado segundo o calendario oficial.
  • Fotocopia dos DNI dos proxenitores/representantes legais
  • Fotocopia da Tarxeta Sanitaria.
  • Autorización para o uso da imaxe persoal do alumno/a.
  • Solicitude de uso de Servizos Complementarios (se é o caso)
  • Autorización para a recollida á saída das clases.
  • Autorización de recollida do alumnado en horario lectivo.
  • Autorización para as saídas dentro da comarca.
  • Cuestionario sobre a lingua materna en E. Infantil.
  • Dúas fotografías tamaño carné.

Os impresos de solicitude foron remitidos por correo electrónico aos interesados. Tamén se poden retirar en Conserxería ou en Internet no seguinte enlace:

A DOCUMENTACIÓN COMPLETA DEBERASE ENTREGAR NAS OFICINAS DO COLEXIO PREVIA CITA


 NOTAS:

  • Cita previa para a presentación da documentación (Tfono.: 982 82 81 33).
  • Os alumnos que cursan este ano 6º de E. Infantil neste colexio recibiron nos seus domicilios os documentos de actualización de datos que deberán cubrir e presentar antes do 20 de xuño para comezar os seus estudos de E. Primaria obrigatoria o vindeiro curso.
  • O resto do alumnado lembramos que ten permanencia garantida, polo que non terá que realizar solicitude de matrícula.
  • Os usuarios de comedor escolar, a parte da solicitude que presentaron, terán que cubrir os impresos de autoliquidación que se lle facilitarán no centro cando se abra o prazo.

 

Axudas para libros de texto - curso 2024/2025 sticky icon

Están convocadas as AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR, así como a PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados (ED330B-anexos I e II) dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Para presentala presencialmente no centro deberá solicitar cita previa no teléfono 982 828 133 (en horario lectivo). Antes deberanse descargar e cubrir estes impresos:

ou solicitalos en conserxería sen necesidade para isto de cita previa.

Xunto aos Anexos I e II deberase presentar copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demáis membros computables da unidade familiar (para casos particulares que precisan outra documentación, consultar a Orde do 7 de maio pinchando no enlace facilitado enriba).

O prazo de presentación remata o vindeiro 21 de xuño.

IMPORTANTE: o alumnado que no curso 2024/2025 curse estudos de 1º de ESO deberá presentar a solicitude no IES no que foi admitido.

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO sticky icon


 No taboleiro de anuncios interior do centro está dispoñible a listaxe definitiva do alumnado admitido neste centro para o curso 2024/2025.


As persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación (15/05/2024).

Axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo sticky icon

O pasado día 19 de abril publicouse a convocatoria destas axudas para o curso 2024/2025. O prazo para presentar as solicitudes é do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024.

Para solicitala deberá dirixirse ao seguinte enlace:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar