Renovación parcial do Consello Escolar sticky icon

Deu comezo o proceso que dará lugar á renovación parcial do Consello Escolar do centro.

A Xunta Electoral, na súa reunión celebrada con data 03/11/2022, aprobou o seguinte calendario:

 

 


 

AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR sticky icon

O alumnado que foi beneficiario do vale para adquirir material escolar por importe de 50 € recibirá un vale adicional de 25 €.

As familias poderán recoller este segundo vale a partir do vindeiro luns, 17 de outubro, previa cita (Tfono. 982 82 81 33).

REUNIÓN PAIS/NAIS ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL sticky icon

O vindeiro luns, día 5 de setembro, celebrarase unha reunión informativa cos pais/nais/titores legais do alumnado de 4º curso de Educación infantil, ás 10:30 horas para tratar asuntos relacionados coa nova escolarización dos seus fillos/as.

LISTAXES DEFINITIVAS - FONDO DE LIBROS sticky icon

Comunícase que están publicadas no taboleiro interior do centro as listaxes definitivas de admitidos nas axudas do Fondo solidario de libros de texto cos libros que se adxudica a cada beneficiario; tamén están publicadas as dos vales para adquisición de libros de texto e material escolar. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

COMEDOR ESCOLAR - CURSO 2022/2023 sticky icon

Os alumnos que solicitan praza para o SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR  deberán cumprimentar os seguintes impresos e presentalos no  centro asinados (ata o 7 de xullo, de 10:00 a 13:00; do 1 ao 7 de setembro):

Instruccións

Simulador para calcular o prezo do comedor.

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar