PAGO DE TAXAS-SERVIZO DE COMEDOR sticky icon


Os usuarios do comedor escolar que teñan que aboar taxas por utilización do mesmo están habilitados para facelo desde a plataforma ESPAZO ABALAR. Neste ENLACE poden ver as instruccións para facelo.

Os usuarios que non o fagan por este medio deberán solicitar os impresos no centro educativo.


 

PRAZO PARA ACTUALIZACIÓN DE DATOS DE MATRÍCULA sticky icon


 

Comunícase ás familias do alumnado que o prazo para facer modificacións nas opcións de matrícula do alumnado remata o vindeiro día 8 de setembro.

Asemade infórmase que no taboleiro interior do centro están publicadas as listaxes do alumnado por cursos e grupos.


 

Comedor escolar - curso 2023/2024 sticky icon

ALUMNOS:

Os alumnos que solicitaron praza para o SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR  deberán cumprimentar o impreso:

Este impreso tamén o poderán recoller nas dependencias do centro e deberá ser entregado cuberto e asinado antes do día 14 do mes de xullo.

 


 

COLABORADORES:

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2023-2024, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 14 de xullo.

Durante o curso escolar 2023-2024 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

Os pais/nais/titores legais que desexen colaborar deberán cubrir o seguinte impreso e presentalo nas dependencias do centro:

 Os impresos de solicitude tamén están dispoñibles nas dependencias do centro.

Historiais académicos sticky icon

Os pais/nais/titores legais dos alumnos que remataron 6º curso de E. Primaria promocionando ao instituto poden pasar polas oficinas do centro do 27 de xuño ao 7 de xullo (de 11:00 a 13:00)  e recoller os HISTORIAIS ACADÉMICOS. Os que non sexan recollidos nesas datas poderán recollerse a partir do 1 de setembro.

Estes documentos orixinais (antigamente eran os LIBROS DE ESCOLARIDADE) deberanse conservar sempre en propiedade do alumno, aportando fotocopias cando lle sexan requeridos para calquera trámite. Para a matrícula no instituto non lle deberán ser requeridos pois, segundo a normativa vixente, o centro remitiralle copias dos mesmos ao instituto correspondente previa petición deste.(Art. 29. Título II. Capítulo IV do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.)

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar