You are hereRESERVA DE PRAZA PARA O INSTITUTO «LAMA DAS QUENDAS» - CURSO 2023/2024

RESERVA DE PRAZA PARA O INSTITUTO «LAMA DAS QUENDAS» - CURSO 2023/2024


By caloto - Posted on 11 Xaneiro 2023


IMPORTANTE:

A reserva de praza, segundo a normativa vixente, en Chantada só se pode facer para o INSTITUTO «IES LAMA DAS QUENDAS» e ten que presentarse vía electrónica ou no colexio, nunca no instituto.

Os alumnos do noso centro, por tanto, SÓ PODERÁN SOLICITAR RESERVA DE PRAZA para o I.E.S. "Lama das Quendas", porque é o centro onde oficialmente estamos adscritos. Os que queiran seguir os estudos de E.S.O. no I.E.S. "Val do Asma" terán que agardar que se abra o prazo para ADMISIÓN DE ALUMNADO (1-20 de marzo).

Os centros de primaria NON PODEN FACER RESERVA DE PRAZA nin para alumnos que se vaian incorporar a Educación Infantil nin para a Educación Primaria (salvo que tiveran centros adscritos, que non é o caso dos de Chantada). Estes alumnos deberán agardar que se abra o prazo para ADMISIÓN DE ALUMNADO. Os que xa están cursando os estudos no centro este ano non teñen que solicitar nin reserva nin admisión.


Clic na imaxe para agrandar

Presentación vía electrónica:

 

Etiquetas

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar