Estimadas familias:
Primeiro de nada o departamento de educación física, e todo o claustro do colexio, queremos enviarvos unha mensaxe de ánimo e tranquilidade nesta difícil situación.
Para facer a estadía o mais levadeira posible facemos unhas pequenas recomendacións :
- manter os horarios da escola, de erguerse pola mañá e de deitarse, tamén os horarios dos almorzos,xantar e cea...
- non abusar do tempo de tv e dos dispositivos das novas tecnoloxías, das consolas de videoxogos...
- despois de realizar as fichas ou deberes estaría ben un "descanso activo" cada 45 ou 50 minutos ( xa vos vai un enlace á. actividade física)
- responsabilizar aos nenos/as nas tarefas de casa , segundo a idade , facer as camas, preparar e recoller a mesa, manter a habitación en orde, etc
- desfrutar do tempo en familia para contar contos ou historias, xogos de mesa, manualidades...
O día faise moi longo e imos ter tempo para moitas actividades .
En canto a educación física , compartimos con vos un enlace para dúas semanas de: xogos , videos, bailes e actividades. Non están destinadas a ningún nivel en concreto , todos podemos xogar incluidos os maiores da casa.
Deixamos o enlace a Frikazosenelaula. Grazas a Miguel Pasamar por compartir.
https://frikazosenelaula.com/planificacion-semanal-e-f-dos-semanas/
Estamos convencidos que pronto pasará este mal soño e poidamos xogar cos/as vosos/as fillo/as o mais rápido posible.
#Todo sairá ben.
Unha aperta. Nancy e Moncho.