Skip to Content

Ed. física

RESUMO RETOS FINAIS

ÚLTIMOS RETOS SEMANAIS DE EF

OLA CHIC@S!

Na segunda semana do mes de xuño deixamos os derradeiros retos por este curso 2019-2020. Nesta ocasión temos seis retos moi amplos. Como sempre, podedes facer o que mais vos guste . En UN MIUTO PARA GAÑAR hai distintas probas para xogar en familia, igual que no xa clásico,  RETO IOGA. 

As instruccións están na fiestra central ( ÚLTIMOS BENCHORRETOS). Tamén deixamos uns pequenos vídeos de despedida dos profes de educación física.

Desexando que os retos propostos nesta tempada foran do voso agrado e serviran para disfrutar duns intres de ledicia en familia nesta difícil situación.

Moitas grazas.

#xuntosoestamosconseguindo

 

 

 

RESUMO RETOS EF (7ªSEMANA)

   

 

RETOS EF VII

Bo día familias.Unha vez mais os profes de educación física estamos encantadísimos cos vídeos dos retos que recibimos. Estamos rematando o curso , primeira semana de xuño, que lonxe queda setembro....

Deixamos tres retos para esta semana.

Unha forte aperta

#xuntosoestamosconseguindo

 

 

BENCHOIOGA do 1 ao 5 XUÑO

RESUMO RETOS EF SEMANA VI

 

BENCHOIOGA 25-29 de MAIO

RETOS E.F. VI

Bo día.

Hoxe comezamos con boas novas . Galicia  entra na fase dúas da desescalada pero ... con sentidiño . 

Desde educación física imos baixar o número de retos semanais agora temos mais tempo para xogar fóra da casas.

Esta semana presentamos as seguintes actividades : unha segunda parte de malabares con pelotas , entramos no mundo dos xogos populares e , o terceiro reto , un desafío de Mateo Prol de 3ºB. E mantemos a sección Ti es o protagonista para que enviedes os desafíos.

No reto do mércores vai unha pequena explicación ( pica no +) e dous exemplos de xogos que fixemos na miña casa (pica no 1 e no 2).

A divertirse!!!

Esperamos os vídeos ou fotos dos retos , e de calquera actividade física que fagades, no correo benchoprofes@gmail.com, escribindo no asunto EF.

Moitas grazas.

Un saúdo.

Nancy e Moncho.

#xuntosoestamosconseguindo

 

RESUMO RETO MUIÑEIRA

Ola familias:

Sinto de verdade non poder subir os vídeos que recibimos na súa totalidade porque os protagonistas están magníficos.

Esta semana chegaron bailes individuais , en parella, en grupo , en familia, xogándose o físico nunha cama elástica, nunha contorna espectacular...unha vez mais nos deixades sen palabras.

Moitas grazas.

Espero que disfrutedes deste pequeno resumo.

Unha aperta.

#xuntosoestamosconseguindo

 

RETO SEMANA LETRAS GALEGAS

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!!

Para esta semana imos descansar dos retos habituais e imos facer  un reto conxunto para as materias de música e educación física.

Nesta ocasión haberá que......BAILAR A MUIÑEIRA!!!

Na entrada deixo un tutorial onde a profe Salomé nos ensina os pasos do baile e unha canción para ensaiar .

Esperamos os vosos vídeos , como sempre, en benchoprofes@gmail.com escribindo no asunto: MUIÑEIRA.

Moitas grazas e ...a bailar!!!

#oestamosconseguindo

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut