Lingüística e social
Enviado por jose.a.perez a Xov, 18/10/2012 - 17:13Peso:
Peso:
Dende a asesoría Lingüística e social quero darvos a benvida polo voso achegamento a esta nova web confiando en que sexa de utilidade.
Neste espazo web dende esta asesoría preténdese ofertar información, experiencias, suxerencias, materiais e novas que poidan favorecer a dinamización dos centros escolares co fin de impulsar melloras que redundan na práctica educativa.
Tamén se aportará información sobre as actividades formativas desenvolvidas e a convocatoria das novas que vaian xurdindo.
Desexo que sexa un espazo virtual entre todo o profesorado que propicie colaborar e compartir a gran cantidade de experiencias e recursos que dispoñemos a fin de crear unha comunidade de aprendizaxe dinámica, creativa e aberta.
Tamén conto cun blog, O blog de Sociais, onde recollo recursos, ferramentas, novas do mundo educativo e outros enlaces de interese especialmente relacionados con esta área, unha aula virtual para compartir todo o material relacionado coas actividades formativas desenvolvidas ao longo dos últimos anos, recopilación e clasificación de webs en Mister Wong e un grupo na rede social en Redeiras nomeado Enrédate en Redeiras.
Conto coa vosa colaboración.
Asesora: Marta Arias López
Correo electrónico: cfr.lugo.linguisticosocial@edu.xunta.es
Summary:
Referencia: L1301004
Centro de formación e recursos: Lugo
Temporalización: 09/09/2013 - 12/09/2013
Data límite de inscrición: 15/06/2013
Lugar: Balneario de Guitiriz
Prazas: 35
Horas presenciais: 30
Máis información: http://bit.ly/16Afhdv
Observacións prazas:
O Balneario ofertará prezo de aloxamento especial para o profesorado asistente.
Asesora de referencia:
Marta Arias López
Tel. 982251068
Imaxe de Marta Arias López // CC BY-SA
Summary:
Estas son algunhas das actividades que dende a asesoría Lingüístico social do CFR de Lugo se van ofertar para o curso 2012-2013:
PRIMEIRO TRIMESTRE
SEGUNDO TRIMESTRE
A inscrición farase entrando na aplicación fprofe.
Data límite de inscrición: 14/12/2012
Tamén podedes acceder ao Plan anual de formación do profesorado
Benvidos ao Departamento de Lingüística e Social. Neste apartado podedes consultar as novas do Departamento, así como os destaques máis oportunos.
Páxina web en inglés, francés e español con videotutoriais moi profesionais e divertidos que explican nuns minutos, diferentes cuestións relacionadas cos seguintes temas: ecoloxía, saúde, diñeiro, opinións e modas, software, deporte, tecnoloxía, traballo e industria. Non fai falta ter perfil, tan só temos que entrar na páxina web e seleccionar o videotutorial que queremos ver (en pantalla pequena ou completa). Estes videotutorias pódense embeber nos blogues ou páxinas persoais do profesorado. En español só contamos con un videotutorial pero esta páxina pode ser un recurso interesante para profesores de idiomas.