Titulo Description node R

Asesoría Lingüística e social
Xov, 18/10/2012 - 14:02

Benvidos e benvidas

Cartel anunciando actividades formativas dende a asesoría Lingüística e social
Cartel elaborado con fotografía propia do CFR, imaxes procedentes do banco de imaxes do INTEF (imaxe do director de Alberto Arribas Merino) e logo do CFR de Lugo.

Dende a asesoría Lingüística e social quero darvos a benvida  polo voso achegamento a esta nova web confiando en que sexa de utilidade.

Neste espazo web dende esta asesoría preténdese ofertar información, experiencias, suxerencias, materiais e novas que poidan favorecer a dinamización dos centros escolares co fin de impulsar melloras que redundan na práctica educativa.

Tamén se aportará información sobre as actividades formativas desenvolvidas e a convocatoria das novas que vaian xurdindo.

Desexo que sexa un espazo virtual entre todo o profesorado que propicie colaborar e compartir a gran cantidade de  experiencias e recursos  que dispoñemos a fin de crear unha comunidade de aprendizaxe dinámica, creativa e aberta.

Tamén conto cun blog,  O blog de  Sociais,  onde recollo recursos, ferramentas, novas do mundo educativo e outros enlaces de interese especialmente relacionados con esta área, unha aula virtual para compartir todo o material relacionado coas actividades formativas desenvolvidas ao longo dos últimos anos, recopilación  e clasificación de webs en Mister Wong  e un grupo na rede social en Redeiras nomeado  Enrédate en Redeiras.

Conto coa vosa colaboración.

Asesora: Marta Arias López

Correo electrónico: cfr.lugo.linguisticosocial@edu.xunta.es

Menús Description node R