Gallego

Resolución definitiva da convocatoria de selección de centros educativos no proxecto de formación Combas Galicia para o curso 2013/2014

Summary: 

Resolución definitiva da convocatoria de selección de centros educativos no proxecto de formación Combas Galicia para o curso 2013/2014
Gallego
Combas
Combas

Cultura e Educación presenta aos docentes ‘Combas’, a exitosa iniciativa en prol da mellora da calidade educativa que implica este curso a 114 centros educativos

No encontro exponse aos centros participantes no proxecto as competencias educativas clave a estimular no alumnado, así como experiencias xa desenvolvidas neste eido

A iniciativa da Consellería enmárcase na política de fomento da autonomía dos centros á hora de analizar as súas eivas e fortalezas, na mesma liña que os contratos-programa e os plans de formación en centros

Trátase de un novidoso plan de formación do profesorado que integra algunhas accións que viñan desenvolvendo os centros a través do plan anual de formación de docentes

Gallego
O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Man
O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, na presentación do proxecto

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou hoxe a preto de 200 docentes o Proxecto Combas, un novidoso plan de formación do profesorado que integra algunhas accións que viñan desenvolvendo os centros educativos a través do Plan Anual de Formación do Profesorado. O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, inaugurou na Escola Galega de Administración Pública a xornada, na que se exporán aos 114 centros participantes no proxecto as competencias educativas clave a estimular no alumnado, así como experiencias xa desenvolvidas neste eido.

‘Combas’ é a nova iniciativa do departamento educativo da Xunta de Galicia para impulsar os programas de mellora da calidade educativa potenciando a autonomía dos centros á hora de analizar as súas eivas e fortalezas, na mesma liña que os contratos-programa e os plans de formación en centros. Trátase dun paso máis do departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad na procura de mellores resultados educativos, en estreita colaboración cos centros e coas familias. O obxectivo do proxecto é apoiar a integración das competencias básicas (CCBB) no currículo na programación que se imparte básicas en cada centro de ensino, a través de concrecións curriculares para cada centro educativo participante, incidindo de forma especial na adecuación metodolóxica e na avaliación.

Unha tendencia supranacional

Durante a súa intervención o director xeral Corredoira explicou que as Competencias Básicas, “que mobilizan destrezas, actitudes e coñecementos co obxecto de lograr dar unha resposta adecuada a un problema contextualizado, son unha tendencia educativa supranacional que se inscribe no aprendizaxe ao longo da vida”. Neste sentido salientou a importancia deste proxecto para o deseño da concreción curricular en prol da mellora do rendemento do alumnado, así como para determinar “cales son as competencias profesionais necesarias para face fronte ás demandas da sociedade do século XXI”.

Corredoira enmarcou o Combas na aposta que pola formación nos propios centros fixo a Consellería o curso pasado coa implantación dos Plans de Formación en centros. “Preténdese pois ampliar a cultura competencial dos axentes educativos, apoiar a tarefa profesional dos docentes sobre as posibilidades do novo deseño curricular e, de forma especial, desenvolver unha proposta que permita avaliar a adquisición e desenvolvemento das competencias mediante o uso de procedementos e criterios obxectivos e transparentes”.

O director xeral felicitou aos centros participantes no programa polo traballo desenvolvido, e fixo referencia ás experiencias do CEIP Nº 1 (Tui), o IES Fontem Albei (Fonsagrada) e ao IES As Telleiras (Narón), as dúas primeiras recollidas a nivel nacional na ‘Guía para la formación en centros sobre las competencias básicas’, mentres que a terceira será presentada o próximo día 29 na sede do Consejo Escolar del Estado.

Recoñecemento ao labor do profesorado

O Proxecto Combas é unha iniciativa máis dentro da aposta da Consellería de Cultura e Educación pola formación do profesorado galego como piar fundamental no avance cara á excelencia no ensino. Por iso, os docentes participantes recibirán unha certificación de 30 horas de formación por cada curso escolar no que formen parte do equipo que leva a cabo o programa no centro. De xeito complementario, as persoas coordinadoras recibirán unha certificación de Innovación Educativa con equivalencia en 20 horas de formación.

Asemade, os centros participantes terán prioridade para o desenvolvemento de actividades de formación en centros nas próximas convocatorias. Cómpre lembrar que a Consellería puxo en marcha no curso 2012/2013 o proxecto piloto dos plans de formación en centros, unha iniciativa moi demandada polos docentes. No seu primeiro ano de funcionamento participaron xa 68 centros.

Cultura e Educación dá co Proxecto Combas un novo impulso aos programas para a mellora da calidade educativa en cada centro a partires da súas necesidades particulares

A iniciativa da Consellería enmárcase na política de fomento da autonomía dos centros á hora de analizar as súas eivas e fortalezas, na mesma liña que os contratos-programa e os plans de formación en centros

Tema: 

Colectivo: 

V1302005: II Xornadas para persoas coordinadoras de actividades de formación en centros

Summary: 

O vindeiro venres, 22 de novembro, terán comezo no CFR de Vigo, as II Xornadas para persoas coordinadoras de actividades de formación en centros.
Gallego

O vindeiro venres, 22 de novembro, terán comezo no CFR de Vigo, as II Xornadas para persoas coordinadoras de actividades de formación en centros.

Data de inicio: 22/11/2013

Data de finalización: 22/01/2014

Horas totais: 15 horas

Lugar de celebración: CFR de Vigo e IES O Castro (Vigo).

fprofe: www.edu.xunta.gal/portal/fprofe

Aula virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cfrvigo/aulavirtual/course/view.php?id=285

coordinadores

foto
foto

Fase 1

A primeira fase do proxecto ten por obxectivo xeral elaborar exemplos de tarefas que integren obxectivos, contidos, criterios de avaliación e competencias básicas iniciando unha concreción curricular que sirva de documento ponte entre os decretos que regulan o deseño do currículo e a actividade na aula. Para conseguilo desenvolverase o seguinte itinerario:
 
 
1. Coñecer a proposta europea e a normativa estatal e autonómica referente ásCCBB. Reflexionar sobre a motivación do profesorado con respecto ás CCBB.
 
  • Coñecer as directrices europeas, estatais e comunitarias sobre o desenvolvemento  das CCBB.
  • Realizar unha valoración do clima do centro fronte ao cambio que supón a  incorporación das CCBB ao currículo.
  • Analizar as accións que se realizan na aula durante un período de tempo concreto cun grupo desde unha área o materia e relacionalas de  forma intuitiva con cada unha das CCBB.
  • Revisar e rectificar a relación realizada intuitivamente entre as accións de aula e as CCBB co apoio de distintos descritores de cada competencia
 
2. Analizar o currículo real de aula e a integración das CCBB no mesmo.Diferenciar exercicio, actividade e tarefa. Analizar a relación da presenza de exercicios, actividades e tarefas co peso das CCBB. Elaborar unha tarefa de área/materia que integre actividades, exercicios e a súa relación coas CCBB.
 
  • Analizar as accións de aula descritas na actividade anterior e categorizalas partindo da definición de tarefas, actividades e exercicios, segundo aludan a distintos tipos e modelos de ensino e aprendizaxe. Clarificar a súa relación cos elementos do currículo (produto, obxectivos e contidos necesarios para lograr o nivel de desempeño da competencia).
  • Definir a integración das actividades e exercicios que xeran o currículo real a través dunha estrutura de tarefas compartida. Analizar exemplos de tarefas realizados polo profesorado que participou noutras edicións de formación.
  • Inicio da definición e estrutura da UDI (Unidade Didáctica Integrada), como referente da tarefa anterior.Inicio do deseño dunha UDI. Integración da secuencia de actividades e da selección de exercicios  que desenvolva a tarefa, para comprender a necesidade do bloque 3: identificar os aprendizaxes imprescindibles das normativas para desenvolver posteriormente situacións de aprendizaxe ou UDIs.
 
3. Coñecera contribución das áreas/materias ás CCBB segundo o Decreto da Comunidade Autónoma Galega. Elaborar unha concreción curricular relacionando os elementos do currículo coas CCBB. Elaborar indicadores de avaliación dunha competencia básica para un curso e área/materia.
 
  • Analizar a integración de cada un dos elementos do deseño curricular, presentes no decreto do curricular da Comunidade Autónoma de Galicia, a través dunha definición operativa das competencias básicas.
  • Establecer a relación dun criterio de avaliación co resto dos elementos do currículo das áreas e materias e elaborar indicadores de avaliación a partir deste criterio. Relacionar os indicadores elaborados coas CCBB.  
  • Analizar a concreción curricular da propia área a partir dalgún documento ponte.
  • Iniciar OPCIONALMENTE a reflexión curricular LOE-LOMCE sobre indicadores e estándares. 
  • Elaboración dos perfís de área e de competencia.  Iniciar a reflexión, non a execución. “¿Como distribuír a porcentaxe de CCBB entre las diferentes materias?”. Primeiro  intento de ponderación dos indicadores en cada un dos perfís en abstracto e sen contextualizar. OPCIONAL.
  • Iniciar a concreción ¿Como plasmar a efectos prácticos as CCBB nas tarefas ou  programacións de aula da futura UDI? Realizar o deseño curricular das tarefas elaboradas, seleccionando os obxectivos didácticos, indicadorese as CCBB. 
 
4. Definir o papel das metodoloxías, modelos de ensino e procesos cognitivos para deseñar tarefas que desenvolvan a aprendizaxe por CCBB. 
 
  • Analizar os tipos de pensamento que cualifican o valor das actividades nas accións de aula e os diferentes modelos e estratexias metodolóxicas que axudan a desenvolver as diferentes CCBB.
  • Investigar sobre os distintos métodos e modelos de ensino que están presentes no currículo real do centro.
  • Planificar a transposición didáctica completa da tarefa integrada deseñada e programada. Determinar tipos de pensamento e modelos de ensino, concretar recursos materiais e didácticos, agrupamentos, instrumentos, escenarios e temporalización.
  • Iniciar a colaboración coas familias desde a tarefa da UDI, para desenvolver procesos compartidos de aprendizaxe escola/familia/comunidade. OPCIONAL.
 
5. Elaborar exemplos de avaliación criterial dunha tarefa. Utilización de indicadores e rúbricas.
 
  • Profundar no debate“¿Como distribuír a porcentaxe de CCBB entre as diferentes materias?”. Ponderación dos indicadores en cada un de los perfís contextualizados na UDI.
  • Análise dun instrumento de avaliación habitual nas prácticas de aula.
  • Iniciar a elaboración de rubricas sinxelas  partindo dos criterios/indicadores de avaliación da tarefa. Concretar os criterios de cualificación das tarefas deseñadas a partir das rúbricas e dos instrumentos de avaliación propostos para avaliar cada un de dos indicadores. Criterios de cualificación. 
  • Avaliar o deseño da tarefa da UDI elaborada e propor as melloras detectadas coa autoavaliación a partir dunha escalade valoración.
  • Iniciar  a previsión do desenvolvemento  da  UDI na programación anual de aula . Selección de UDIs para todo o  ano académico como una parte da Programación Didáctica. OPCIONAL.
 
6. Ao longo do Plan elaborarase un portafolio coa documentación relativa ás actividades realizadas e unha memoria de actas que se entregará como traballo final.
 
 
Gallego
FASE 1

Peso: 

4

V1301012: O modelo experimental de FP DUAL en Galicia

Summary: 

Os días 13 e 20 de novembro de 2013, terá lugar no CFR de Vigo o curso V1301012: O modelo experimental de FP DUAL en Galicia, para profesorado de FP.
Gallego

Os días 13 e 20 de novembro de 2013, terá lugar no CFR de Vigo o curso V1301012: O modelo experimental de FP DUAL en Galicia, para profesorado de FP.

Datas de celebración: 13 e 20 de novembro de 2013

Lugar de celebración: CFR de Vigo

Número de horas totais: 8 horas

fprofe: www.edu.xunta.gal/fprofe

DUAL

DUAL
DUAL

Fase 2

Na segunda fase do  proxecto,  partindo da  concreción curricular como documento ponte,  preténdese deseñar unidades didácticas integradas (UDI). Por outra banda a  finalidade desta modalidade será facilitar a posta en marcha de proxectos de mellora  dándolle una especial relevancia á avaliación tanto interna como externa e reflexionar en torno á mellora do rendemento e do éxito escolar a través das competencias básicas. Para conseguilo desenvolverase o seguinte itinerario:
 
 
1. Unha visión compartida sobre a situación do centro con respecto ás CCBB. 
 
  • Informar ao profesorado do centro sobre os contidos da nova fase de formación avanzada e facer difusión do portafolio de actividades realizadas na formación inicial, Informar da presenza COMBAS e redes europeas de CCBB.
  • Valorar o nivel de desenvolvemento das CCBB no centro aplicando o cuestionario de impacto das CCBB para analizar  a presenza das CCBB na vida do centro en comparación coa fase inicial.
  • Analizar as consecuencias de incorporar á UDI os novos principios reguladores (Contextualización das aprendizaxes, integración curricular, integración metodolóxica e transparencia nos procesos de avaliación). Partirase da realización desta análisena UDI.  
  • Información ás  familias sobre o traballo desenvolvido en torno ás CCBB e establecer espazos de  colaboración nos niveis de aula e centro. OPCIONAL.
  • Actualización da  concreción curricular entre LOE-LOMCE. Debate sobre perfil de área e perfil de competencias á luz do Decreto de Ensinanzas  Mínimas LOMCE,  para actualizar o realizado con LOE. OPCIONAL.
  • Analizar a adaptación do discurso COMBAS ao libro de texto. OPCIONAL.
 
2. Concrecións curriculares definitivas. UDI : desenvolvemento  e avaliación.
 
  • Revisar as UDIs elaboradas, e repasar as claves de concreción curricular, transposición didáctica, atención á diversidade e rúbricas. Presentar as diferenzas entre programación didáctica eprogramación de aula (UDI).
  • Profundar no desenvolvemento das UDIs deseñadas na  formación inicial, elaborando completamente as  rúbricas de avaliación, organizando os  recursos  didácticos e os instrumentos de avaliación. 
  • Propoñer a elaboración de novas UDIs e  contextualizalas na programación anual da Programación Didáctica para temporalizar o seu desenvolvemento.Revisar para iso as concrecións curriculares de referencia (claves da actualización LOE-LOMCE) e os perfís competenciais elaborados  na formación inicial. Profundar no debate xa iniciado sobre as ponderacións dos criterios e indicadores en cada un dos perfís. Tomar acordos nos ciclos/departamentos e na CCP. 
  • Completar unha proposta para aproximar o discurso COMBAS e o modelo de UDI aos clásicos libros de  texto ou materiais didácticos autoxestionados.
  • Utilizar un soporte dixital para o deseño da UDI, aavaliación das aprendizaxes  do alumnado e a elaboración de informes sobre resultados. 
 
3. Avaliación interna e externa. PISA, probas de diagnóstico.
 
  • Analizar os datos aportados polas avaliacións externas e definir desde esta análise a prioridade de actuación  e un plan de mellora inicial.
  • Iniciar a asociación dos indicadores identificados nas probas de avaliación externa con os indicadores utilizados na avaliación curricular das áreas ou materias implicadas. Inicio de revisión dos perfís competenciais. 
  • A avaliación. Clarificar o propósito da avaliación. Criterios de avaliación.
 
4.- A avaliación e a mellora do rendemento do alumnado. 
 
  • Analizar os ítems liberados das avaliacións externas. 
  • Elaboración de probas internas para a avaliación do desenvolvemento das CCBB.  Traballo específico sobre probas para acceso entre etapas educativas, infantil-primaria eprimaria-secundaria.
  • Análise do proceso de elaboración de escalas competenciais para o proceso de certificación.
  • Análise e utilización de soportes dixitais para realizar a avaliación criterial e xerar informes  de avaliación. 
 
5. Consecuencias do traballo de CCBB no Proxecto Educativo, principios educativos, modelo de centro. 
 
  • Profundar na asociación dos indicadores identificados nas probas de avaliación externa cos indicadores utilizados na avaliación curricular das áreas ou materias implicadas. Inicio de revisión dos perfís competenciais.
  • Valorar o nivel de desenvolvemento das CCBB nos Proxectos Educativos de Centro. OPCIONAL.
  • Analizar e debater sobre a rendibilidade dos programas do centro e a súa repercusión na mellora do rendemento xeral, desde os programas educativos nos que está inmerso o centro.
  • Actualización da zona de mellora do centro  partindo das actividades realizadas nos  bloques anteriores.
  • Secuenciacióndas actividades do Plan de mellora a partir das conclusións do debate anterior.
 
6. Definición do plan de mellora consecuente e do plan de formación necesario.
 
  • Detección de posibles necesidades formativas para desenvolver o plan de mellora  do centro para o desenvolvemento competencial do alumnado. A súa categorización no ámbito curricular, organizativo y contextual. 
  • Deseño do Plan de Formación Anual.
 
7. Ao longo do plan elaborarase un portafolio coa documentación relativa ás actividades realizadas e unha memoria de actas que se entregará como traballo final. 
 
  • Presentación do portafolio das actividades realizadas polos centros durante a formación avanzada.
  • Presentación da memoria de actas e da memoria final desde o centro coas reflexións do equipo docente que participou na formación así como as conclusións, especificando ademais debilidades e fortalezas. Propostas de mellora para futuras edicións da formación inicial.  
  • Conclusións

 

 

Gallego
FASE 2

Peso: 

4

Proxecto COMBAS

 

O Proxecto COMBAS Galicia desenvólvese co obxectivo de  apoiar o profesorado  na superación das dificultades existentes no proceso da integración das competencias básicas no marco do actual sistema educativo.
Fundamentándose no Proxecto COMBAS desenvolvido polo MEC (Proyecto de Integración Curricular das Competencias Básicas) preténdese que o profesorado aprenda a ensinar competencias básicas ao mesmo tempo que adquire ou perfecciona algunha das súas competencias profesionais. O resultado desexado é a mellora da competencia do propio centro educativo.
O proxecto estrutúrase en dúas fases: A Fase A1 está dirixida a centros que se incorporan por primeira vez ao Proxecto COMBAS Galicia. A Fase A2 está dirixida aos centros que xa desenvolveron a Fase A1 ou que, sen desenvolvela,  estean en condicións de abordala con éxito. Cada fase ten unha duración dun curso académico.
 
 
 
  • Apoiar a tarefa profesional dos docentes facilitando una descrición adecuada das relacións entre as competencias e os obxectivos, contidos e criterios de avaliación.
  • Definir e seleccionar unha estrutura diversificada de tarefas e actividades que permitan ao alumnado o máximo desenvolvemento das competencias básicas.
  • Impulsar a avaliación e o recoñecemento das competencias básicas adquiridas mediante a utilización de procedementos e de criterios que aumenten a transparencia tanto do proceso de avaliación dos aprendizaxes como do de promoción.
  • Promover a transferencia eficaz do coñecemento xerado no transcurso do programa para a súa incorporación aos proxectos educativos de centro.

 

 

 

 

 

 

Gallego

Peso: 

3

V1302009: Primeiros auxilios en educación

Summary: 

O vindeiro día 13 de novembro, darán comezo as Xornadas de Primeiros auxilios en educación, no CEIP Emilia Pardo Bazán, en Vigo.
Gallego

O vindeiro día 13 de novembro, darán comezo as Xornadas de Primeiros auxilios en educación, no CEIP Emilia Pardo Bazán, en Vigo.

Data: 

13/11/2013 - 15/11/2013

Sección: 

V1302009: Primeiros auxilios en educación

Summary: 

O vindeiro día 13 de novembro, darán comezo as Xornadas de Primeiros auxilios en educación, no CEIP Emilia Pardo Bazán, en Vigo.
Gallego

O vindeiro día 13 de novembro, darán comezo as Xornadas de Primeiros auxilios en educación, no CEIP Emilia Pardo Bazán, en Vigo.

aux

aux
aux