Gallego

Curso de tratamento do TDAH desde o ámbito educativo

Summary: 

O prazo para inscribirse remata o día 10 de xaneiro de 2021
Gallego

CFR, lugar, temporalización e prazas

Referencia: S2001026
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  02/02/2021  -  02/03/2021
Data límite de inscrición: 10/01/2021
Lugar: Santiago de Compostela (a través de videoconferencias na parte presencial)
Prazas:  50

Horas totais: 25

Horas presenciais: 16
Horas non presenciais: 9  (Na Rede)

Destinatarios

Todas as ensinanzas

Corpos e especialidades

Todos os corpos

Obxectivos

1.Tratamento do TDAH desde o ámbito educativo

Observacións

Esta actividade inclúe 9 horas non presenciais nas que se terá que realizar un traballo práctico.

Contidos

1.Aspectos clínicos do TDAH

2.Manexo na aula

3.Dificultades de lectura e escritura no TDAH

4.Prevención de accidentes comúns e Protocolo de Consenso sobre TDAH na infancia e adolescencia nos ámbitos educativo e sanitario

Curso de Tratamento do TDAH no ámbito educativo
Curso de tratamento do TDAH desde o ámbito educativo

Formación para o desenvolvemento da función directiva

Summary: 

Información relativa á actividade de formación para o desenvolvementro da función directiva durante o curso 2020-2021
Gallego

G2001106

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, pon en marcha hoxe a Formación para o desenvolvemento da función directiva, organizada dende a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e levada a cabo a través do servizo de Formación do profesorado en colaboración co Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI). É unha actividade de formación voluntaria regulada no Real Decreto 894/2014, do 17 de outubro, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, en base ó cal se realiza este curso que acreditará para o acceso a postos de dirección en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, de educación.

Esta actividade contribuirá positivamente a que o profesorado galego adquira as competencias xerais e específicas necesarias para o desempeño da dirección dun centro educativo. A formación conta cun módulo específico da nosa Comunidade autónoma, onde se traballan aspectos normativos e procedimentais sobre a organización e xestión dos centros, a inclusión, a igualdade, a co-educación e a prevención da violencia de xénero, entre outros. Como novidade, neste novo curso académico e atendendo as necesidades actuais, desenvólvese tamén un módulo de nova incorporación onde se tratarán aspectos de prevención e seguridade fronte ao Covid nos nosos centros educativos.

PROGRAMA E SESIÓNS

A formación para o desenvolvemento da función directiva ten unha duración de 150 horas repartidas entre os meses de novembro de 2020 a marzo de 2021 incluídos. A formación en rede realízase na Plataforma de Teleformación Galega, PLATEGA, cun total de 130 horas que se cumprimentan con 20 horas de carácter presencial levadas a cabo a través de 9 videoconferencias, unha por módulo reforzadas cun panel múltiple de peche o 19 marzo, día no que remata a formación.

Levaranse a cabo oito módulos de formación cunha duración variable entre 5 e 20 horas atendendo aos contidos a desenvolver en cada caso e titorizados por un total de 34 persoas onde resalta a participación, como en anos anteriores, do corpo de Inspección educativa con representantes de todas as provincias galegas.

Logo actividade G2001106

Matemáticas para un mundo mellor

Summary: 

Concurso de fotografía "Matemáticas nun clic"dentro das actividades programadas para celebrar o 14 de marzo como Día Internacional das Matemáticas que no 2021 ten como temática "matemáticas para un mundo mellor"
Gallego

Marzo mes das matemáticas

 

En novembro de 2019 a UNESCO proclamou o 14 de marzo como o Día Internacional das Matemáticas. A rede de divulgadores de Matemáticas DiMa propón unha iniciativa dun mes de actividades que esté presente cando menos en 10 autonomías, onde as matemáticas e as súas aplicacións sexan as protagonistas. A temática será “matemáticas para un mundo mellor”

 

Exposicións, concursos de fotografía escolar, escape rooms virtuais, papiroflexia, actividades divulgativas, recursos e materiais para levar á aula con fichas didácticas e moitas outras estarán dispoñibles na páxina web do proxecto

 

Ata o 6 de febreiro está aberto o prazo para participar no concurso de fotografía “Matemáticas nun clic”, xuntamos aquí no pdf as bases en galego, neste concurso poderá participar todo o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria. Cada persoa premiada a nivel estatal recibirá:

  • Un diploma acreditativo.

  • Material divulgativo e tecnolóxico.

Entre as 15 persoas finalistas sortearase unha estancia para dúas persoas dunha semana na Illa da Gomera.

Para recibir información das actividades podes solicitalo a través do seguinte Formulario de Google

Proxecto para celebrar o 14 de marzo, Día Internacional das Matemáticas
Marzo mes das matemáticas

Desenvolvemento de clases de idiomas de alto impacto. O método TPRS-CI

Summary: 

Os obxectivos deste curso son coñecer e aplicar na aula as estratexias e prácticas do método TPRS-CI. Por unha banda, para mellorar a comprensión e produción escrita e oral do alumnado de idiomas e, por outra, para desenvolver clases máis útiles e adaptadas ao alumnado.
Gallego

Desenvolvemento de clases de idiomas de alto impacto. O método TPRS-CI

Código da actividade en Fprofe: S2002282

Modalidade virtual: a través de videoconferencia.

Datas: 2 de decembro 2020   -  13/20/27 de xaneiro 2021.

Horario: 17.30-19.30

O método TPRS-CI

Próxima apertura curso en rede do TDAH desde o ámbito educativo

Summary: 

G2001026 - Curso en rede de tratamento do TDAH desde o ámbito educativo
Gallego

Referencia: G2001026

Centro de formación e recursos: CAFI

Temporalización: 27/10 - 28/11

Data límite de inscrición: 18/10/2020

Lugar: Na Rede (Platega)

Prazas:  200

Horas totais: 20

Destinatarios/as: Todas as ensinanzas

Obxetivos:

1.Tratamento do TDAH desde o ámbito educativo

Contidos:

1.Aspectos clínicos do TDAH.

2.Manexo na aula.

3.Dificultades de lectura e escritura no TDAH.

4.Prevención de accidentes comúns e Protocolo de Consenso sobre TDAH na infancia e adolescencia nos ámbitos educativo e sanitario.

G2001026

Cursos na Rede con prazas vacantes

Summary: 

Se estás pensando en facer formación en liña, esta é a túa oportunidade!
Gallego
Cursos na Rede con prazas vacantes

G2001028 Debuxo técnico con LibreCAD

Summary: 

O curso “Debuxo técnico con libreCAD” vai dirixido principalmente a profesorado de ensino secundario, formación profesional e artes plásticas e deseño que utilice o debuxo técnico na súa práctica docente, como contido principal ou parcial das materias impartidas.Emprega un programa de software open source como é o LibreCAD, adecuado para o seu uso nos centros educativos. O curso desenvólvese de forma non presencial a través da plataforma Moodle.
Gallego

Os contidos do curso están divididos en 7 módulos:

Módulo 0: Presentación e actividades iniciais. Faremos a presentación á comunidade de aprendizaxe e familiarizaremonos co espazo da aula virtual, consultando a información xeral sobre cursos Platega.

Módulo 1: Software. Instalaremos o programa LibreCAD no ordenador e familiarizarémonos coa súa interfaz. Analizaremos a utilidade do debuxo por ordenador na práctica profesional.

Módulo 2 Ferramentas de debuxo. Aprenderemos a utilizar as principais ferramentas de debuxo de LibreCAD.

Módulo 3: Ferramentas de modificación. Aprenderemos a utilizar as ferramentas de modificación de obxectos, e a aplicalas na elaboración de debuxos, así como na elaboración de deseños propios.

Módulo 4: Xestión de capas e bloques. Realizaremos debuxos complexos, organizados en capas. Aprenderemos definir e xestionar bloques e aplicaremos sombreados ao debuxo. Crearemos un glosario de ferramentas e unha base de datos cos deseños do módulo 3.

Módulo 5: Cotas, textos e trazado. Aprenderemos a realizar a cotación dun debuxo, introducir textos e configurar os parámetros de impresión.

Módulo 6: Proxecto final. Utilizaremos os coñecementos adquiridos para a elaboración dunha proposta de exercicio de CAD para realizar co alumnado. Crearemos unha base de datos cos exercicios.

Os seus obxectivos son familiarizarse coa aprendizaxe do debuxo técnico asistido por ordenador (CAD) para a súa aplicación na docencia e a realización de exercicios destinados ao alumnado

Curso Libre CAD
Curso Libre CAD

Cursos de Actualización Lingüística do Profesorado (CALC)

Summary: 

CURSO 2020 - 2021 - Cursos de Actualización Lingüística do Profesorado (CALC)
Gallego

Os Cursos de Actualización Lingüística do Profesorado (CALC), están orientados ao desenvolvemento das destrezas orais e da competencia comunicativa nunha lingua estranxeira, co fin de que o profesorado participante consiga a capacidade expresiva necesaria para poder impartir as súas aulas baixo estas premisas. Por este motivo, os CALC están dirixidos, preferentemente, ao profesorado de centros plurilingües e seccións bilingües que debe dar a súa materia en lingua estranxeira, pero pode matricularse calquera profesor que desexe acreditarse para impartir áreas, materias ou módulos non lingüísticos nunha segunda lingua.

Os CALC organízaos a Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, ofértanse a través do CAFI e dos Centros de Formación e Recursos e son impartidos por profesorado das Escolas Oficiais de Idiomas. Estes cursos teñen como obxectivo a preparación do profesorado, ao longo de todo o curso para a superación das probas de certificación das EEOOII. As persoas asistentes recibirán un certificado polas 120 horas de formación recibidas, pero non a a acreditación de nivel lingüístico, para iso deben superar as probas oportunas.

Unha vez seleccionado, o profesorado deberá acreditar que posúe o nivel de competencia anterior para ser admitido no curso, de acordo co anexo da Orde do 18 de febreiro de 2011, de acreditación de idiomas. O profesorado que conte con coñecementos previos pero non cunha certificación que o acredite, pode realizar unha proba de nivel no mes de setembro no CAFI ou CFR correspondente, para a que deberá inscribirse a través da aplicación www.edu.xunta.gal/fprofe.

Os cursos CALC que se desenvolven na área do CAFI son os seguintes:

- Zona de Ribeira

          - S2001088 - Inglés. Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Nivel C1

                            (mércores e xoves de 18:00 a 20:00h)

- Zona de Santiago de Compostela

          - S2001091 - Inglés. Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Nivel B2

                            (luns e xoves de 18:00 a 20:00h)

          - S2001090 - Inglés. Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Nivel C1

                            (luns e xoves de 16:30 a 18:30h)

          - S2001089 - Inglés. Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Nivel C1

                            (mércores e venres de 16:30 a 18:30h)

Cursos CALC
Curso 2020-2021