Formación para o desenvolvemento da función directiva

Información relativa á actividade de formación para o desenvolvementro da función directiva durante o curso 2020-2021
Lun, 30/11/2020 - 12:35
Logo actividade G2001106

G2001106

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, pon en marcha hoxe a Formación para o desenvolvemento da función directiva, organizada dende a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e levada a cabo a través do servizo de Formación do profesorado en colaboración co Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI). É unha actividade de formación voluntaria regulada no Real Decreto 894/2014, do 17 de outubro, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, en base ó cal se realiza este curso que acreditará para o acceso a postos de dirección en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, de educación.

Esta actividade contribuirá positivamente a que o profesorado galego adquira as competencias xerais e específicas necesarias para o desempeño da dirección dun centro educativo. A formación conta cun módulo específico da nosa Comunidade autónoma, onde se traballan aspectos normativos e procedimentais sobre a organización e xestión dos centros, a inclusión, a igualdade, a co-educación e a prevención da violencia de xénero, entre outros. Como novidade, neste novo curso académico e atendendo as necesidades actuais, desenvólvese tamén un módulo de nova incorporación onde se tratarán aspectos de prevención e seguridade fronte ao Covid nos nosos centros educativos.

PROGRAMA E SESIÓNS

A formación para o desenvolvemento da función directiva ten unha duración de 150 horas repartidas entre os meses de novembro de 2020 a marzo de 2021 incluídos. A formación en rede realízase na Plataforma de Teleformación Galega, PLATEGA, cun total de 130 horas que se cumprimentan con 20 horas de carácter presencial levadas a cabo a través de 9 videoconferencias, unha por módulo reforzadas cun panel múltiple de peche o 19 marzo, día no que remata a formación.

Levaranse a cabo oito módulos de formación cunha duración variable entre 5 e 20 horas atendendo aos contidos a desenvolver en cada caso e titorizados por un total de 34 persoas onde resalta a participación, como en anos anteriores, do corpo de Inspección educativa con representantes de todas as provincias galegas.

Menús CAFI node R

 

Sección