Gallego

G2002077 Tecnoloxía e creación maker

Summary: 

Xornadas virtuais sobre tecnoloxía e creación maker.
Gallego

O próximo mes de abril desenvolveranse as xornadas G2002077 Tecnoloxía e creación  maker” todos os venres en formato virtual. 

 

En cada videoconferencia ofrecerase unha visión actual sobre tendencias máis innovadoras no campo  tecnolóxico e educativo, tratando de potenciar o desenvolvemento de  proxectos  STEM/ STEAM nas aulas galegas. O obxectivo desta conexión  cas  novas tendencias tecnolóxicas é o estabrecemento dunha cultura  maker nos centros interesados que pensen en ofrecer alternativas prácticas ao seu alumnado.

 

As charlas están desenvoltas por 4 referentes nacionais:

 

-Venres 9 de abril: Nuria Robles, directora do Fablab León.

-Venres 16 abril: Concha Monje, investigadora en robótica da Universidade Carlos III de Madrid.

-Venres 23 de abril:  Nerea Luis, doctora e investigadora en Intelixencia artificial.

-Venres 30 de abril: Maria Castellanos, artista, investigadora e creadora de dispositivos tecnolóxicos.

 

Despois da charla os asistentes poderán establecer un diálogo coa convidada facéndolle chegar as súas preguntas e consultas sobre a temática exposta.

 

Datas: 9, 16, 23 e 30 abril

Horario: de 17,30 a 19,30 horas

Prazas: 50 

 

Inscrición e información en FProfe co código da actividade.

 

Xornadas maker en Aula Nova

G2001061 - Orientación, titoría e construción da identidade libre de estereotipos de xénero. Plan Proxecta

Summary: 

Curso centrado na formación do profesorado para a procura dunha intervención en orientación académico-profesional inclusiva, na que o enfoque de xénero se adopte no traballo desenvolto neste senso, tanto a nivel de centro, como de aula.
Gallego

Código: G2001061

Datas: 09/04/2021 a 08/06/2021

Duración: 30 h

Data límite de inscrición: 21/03/2021

Modalidade: en Rede

Obxectivos

1.Reflexionar sobre a influencia dos estereotipos e roles de xénero na construción da identidade.

2.Fomentar a centralidade no emprego das rapazas e a corresponsabilidade dos rapaces.

3.Promover a diversificación formativa e profesional e a toma de decisións libre de estereotipos de xénero.

Contidos

1.Procesos de socialización e construción da identidade.

2.Análise de xénero do medio académico e do mercado laboral.

3.Estratexias de intervención con perspectiva de xénero.

 

Inscripcións abertas en Fprofe

Identidade libre de estereotipos de xénero

Plan de prevención da transmisión da COVID-19 nos centros educativos

Gallego

As actividades formativas do Plan serán as seguintes:

 

G2002136 - Formación para a XESTIÓN DE CENTROS no contexto da Covid-19

G2002134 - Formación para a xestión da aula de EDUCACIÓN INFANTIL no contexto da Covid-19.

G2002138 - Formación para a xestión da aula de EDUCACIÓN PRIMARIA no contexto da Covid-19

G2002135 - Formación para a xestión da aula de SECUNDARIA no contexto da Covid-19

G2002137 - Formación específica no contexto da Covid-19 nas ENSINANZAS MUSICAIS

G2002132 - Formación específica no contexto da Covid-19 na atención de AL e PT

G2002139 - Formación específica no contexto da Covid-19 na EDUCACIÓN FÍSICA E ENS. DEPORTIVA

G2002133 - Formación específica no contexto da Covid-19 en FP e TECNOLOXÍA.

 

Duración: 8 h (5 horas de telepresencia e 3 horas de actividade virtual)

Forma de participación: Telepresencial

Obxectivos:

1. Coñecer as situacións de risco vinculadas á situación de emerxencia sanitaria derivada da pandemia por Covid-19 para os diferentes colectivos educativos.

2. Comprender e poñer en práctica os diversos protocolos específicos e orientacións para minimizar o risco derivado da Covid-19 para os diferentes colectivos educativos.

3. Coñecer as vías de actualización dos diferentes protocolos, orientacións e instrucións.

Contidos:

Os contidos están orientados aos diferentes colectivos educativos tanto xerais coma específicos.

Plan de prevención  da transmisión da  COVID-19  nos centros educativos
Plan de prevención da transmisión da COVID-19 nos centros educativos

Xornadas formación especializada para equipos directivos de centros de educación especial

Gallego

Código del curso: G2002013

Duración:15 horas

Datas: 8, 15, de marzo e 12, 19, 26 de abril (Videoconferencia a través de Webex).

Lugar: Realizaráse a través de videoconferencia Webex de 3 horas de duración.

Requisito: Estar desempeñando un cargo directivo nun centro de educación especial

Programa:

LUNS 8 DE MARZO

18:00-19:30 Normativa de Galicia para a educación especial

19:30-21:00 Estudo de casos e adaptación á normativa

LUNS 15 DE MARZO

18:00-19:30 Contención mecánica

19:30-21:00 O uso de metodoloxías baseadas na neurociencia

LUNS 12 DE ABRIL

18:00-21:00 Modificación de conductas

LUNS 19 DE ABRIL

18:00-19:00 Accións dende a biblioteca, CEE Saladino Cortizo

19:00-20:00 Obradoiros de ida e volta, CEE López Navalón

20:00-21:00 Formación de acollida ao profesorado, CEE de Pontevedra

LUNS 26 DE ABRIL

18:00-19:00 Xestión en Xade dende un CEE

19:00-21:00 Botando redes dende os centros públicos de educación especial

G2002013

G2002073 Levitación ultrasónica e hologramas acústicos

Summary: 

Aula Nova oferta unha nova actividade de formación dentro da súa liña de traballo AulaNova Investiga, unha liña para impulsar a investigación docente para logo implementala nas aulas.
Gallego

A levitación  ultrasónica é un fenómeno físico non lineal relacionado coas ondas acústicas. Trátase dun método para suspender materia no aire contra a gravidade utilizando presión de radiación acústica de ondas de son de alta intensidade. Son esas ondas acústicas as que logran manter ao obxecto suspendido (pequenas partículas,  gotículas, ) no aire sen necesidade de contacto.

Nesta formación, dinámica e activa, ou docente dispoñerá dun kit individual de traballo que recibirá no seu centro e que formará parte da dotación STEM/ STEAM do mesmo unha vez superada a formación.

As súas características son:

1.Duración: 8 horas

2.Modalidade: Videochamada vía Webex con apoio dunha aula virtual Moodle na plataforma do CAFI

3.Horario: de 18.00 a 20.00 horas

4.Sesións de traballo: 4 sesións de dúas horas

5.Calendario: 10, 13, 17 e 19 de abril

6.Contido das sesións:

  • Sesión 1: Introdución e montaxe 1

  • Sesión 2: Montaxe 2 e actividades didácticas 1

  • Sesión 3: Outros levitadores e actividades didácticas 2

  • Sesión 4: Hologramas DIY

7. Docente: Impartido por Asier Marzo Pérez, profesor de Estatística, Informática e  Matemáticas,  Linguaxes e Sistemas Informáticos  na  Universidade Pública de Navarra. A investigación de Asier Marzo céntrase en utilizar o son e a luz para manipular a materia. Para esta tarefa a informática é unha ferramenta imprescindible. O seu traballo aparece en varios programas de televisión así como en numerosos blogues de tecnoloxía e ciencia ( xataka,  microsiervos, I  fucking  love  science). O obxectivo principal é facer a súa investigación, dispositivos e software accesibles de forma gratuíta para todos.

Requisitos da formación:

--Coñecementos en soldadura.

--Coñemecementos en programación co Arduino IDE.

 

Inscrición en FProfe co código da actividade.

G2002073 Levitación ultrasónica e hologramas acústicos
G2002073 Levitación ultrasónica e hologramas acústicos

G2001118 Comercio internacional

Summary: 

Coñecer o proceso de internacionalización dunha empresa desde a selección dun mercado ata o despacho aduaneiro. Aprender a xestionar a problemática loxística e aduaneira do comercio internacional. Saber cumprimentar os documentos do comercio exterior.
Selección, investigación e acceso aos mercados. Incoterms. Medios de pago. Loxística internacional. Administración do comercio internacional e xestión aduaneira. O despacho aduaneiro.
Gallego
COMERCIO INTERNACIONAL
G2001118 COMERCIO INTERNACIONAL

G2002130 Intelixencia artificial na escola. Conceptos básicos

Summary: 

Nova formación sobre Intelixencia Artificial en formato MOOC.
Gallego

AI Basics for Schools é un MOOC onde os docentes exploran o potencial e as limitacións da IA ​​e descubren como pode permitirlles implementar novas formas de ensinar e aprender a aula. Esta formación ofrece aos profesores a oportunidade de adquirir unha comprensión básica sobre a IA e como integrar os recursos de IA no seu ensino co obxectivo de mellorar a experiencia de aprendizaxe dos estudantes.

A través deste curso de tres módulos, os participantes observarán os elementos básicos da IA, aprenderán a definir a IA, verán as formas en que a IA xa se usa na nosa vida cotiá e explorarán as oportunidades e os retos da IA ​​para ensinar e aprender. 

Tamén explorarán recursos para apoiar a aprendizaxe dos estudantes e, ao mesmo tempo, permítenlles usar creativamente a IA para axudar aos demais e resolver problemas. Descubrirán actividades relacionadas coa IA que se poden implementar facilmente en diferentes contornos de aprendizaxe: totalmente en liña, híbrido / combinado e unha aula distante fisicamente. Finalmente examinarán cuestións éticas detrás da intelixencia artificial e aprenderán a axudar aos seus estudantes a desbloquear o potencial da IA.

O Curso masivo en rede AI Basics for Schools está promovido pola Codeweek e a European Schoolnet Academy sendo unha actividade do plan de Formación 2020-2021 en Galicia. 

Os pasos a seguir para certificar as 15 horas son os seguintes.

  1. Atoparás a  actividade en Fprofe, o código da actividade é “G2002130  Intelixencia artificial na escola. Conceptos básicos ” https://www.edu.xunta.es/fprofe/. As prazas están limitadas a 25 e cubriranse por orde rigurosa orde de inscrición. Deberás confirmar a túa participación no prazo indicado no correo.

  2. Inscríbite tamén na plataforma da EUN https://www.europeanschoolnetacademy.eu/courses/course-v1:CodeWeek+AI+2021/about. Se non tes un usuario podes iniciar o rexistro nela e crealo.

  3. Na ligazón anterior podes atopar toda a información para coñecela: Obxectivos, contidos, coordinadores, moderadores, etc.. 

  4. O curso ten 3 módulos, iníciase o 8 de marzo e remata o 7 de abril, o tempo estimado de adicación en cada módulo é de 5 horas.

    1. Módulo 1: Que é a IA? - abre o 03/03/2021

    2. Módulo 2: IA en educación - abre o 15/03/2021

    3. Módulo 3: Beneficios e retos da IA: ábrese o 22/03/2021

  5. No módulo atoparás información sobre o tema específico, vídeos e materiales  complementarios, espazos de intercambio, actividades e un pequeno cuestionario.

  6. O final do curso terás que deseñar unha pequena proposta didáctica para a túa aula para incluir e aplicar todo o aprendido no MOOC. Esta proposta será coavaliada entre pares sendo revisada por otros dous compañeiros do curso. Lembra que o idioma de comunicación é o inglés.

  7. O superar o MOOC na EUN recibirás o seu certificado dixital, para obter o certificado correspondente a administración galega tes que remitir o da EUN por correo a cafi.aulanova1@edu.xunta.gal. Data de recepción de certificados 15 de abril do 2021.

  8. Podes seguir toda a info do curso nas redes sociais: Twitter, grupo de Facebook e Instagram

  9. Coñece o traballo doutros docentes europeos e conecta con eles e explora o contido da web da Codeweek https://codeweek.eu/

AI
G2002130 Intelixencia artificial na escola. Conceptos básicos

G2002076 Proxectos áxiles con SCRUM

Summary: 

Aprende unha metodoloxía activa para traballar nos proxectos de clase.
Gallego

Código do curso: G2002076

Relator: Marcos Saavedra Seoane

Duración: 12 horas

Datas: 9, 16, 23 de marzo (Videoconferencia a través de Webex).

Lugar: Realizarase a través de videoconferencia Webex de dúas horas de duración.

Obxectivos

1.Aprender e implementar a metodoloxía SCRUM na aula.

2.Potenciar a confianza creativa e implementar novas técnicas en proxectos STEM/STEAM.

3.Desenvolver proxectos no ámbito STEM/STEAM en tempos reducidos.

Contidos

1.Condicións ideais para a aplicación da metodoloxía Agile.

2.Fases e etapas do proceso.

3.Desenvolvemento rápido e comunicación de proxectos STEM/STEAM áxiles.

 

Máis información e inscripcións en Fprofe

G2002076 Proxectos áxiles con SCRUM

G2002129 - Internacionaliza a túa escola. Erasmus+, eTwinning e outras propostas. Curso 2020-2021

Summary: 

Xornadas virtuais para afondar nos proxectos internacionais: Erasmus+, eTwinning e outras propostas.
Gallego

Código: G2002129

Datas: 12 e 13 de marzo

Duración: 8 horas

Modalidade: virtual

Xornadas virtuais para afondar nos proxectos internacionais: Erasmus+, eTwinning e outras propostas. Contaremos coa intervención de representantes do SEPIE, eTwinning , Teachers for Future, así como de diversos centros educativos tanto galegos como internacionais.

 

Obxectivos

1.Proporcionar información sobre os programas europeos descentralizados no contexto do Erasmus+.

2.Amosar boas prácticas e procedementos de participación nas diferentes accións de programas europeos.

3.Desenvolver estratexias para o desenvolvemento de programas europeos.

 

Contidos

1.As distintas accións de educación do Programa Marco Europeo Erasmus +. As accións KA1 e KA2.

2.Outros programas.

 

Inscricións abertas en Fprofe

Xornadas internacionais

S2002298 XORNADAS DE ACTUALIZACIÓN FISCAL. CURSO 2020-2021

Summary: 

Analizar as novidades da normativa fiscal para o ano 2021. Coñecer as modificacións nos principais impostos para o ano 2021. Confeccionar a documentación utilizable.
Análise das modificacións principais na normativa fiscal para o ano 2021.
SESIÓNS PRESENCIAIS A TRAVÉS DE VIDEOCONFERENCIAS.
Gallego
XORNADAS ACTUALIZACIÓN FISCAL
XORNADAS ACTUALIZACIÓN FISCAL.2020-2021