Gallego

Cultura Científica - Inicio xoves 4 de abril - "Que nos di a investigación sobre o uso da tecnoloxía na aula?"

Gallego

A segunda edición do Ciclo de Cultura Científica da Xunta arranca o vindeiro xoves 4 de abril desmontando mitos sobre o uso das tecnoloxías nas aulas e por parte dos máis novos. O investigador e director da International Science Teaching Foundation, Héctor Ruiz Martín, será o responsable de afondar nestas cuestións na conferencia Que nos di a investigación sobre o uso da tecnoloxía na aula?.

Baseándose na súa ampla traxectoria investigadora sobre a aprendizaxe e o ensino, Ruiz Martín abordará algúns dos prexuízos máis consolidados, como a diminución da atención da mocidade como consecuencia do uso da tecnoloxía dixital ou o risco que as pantallas na escola poden supoñer para a saúde dos nenos, no seu razoamento e forma de aprender. Tamén a falsa crenza de que a tecnoloxía redunda nun menor uso da memoria e, polo tanto, na súa mingua. 

Segundo o experto, autor de libros como Aprendendo a aprender, Como aprendemos? Unha aproximación científica á aprendizaxe e o ensino, ou Edumitos, estes mitos derivan de sesgos cognitivos e razoamentos mediante pensamentos falaces. No relatorio afondarase na orixe destas crenzas, por que e como nacen e que di a investigación ao respecto.

A conferencia é a primeira do ciclo que, baixo o título Tecnoloxía con sentidiño, ofrece ata o mes de xuño a visión de expertos sobre a Intelixencia Artificial ou a relación da tecnoloxía coa saúde infanto-xuvenil e a psicoloxía, entre outros. O obxectivo é ofrecer certezas e contribuír a unha reflexión seria, documentada e baseada en investigacións.

Héctor Ruiz Martín é director da International Science Teaching Foundation, onde investiga a memoria e a aprendizaxe en ámbitos educativos desde a neurociencia e a psicoloxía cognitiva. O seu obxectivo é desenvolver recursos didácticos, para desenvolver recursos didácticos baseados en la evidencia científica. 

Neste sentido, é director da colección Educación baseada en evidencias, e nas últimas dúas décadas ten impulsado numerosos proxectos en prol da mellora do ensino, proporcionando ferramentas e metodoloxías a docentes e alumnos sobre o modo de aprender das persoas. 

A súa traxectoria como divulgador científico é moi extensa, tanto como autor dos devanditos libros, como na dirección das revistas de divulgación Omnis cellula e Eureka, e como colaborador frecuente en prensa, radio e televisión.

Hector Ruiz

Segunda edición do Ciclo de Cultura Científica

Gallego

A Xunta de Galicia lanza a segunda edición do Ciclo de Cultura Científica dirixida a público en xeral, comunidade educativa e aos docentes. Baixo o título Tecnoloxía con sentidiño, a partir do 4 de abril abordaranse varias temáticas en torno a o eixo común da tecnoloxía, como o uso da mesma nas aulas, a súa relación coa saúde infanto-xuvenil e a psicoloxía ou a Intelixencia Artificial, entre outros.

A Xunta organiza este ciclo nun momento no que o uso da tecnoloxías é motivo de debate, tamén no ámbito do ensino. O obxectivo é ofrecer certezas e contribuír a unha reflexión seria e documentada, con expertos do maior nivel, e baseada en investigacións.

Poderán seguirse de forma presencia no auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia, de 18,00 a 19,30 h., e tamén serán retransmitidas en streaming na canle de YouTube da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Na primeira das sesións, o 4 de abril, Héctor Ruíz Martin, investigador e director da International Science Teaching Foundation, impartirá o relatorio Que nos di a investigación sobre o uso da tecnoloxía na aula?.

Pola súa banda, a escritora e columnista Laura Espido Freire será a encargada, o 22 de abril, da intervención Palabras e pensamento: a ciencia e o seu fio narrativo.

Xa en maio, o día 2, José César Perales, catedrático de Psicoloxía experimental da Universidade de Granada, afondará nos Mitos e evidencias sobre o uso intensivo de dispositivos e aplicación na rede; mentres que o día 16 Juanjo Montiel Pérez, enxeñeiro senior de software de Microsoft, aportará unha ollada desde a discapacidade e a plena integración da tecnoloxía na conferencia Tecnoloxía e accesibilidade.

O 28 de maio, Javier Saéz de los Terreros, responsable da comunicación dixital do Museo del Prado en Madrid, descubrirá aos asistentes como achegar a tecnoloxía cara un público que non visita os museos co relatorio Estratexias de comunicación dixital. As redes sociais do Museo do Prado.

O 4 de xuño será a quenda de Francisco Bellas Bouza, investigador e especialista en Intelixencia artificial do CITIC da Universidade da Coruña e do Centro de Innovación Educativa e Dixital, quen abordará o impacto das novas tecnoloxías na sociedade con Educación na era da Intelixencia Artificial: vaiamos a modo.

A última conferencia desenvolverase en xuño, con data aínda por fixar, da man de Luis Sánchez Santos, profesional sanitario do Sergas. Achegará unha visión desde a pediatría e as Ciencias da saúde co relatorio Cruzando saúde infanto-xuvenil e tecnoloxía.

Os docentes asistentes ao ciclo completo recibirán un certificado de 12 horas de formación do profesorado. Coas charlas configurarase un libro, cun artigo específico para cada unha delas. O libro que versa sobre o ciclo celebrado en 2023, baixo o título Ciencia parece pero non é, presentarase o vindeiro 4 de abril, na primeira das sesións. A inscrición faise en FProfe, no código G2302046.

Tecnoloxía con sentidiño

G2301031 Descubrindo os nosos talentos. O equipo de innovación

Summary: 

Dentro do Itinerario de Innovación, organízase a cuarta actividade do mesmo. Nesta ocasión trátase de descubrir os talentos dos/as nosos/as compañeiros/as para formar equipo con vistas a transformar o centro educativo dun modo innovador.
Gallego

O curso ten formato presencial e realizarase a través de videoconferencia con Webex.

O horario e as datas serán as seguintes:

Días 18 e 25 de abril. 17.00 a 20.00 horas

Día 2 de maio. 16.00 a 19.00 horas

Días 8 e 9 de maio. 17.00 a 20.00 horas

Esta actividade formativa ten como obxectivos:

1.Mapear os talentos do equipo e experimentar un proceso de co-creación grupal.

2.Deseñar unha folla de ruta para a transformación do centro.

3.Presentar ao claustro o proceso deseñado para a transformación de centro.

E os contidos:

1.Análise grupal das necesidades derivadas do seu contexto.

2.Mapeado de talentos. Fortalezas e debilidades.

3.Elaboración e presentación dunha folla de ruta para dar resposta ás necesidades do centro.

cartel

S2301036 Educación nas relacións afectivo-sexuais

Summary: 

Dirixido a profesorado de tódalas etapas educativas
Inscrición aberta en fprofe Actividade formativa de 20 horas de formación: 15 horas presenciais e 5 non presenciais
Gallego

OBXECTIVOS:

1.Coñecer os principios da educación afectivo-sexual desde unha perspectiva de xénero.

2.Aplicar estratexias de traballo para favorecer as relacións interpersoais e o traballo en afectos.

3.Utilizar estratexias para a promoción da saúde integral no ámbito afectivo-sexual.

CONTIDOS;

1.Educación. Igualdade. Educación afectivo-sexual na escola.

2.Sexualidade. As relacións interpersoais e os afectos.

3.Saúde e sexualidade. Sexo seguro.

Enlace a fprofe

Afectivo-sexual
Educación afectivo sexual

G2301040 - Equipos directivos. Marco normativo aplicable para o desempeño das súas funcións no centro educativo

Summary: 

Actividade formativa de 20 horas de duración. Terá lugar o 6, 12, 17, 24 e 27 de abril na Escola Galega de Administración Pública (Santiago de Compostela).
Gallego
  • Obxectivos: 
  1. Manexar con fluidez a normativa vixente segundo as necesidades.
  2. Ser quen de aplicar de forma axeitada a normativa vixente.
  3. Actuar como referente resolvendo dúbidas normativas entre os compañeiros.
  • Contidos: 
  1. Procedemento administrativo común.
  2. Réxime xurídico aplicable aos centros e aos órganos colexiados.
  3. Normativa aplicable ao persoal funcionario e laboral.
  4. Normativa financeira.
  5. Normativa relativa ao menor.
  6. Protección de datos.
  7. Permisos e licenzas.
  8. Tramitación de seguros.
  • Competencias profesionais:
    • Competencia en organización escolar e colaboración.
    • Coñecemento da normativa actualizada. 
  • Detalle da actividade (Fprofe).

Inscrición aberta en Fprofe: G2301040.

G2301040 - imaxe

G2303004 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Ánxel Fole en Lugo

Summary: 

O Lugo de Fole
Gallego

Temos unha proposta para vós. Non vos apetece percorrer Lugo seguindo a escrita do grande Ánxel Fole? Os seus contos, personaxes e anécdotas vitais relatados nun ameno paseo. Se vos animades, estaremos encantados de vos acompañar:

- Código en fprofe: G2303004 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Ánxel Fole en Lugo

- Data: 6 de abril de 2024

- Relator: Armando Requeixo

- Lugar: Lugo

Roteiro Ánxel Fole

S2301094 Prácticas de lectura e escritura con novos soportes e formatos

Summary: 

Curso dirixido a todo o profesorado de primaria e secundaria de todas as ensinanzas.
Gallego

Datas e horarios:

Xoves, 4 de abril 17 – 20 h

Xoves, 11 de abril 17 – 20 h

Mércores, 24 de abril 17 – 21 h

Mércores, 15 de maio 16:30 a 18:30 h

Lugar de celebración: CAFI

Duración: 15 horas

 

 

Persoas relatoras:

Elisa Yuste: literatura infantil e xuvenil

Javier Martínez: Evolución educativa: IA xenerativa como ferramenta de aprendizaxe dinámico

Montse Pena: Literatura transmedia na aula: formas, usos e posibilidades

Fran Alonso: Literatura en novos soportes e formatos;: unha realidade de hoxe

Eugenia Fernández: Lectura, escritura e imaxe (Kamishibai)

Amalia Pérez: Lectura, escritura e imaxe (Kamishibai)

Prácticas de lectoescritura
Prácticas de lectoescritura

Creando cultura inclusiva de centro

Summary: 

Aberto o prazo de inscrición. Dirixido a todo o profesorado.
Gallego

Aberto o prazo de inscrición.

Dirixido a todo o profesorado.

Lugar de celebración: Santiago de Compostela.

Datas: sábado 06/04/2024, en horario de mañá e tarde, e o xoves 11/04/2024 en horario de tarde

Falaremos das claves para crear unha escola inclusiva, do Plan de Mellora para a xestión do avance cara á inclusión e contaremos con experiencias de centros educativos. Programa

 

Cartel
Cartel

S2303001 A biblioteca escolar como centro creativo das aprendizaxes

Summary: 

Encontros de 8 horas, dúas tardes de mércores en abril: 10 e 17 /04/2024 de 16.30 horas a 20.30 horas. Lugar: CAFI, Compostela, na biblioteca e na aula nova
Gallego

Dúas sesións prácticas e activas, con Gingko e creacións de  textos audiovisuais multiplataforma; e con Diego Rúa e Iván Pena e gamificación. Como optimizar as tablets en proxectos documentais audiovisuais, que facer arredor da impresora 3D, como integrar as placas de programación na narrativa do xogo... E o cobre adhesivo na biblio? E as construcións Kapla? Por suposto! Inscríbete e comparte.

Cartaz S2303001
S2303001 A biblioteca escolar como centro creativo das aprendizaxes