Gallego

Última semana para inscribirse no curso Perfecciónate en eTwinning

Gallego

Última semana para inscribirse no curso en Rede G2401067 Perfecciónate en eTwinning, que se desenvolverá entre o 2 de abril e o 6 de maio.

É unha actividade de 20 horas para a que se require ter formación ou experiencia previa en eTwinning.

O prazo de inscrición remata o luns 17 de marzo.

Inscrición e información en www.edu.xunta.gal/fprofe.

Prazas dispoñibles no curso G2401067 Perfecciónate en eTwinning
Prazas dispoñibles no curso G2401067 Perfecciónate en eTwinning

Última semana para inscribirse no curso Perfecciónate en eTwinning

Summary: 

Curso en Rede
Aberto o prazo ate o luns 17 de marzo
Undefined

Última semana para inscribirse no curso en Rede G2401067 Perfecciónate en eTwinning, que se desenvolverá entre o 2 de abril e o 6 de maio.

É unha actividade de 20 horas para a que se require ter formación ou experiencia previa en eTwinning.

O prazo de inscrición remata o luns 17 de marzo.

Inscrición e información en www.edu.xunta.gal/fprofe.

G2401067 Perfecciónate en eTwinning
G2401067 Perfecciónate en eTwinning

G2402038 Xornada do Día das Letras Galegas. O cancioneiro popular

Summary: 

Xornada do Día das Letras Galegas
O cancioneiro popular
Gallego

O vindeiro 26 de abril de 2025, no Pazo de San Roque terá lugar a Xornada do Día das Letras Galegas. O cancioneiro popular.

A Xornada terá dúas partes:

  • Pola mañá diversos estudosos farán un percorrido polas principais caracterìsticas que definen o noso cancioneiro así como un repaso das principais figuras.
  • Pola tarde achegaremos diversas propostas didácticas a partir do traballo nos nosos centros de infantil, primaria, secundaria, FP e adultos.

Agardámosvos!

Xornada do Día das Letras Galegas. O cancioneiro popular

G2403007 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Fiz Vergara Vilariño

Summary: 

Fiz Vergara Vilariño
Gallego

O Roteiro do poeta Fiz Vergara Vilariño está dedicada á figura do ilustre escritor galego Fiz Vergara Vilariño, nado na parroquia de Santalla, concello de Samos, o 15 de abril de 1953.

Desde neno Fiz padecía distonía muscular, enfermidade que o conduciu á morte, á temperá idade de corenta e catro anos, o 18 de xullo de 1997.

Datos de interese:

  • Relatora: María Casar
  • Data: 7 de xuño de 2025
  • Lugar: Santalla
  • Código en fprofe: G2403007

Ao longo do percorrido (en coche e a pé), iremos atopando, en puntos referenciados, as obras de 13 artistas que lembran algún poema ou aspecto da vida do poeta

  1. Aira Padrón, artista Primitivo Lareu
  2. Cruce de Foilebar, artista Xesús Otero-Yglesias
  3. Requeixo, artista Manuel Buciños
  4. Muiño de Locai, artista Álvaro de la Vega
  5. O Pedregal, artista Violeta Bernardo
  6. Altamira, Santalla, artista Miguel Macía
  7. O Muiño, artista Fernando Yáñez
  8. A Fonte da Cova, artista Mónica Alonso.
  9. Aira de Tesín, artista Poy
  10. Pozo de Monteiro, artista Caxigueiro
  11. Veiga de Fía, artista Eduardo Valiña.
  12. Augadalte, artista Paco Pestana
  13. A Pedra do Río, Pozo de Beltrán, artista Manuel Caamaño.

 

    G2403007  Roteiro polos espazos vitais e literarios de Fiz Vergara Vilariño

    Programa PIALE

    Summary: 

    Convocadas prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao programa PIALE para o ano 2025
    Gallego

     

    Achégase a Orde pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE)

    O prazo para a presentación de solicitudes abrangue desde o 3 de marzo ata o 21 de marzo de 2025, ambos os dous incluídos.

     

    A solicitude realizarase a través do aplicativo https://www.edu.xunta.gal/piale/

     

    Orde do 31 de xaneiro de 2025 (DOG)

    PIALE

    G2414001 - Congreso Intelixencia artificial e educación. Retos e oportunidades

    Gallego

    Xa está aberta a inscrición e dispoñible o programa para o Congreso de "Intelixencia artificial e educación. Retos e oportunidades”. Apunta o código (G2414001) e reserva a túa praza accedendo a https://www.edu.xunta.gal/fprofe/

    •  Data: Sábado 22 de marzo de 2025.

    •  Lugar: Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.

     

    Congreso IA

    Video: 

    S2401010 A resolución de problemas a través da modelización matemática.

    Summary: 

    Últimas prazas no curso nas instalacións do CAFI de 15 horas presenciais e 5 horas para a realización de tarefa individual:
    Gallego

    Duración: 15 horas presenciais.
                         5 horas para realizar tarefa individual.

    Lugar Celebración: BIBLIOTECA CAFI.

    Datas: 10 de Marzo            de 16:30-20:30h.
                  28 de Abril              de 16:30-20:10h.
                   5 e 12 de Maio        de 16:30-20:10h.

    Materiais:
    1 ordenador portatil persoal do alumno con
    Conexión a internet.

    Software:
    Navegador (Chrome, Edge, Opera, outro).

    Relatores:
    DÉBORA PEREIRO CARBAJO.
    MARIA JOSE GINZO VILLAMAYOR.
    ALEJANDRO SAAVEDRA NIEVES.

    Imagen

    Video: 

    G2402007 - Transformación de centros educativos. Estratexias e proxectos innovadores

    Summary: 

    Gallego

    O próximo día 29 de marzo celebrarase a Xornada de Transformación de centros educativos. Estratexias e proxectos innovadores. 

    Cal e a diferenza entre cambio e transformación educativa?

    Nesta xornada trataremos de responder a esta pregunta desde os seguintes tres eixos: avaliación, investigación e traballo en equipo. 

    Na apertura do evento poderemos escoitar a María Elena Cano García. Ela é profesora titular do Departamento de Didáctica e Organización Educativa da Universitat de Barcelona. É igualmente coordinadora do Grupo de Investigación Consolidado LMI (Learning, Media & Social Interactions) e do grupo recoñecido de Innovación Docente en Evaluación e Tecnoloxía GIDAT. 

    Participarán igualmente centros educativos de Galicia, premiados na convocatoria Innovagal.

    O peche correrá a cargo de Toni Solano, Director no  IES Bovalar de Castelló, un centro catalogado como CAES (Centros de Actuación Educativa Singular) e autor do ensaio "Aula o jaula". El é catedrático de Lingua e Literatura Castelá, impartindo esta materia no seu centro. 

    O prazo de inscrición en Fprofe está aberto ata o día 9 de marzo. O código do curso é G2402007.

    Calquera dúbida que poidades ter ao respecto, pódese remitir un correo electrónico a cafi.for.inn@edu.xunta.gal

     

    Imaxe da xornada
    Imaxe dunha bombilla con logos no seu interior que fan referencia ao proceso de transformación dun centro

    S2401086 Proxectos de Big Data.

    Summary: 

    Últimas prazas na actividade presencial: S2401086 Proxectos de Big Data.
    Gallego

    Duración: 12 horas

    Lugar Celebración: BIBLIOTECA CAFI.

    Datas: 25 de Marzo de 16:30 a 18:30h (Webex)

    1 e 2 de Abril de 16:30 a 20:30h,

    3 de Abril de 16:30 a 18:30h.

    Materiais:

    • 1 ordenador portatil persoal do alumno con conexión a internet.

    Software:

    • Navegador (Chrome, Edge, Opera, outro).

    Relatora:

    • CARMEN NAVARRO RAMÍREZ.

    Portada

    Video: