Gallego

S2301169 Conectar a miña clase de lingua estranxeira presencial coa aula virtual

Summary: 

Curso presencial para profesorado de inglés e francés.
Gallego

Datas:

mércores, 21 e 28 de febreiro de 16:30 - 20:30 horas

mércores, 6 e 13 de marzo de 16:30 - 20:30 horas

sábado, 16 de marzo de 10 - 14 horas

Duración: 20 horas

Lugar de celebración: C.I.F.P Compostela

 

Obxetivos:

1.Conectar a miña clase presencial coa aula virtual: motivar fóra da aula.

2.Actualizar os usos oral e escrito en lingua francesa e en lingua inglesa.

3.Crear material para a miña aula presencial o virtual.

Contidos:

1.Reflexión sobre a autoaprendizaxe.

2.Actualización das competencias orais e escritas dentro e fóra da aula.

3.Creación de actividades motivadoras e lúdicas para todos os niveis de lingua.

4.Desenvolvemento das competencias dixitais aplicadas ás linguas estranxeiras.

Conectar clase de lingua estranxeira con AV
S2301169 Conectar a miña clase de lingua estranxeira presencial coa aula virtual

S2301096 Programar por ámbitos a través dos novos currículos en educación primaria

Summary: 

Formación para programar por ámbitos a través dos novos currículos (estrutura do currículo,PROENS, metodoloxía, avaliación ...). Está dirixido ao profesorado de educación primaria.
Gallego

 Programar por ámbitos a través dos novos currículos en educación primaria

Curso presencial de 20 horas (17 horas presenciais e 3 non presenciais)

Datas /Horario: 

15, 21 e 28 de febreiro

6 e 13 de marzo

16:30h a 20:30h

Lugar de celebración: CAFI. Santiago de Compostela

Código en FPROFE: S2301096

Aberto prazo de inscrición 

Programar por ámbitos
Programar por ámbitos a través dos novos currículos

Cursos INTEF sobre o currículo LOMLOE

Summary: 

Convocatoria de catro novos cursos titorizados en liña
Gallego

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, a través do INTEF, convoca 4.262 plazas, en dúas edicións, para a realización de catro novos cursos sobre o currículo LOMLOE (publicación en BOE).

Prazo de inscripción: do 10 ao 29 de xaneiro (ambos inclusive).

Data de inicio dos cursos da primeira edición: a partir do 5 de marzo de 2024.

Data de inicio dos cursos da segunda edición: a partir do 16 de abril de 2024.

Cursos convocados: 

Son cursos titorizados en liña que aportan orientacións sobre a concreción e aplicación das enisnanzas mínimas dos novos currículos derivados da LOMLOE. Cada curso certifica 35 horas de formación. Están orientados aos perfís docentes que imparten ou poden impartir estas ensinanzas ou que realizan nelas funcións de supervisión e apoio. Contan coa atención personalizada e o apoio experto dun equipo de titoría.  

A información necesaria para a inscrición pódese consultar na páxina da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

Cursos INTEF
Cursos INTEF

S2301097 - Programar por ámbitos a través dos novos currículos en educación secundaria

Gallego

Nesta actividade, coñeceremos e analizaremos as características e estrutura do currículo de cara á elaboración da programación por ámbitos, adaptando a programación de cada área e nivel ás instrucións en vigor. Tamén estableceremos procedementos e instrumentos de avaliación acordes ao currículo.

Lugar de celebración: CAFI

Datas e horario: 

6 de marzo: 16:30 a 19:30

13 de marzo: 16:30 a 20:00

20 de marzo: 16:30 a 20:00

3 de abril: 16:30 a 20:00

10 de abril: 16:30 a 20:00

 

Prazo de inscrición en FProfe ata o 27 de febreiro de 2024

Imaxe S2301097

Cursos presenciais para o desenvolvemento da competencia dixital docente

Summary: 

A data límite de inscrición é o 31 de xaneiro
Gallego

As seguintes actividades presenciais dirixidas ao desenvolvemento da Competencia dixital docente contan con prazas dispoñibles:

Ámbito CAFI:

S2301103 - Tecnoloxías dixitais para o traballo colaborativo na aula virtual. 20 horas. Áreas 1, 3 e 6 do nivel A2.

S2302003 - Calidade de recursos educativos. REA. 15 horas. Áreas 1 e 2 do nivel A2.

S2302021 - Desenvolvemento de estratexias comunicativas e de coordinación para o centro. 12 horas. Áreas 1 e 6 do nivel B1.

Ámbito Galicia:

G2301074 - Introdución á publicación de contidos na páxina WEB corporativa do centro. 20 horas. Áreas 1 e 2 do nivel A2.

G2302004 - Creación de contidos dixitais baseados en vídeo 360. 15 horas. Áreas 1 e 2 do nivel B1.

G2302003 - Creación de contidos dixitais baseados en Realidade Virtual e Realidade Aumentada. 15 horas. Áreas 1 e 2 do nivel B1

Lugar de celebración: Santiago de Compostela (CAFI)

Datas: consultar a información de cada curso en Fprofe.

Límite de inscrición: 31 de xaneiro de 2024.

https://www.edu.xunta.gal/fprofe/

Cursos presenciais CDD CAFI
Cursos presenciais CDD CAFI

G2301132 Deseño Universal para a Aprendizaxe na función orientadora

Summary: 

Inscrición en fprofe:G2301132 Data límite de inscrición: 31/01/2024 Prazas: 100
Realización: 2º trimestre Lugar: CAFI.Santiago de Compostela
Gallego

OBXECTIVOS:

1.Profundizar nos principios e puntos de verificación do Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA) .

2.Coñecer estratexias e recursos para o asesoramento na implementación e seguimento do DUA na resposta educativa ao alumnado.

3.Coñecer boas prácticas educativas de asesoramento na implementación do DUA.

DUA

S2301027 Convivir nas contornas dixitais

Summary: 

Inscrición profe: S2301027 Data límite de inscrición: 25/01/2024 Curso de 20 horas: 15 presenciais e 5 non presenciais
Lugar: CAFI.Santiago de Compostela
Gallego

Obxectivos

1.Analizar as bases teóricas que explican as condutas asociadas aos riscos no uso das tecnoloxías dixitais, así como a normativa que regula os dereitos dixitais e de protección de datos para o coidado das persoas.

2.Identificar as condutas dixitais que prexudican o benestar das peronas e  a convivencia: abusos, acoso, dependencia ás tecnoloxías etc. 

3.Adquirir estratexias que favorezan o desenvolvimiento da competencia en seguridade e benestar dixital do alumnado e que este desenvolva un exercicio efectivo dos seus dereitos.

entornos digitales
S2301027 Convivir en los entornos digitales

S2301027 Convivir nas contornas dixitais

Summary: 

Temporalización: 2º trimestre Data límite de inscrición: 31/01/2024 Lugar: CAFISantiago de Compostela Prazas: 20
Horas presenciais: 15 Horas non presenciais: 5
Gallego

OBXECTIVOS:

1.Analizar as bases teóricas que explican as condutas asociadas aos riscos no uso das tecnoloxías dixitais, así como a normativa que regula os dereitos dixitais e de protección de datos para o coidado das persoas.

2.Identificar as condutas dixitais que prexudican o benestar das persoas e a convivencia: abusos, acoso, dependencia ás tecnoloxías, etc. 

3.Adquirir estratexias que favorezan o desenvolvemento da competencia en seguridade e benestar dixital do alumnado e que este desenvolva un exercicio efectivo dos seus dereitos.

Convivir nas contornas dixitais
S2301027 Convivir nas contornas dixitais

G2303008 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Vicente Risco na provincia de Ourense

Summary: 

Vicente Risco na provincia de Ourense: Castro Caldelas e Allariz
Gallego

Castro Caldelas e Allariz serán os espazos polos que percorreremos a vida e obra do intelectual Vicente Risco autor de referencia da Xeración Nós. Intelectuais como Vicente Risco, Otero Pedrayo ou Florentino López Cuevillas lideraron un movemento que abrirá Galicia ás vangardas da época e a Europa.

Da man de Manoel Carrete Rivera percorreremos os principais espazos vitais e literarios de Vicente Risco en Castro Caldelas: a casa familiar do Castro, a fortaleza, o Prado, o Toural... así como outros intelectuais da época como Manuel Manuel Casado Nieto ou Perfecto Herbella pero tamén coñeceremos outras pequenas localidades como Camba e o Burgo moi vinculadas co autor.

Pola tarde será a hora de coñecer Allariz da man de Antonio Blanco Rodríguez. Allariz é o lugar no que Vicente Risco casou, onde tivo os seus catro fillos, onde está situada a Fundación Vicente Risco e onde descansan os seus restos.

Datos importantes:

  • Código en fprofe: G2303008
  • Data: 27 de xaneiro de 2024
  • Relatores: Manoel Carrete Rivera e Antonio Blanco Rodríguez
Roteiro polos espazos vitais e literarios de Vicente Risco na provincia de Ourense