Gallego

S2401022 Catalogación e creación de recursos educativos en aberto.

Summary: 

Últimas prazas no curso nas instalacións do CAFI de 12 horas presenciais e 3 horas para a realización de tarefa individual.
Gallego

Lugar Celebración: AULA NOVA CAFI.

Datas: 24 e 31 de Marzo de 16:30-20:30h.
             7 de Abril              de 16:30-20:30h.
               
Materiais:
1 ordenador portatil persoal do alumno con
Conexión a internet.

Software:
Navegador (Chrome, Edge, Opera, outro).

Relator:
JULIO MOSQUERA GONZÁLEZ.

portada

Video: 

G2401133 Formación do solo. Un enfoque STEM integrado

Summary: 

Formación do solo.
Un enfoque STEM integrado
Gallego

Últimas prazas para inscribirte na actividade G2401133 Formación do solo. Un enfoque STEM integrado.

Obxectivos

  • Investigar e discutir sobre o que é o solo, por que a súa saúde é importante para a humanidade e como se pode ensinar o seu coñecemento dunha forma atractiva e interdisciplinaria.
  • Aprender a ensinar e combinar coñecementos e prácticas relacionadas con diferentes dimensións da saúde do solo, tales como: dimensión económica, social, ética, biolóxica e química.
  • Aplicar o aprendido deseñando un escenario de aprendizaxe sobre a saúde do solo listo para ser usado nas actividades diarias.

Contidos

  • Introdución á educación do solo .
  • Educación sobre o solo e o modelo didáctico BSCS.
  • Educación do solo, máis alá dunha perspectiva STEM .
  • Avaliación de actividades educativas sobre solos.

Observacións

Esta actividade desenvólvese na plataforma European SchoolNet e será toda en inglés polo que se debe ter un dominio do idioma.

G2401133  Formación do solo. Un enfoque STEM integrado

Análise e tratamento de datos con Tecnoloxías Intelixentes nos Polos Creativos

Summary: 

Polos creativos
Gallego

 Últimos días para inscribirte!

Aínda quedan prazas para o curso de Análise e tratamento de datos con Tecnoloxías Intelixentes nos Polos Creativos  

 Datas:

  • 8 de marzo das 10:00 ás 14:00h e das 16:00 ás 19:00h
  • 14 de marzo das 1016:00 ás 19:00h e
  • 29 de marzo das 10:00 ás 14:00h e das 16:00 ás 19:00h

Relator: José Vilas Taboada

Análise e tratamento de datos con Tecnoloxías Intelixentes  nos Polos Creativos

G2402009 Xornadas de atención á diversidade. Curso 2024-2025

Summary: 

Xornadas de atención á diversidade
Curso 2024-2025
Gallego

O vindeiro 15 de maio no Auditorio Fontán da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, terá lugar a Xornada de Atención á diversidade. Curso 2024-25.

O código para te poderes inscribir en fprofe é o G2402009.

No seguinte enlace poderás ver o programa do evento:

 

G2402009  Xornadas de atención á diversidade. Curso 2024-2025

S2401021 Atención educativa do alumnado con TDAH

Summary: 

Gallego

Curso "Atencion educativa do alumnado con TDAH". Aberto o prazo de inscrición en fprofe. Cod: S2401021

Obxectivos

  • Coñecer as características do TDAH.
  • Adquirir estratexias metodolóxicas e de autorregulación da conduta así como das distintas técnicas, medidas e recursos que favorecen a atención educativa do alumnado con TDAH.
  • Experimentar na aula propostas metodolóxicas e recursos que melloren a resposta educativa e a inclusión do alumnado con TDAH.

Contidos

  • Características do TDAH. Estratexias metodolóxicas, de autorregulación emocional e manexo da conduta.
  • Medidas e recursos que favorecen a atención ao alumnado con TDAH. Organización de espazos e tempos. Adaptación de probas de avaliación.
  • Metodoloxías inclusivas. Experiencias prácticas.

 

S2401021 Atención educativa do alumnado con TDAH

G2401135 Ensinar Europa. A folla de ruta dunha aula cara a Europa

Summary: 

Gallego

Aberta a inscrición en #Fprofe da actividade G2401135 Ensinar Europa. A folla de ruta dunha aula cara a Europa. Prazo: ata o 26 de febreiro.

Obxectivos

  • Comprender a diferenza entre ensinar para e sobre Europa e por que ambas son importantes hoxe en día.
  • Identificar as preocupacións clave dos estudantes sobre a sociedade europea e o futuro, e os valores detrás delas.
  • Deconstruír o concepto de identidade europea e o seu significado na educación.

 

Contidos

  • Europa na miña aula.
  • Europa na vida cotiá.
  • Ensino para a cidadanía activa.
  • Mirando ao futuro.

Observacións

Esta actividade desenvólvese na plataforma European SchoolNet e será toda en inglés polo que se debe ter un dominio do idioma.

G2401135 Ensinar Europa. A folla de ruta dunha aula cara a Europa

G2401095 Dinamización E-Dixgal para as persoas coordinadoras

Summary: 

Actividade para as persoas coordinadoras
Gallego

Coordinas E-Dixgal no teu centro e despois dun tempo dáste conta de que xorden cuestións novas e queres resolvelas?

Este curso permitirache completar a túa formación en seguridade e benestar dixital do alumnado e axudarche a facer fronte á resolución de posibles problemas técnicos que xurdan ao longo

do curso. Ao mesmo tempo poderás darlle un pulo ao programa no teu centro aumentando o teu liderado no programa E-Dixgal.

Actividade de 20h:

  • 14 presenciais
  • 6 de traballo individual

Relatores:

  • José Antonio Rodríguez Pérez, catedrático de Matemáticas no IES Val Miñor. Asesor do SIPE.
  • Aníbal García Pinal, catedrático de Matemáticas. director do IES de Sar

Programa:

G2401095 Dinamización E-Dixgal para as persoas coordinadoras

File: 

S2401034 - Ferramentas corporativas para a xestión do alumnado. Programacións e comunicación coas familias

Summary: 

Actividade formativa de 20 horas de duración: 12 horas presenciais e 3 horas non presenciais, baseadas na entrega obrigatoria da tarefas vencelladas cos contidos da actividade.
Gallego

Competencias profesionais: 

  • Competencia dixital docente - 1. Compromiso profesional
  • Competencia dixital docente - 4. Avaliación e retroalimentación

Obxectivos: 

  1. Elaborar un exemplo básico de programación didáctica para un nivel educativo a través da aplicación informática corporativa de programacións.
  2. Empregar a aplicación XADE para a avaliación e o control de asistencia do alumnado.
  3. Xestionar a comunicación coas familias a través das ferramentas espazoAbalar, abalarMóbil e abalarPro.

Contidos: 

  1. O novo currículo galego e a programación didáctica.
  2. A elaboración da programación didáctica a través da correspondente aplicación corporativa.
  3. Acceso a XADE e proceso de avaliación do alumnado.
  4. Introdución das faltas de asistencia en XADE.
  5. Obtención de informes estándar e personalizados en XADE.
  6. Comunicación coas familias a través das ferramentas espazoAbalar, abalarMóbil e abalarPro.

Datas e horarios: 

  • Xoves, 13 de marzo de 16:30 a 20:30
  • Xoves, 27 de marzo de 16:30 a 20:30
  • Xoves, 3 de abril de 16:30 a 20:30
  • Xoves, 10 de abril: data límite para a entrega das tarefas obrigatorias

Lugar de realización: 

  • Centro Autonómico de Formación Innovación (CAFI)

Pódese consultar a información detallada en Fprofe: S2401034.

imaxe