Gallego

S2401078 Prototipado Dixital 3D nos Polos Creativos

Summary: 

Ultimos días par a inscribirche no curso S2401078 Prototipado dixital 3D nos Polos Ceativos
Gallego

Últimos días para inscribirche no curso S2401078 Prototipado en 3D nos Polos Creativos. 

A inscripción finaliza o día 06/09/2024

Relatores: Natalia Gómez Brea
                  Manuel Vila Tosar

Duración: 12 horas

 

S2401078
S2401078

Produción audiovisual con dispositivos móbiles nos Polos creativos

Summary: 

Últimos días para inscribirse no curso de "Produción audiovisual con dispositivos móbiles nos Polos creativos" dunha duración de 12 horas. A data límite de inscrición remata o 6 de setembro de 2024. Este curso desenvolverase cunha estrutura de obradoiro donde o profesorado participante adquirirá os coñecementos, as destrezas sobre as posibilidades pedagóxicas a través da experiencia de creación audiovisual a través do profesor, produtor e director de cine de animación, Sergio Clavero.
Gallego

Últimos días para inscribirse no curso de "Produción audiovisual con dispositivos móbiles nos Polos creativos" dunha duración de 12 horas. A data límite de inscrición remata o 6 de setembro de 2024.
Este curso desenvolverase cunha estrutura de obradoiro donde o profesorado participante adquirirá os coñecementos, as destrezas sobre as posibilidades pedagóxicas a través da experiencia de creación audiovisual a través do profesor, produtor e director de cine de animación, Sergio Clavero.

Produción audiovisual con dispositivos móbiles nos Polos Creativos

Xornada de Benvida ao profesorado. Educación Secundaria e Postobrigatoria

Summary: 

Xornada de benvida para docentes de nova incorporación.
Educación Secundaria e Postobrigatoria. Curso 2024-2025
Gallego

Co esta xornada intención de axudar ao novo profesorado que se incorpora á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación de Profesional. Con ela

  • Facilitarase a integración do profesorado de nova incorporación á Consellería.
  • Daremos a coñecer a estrutura e funcionamento desta.
  • Axudaremos ao profesorado de nova incorporación a planificar e desenvolver a docencia.
  • Presentaremos os recursos dispoñibles de apoio á docencia.

Datos importantes:

  • Código en fprofe: G2402012
  • Data: xoves, 5 de setembro de 2024.
Xornada de Benvia ao profesorado. Educación Secundaria e Postobrigatoria

Xornada de Benvida ao profesorado. Educación Primaria

Summary: 

Xornada de benvida para docentes de nova incorporación.
Educación Primaria. Curso 2024-2025
Gallego

Con esta xornada intención de axudar ao novo profesorado que se incorpora á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación de Profesional. Con ela

  • Facilitarase a integración do profesorado de nova incorporación á Consellería.
  • Daremos a coñecer a estrutura e funcionamento desta.
  • Axudaremos ao profesorado de nova incorporación a planificar e desenvolver a docencia.
  • Presentaremos os recursos dispoñibles de apoio á docencia.

Datos importantes:

  • Código en fprofe: G2402013
  • Data: mércores, 4 de setembro de 2024.
Xornada de Bencia ao profesorado. Educación Primaria

Xornada de Bencia ao profesorado. Educación Primaria

Summary: 

Xornada de benvida para docentes de nova incorporación.
Educación Primaria. Curso 2024-2025
Undefined

Co esta xornada intención de axudar ao novo profesorado que se incorpora á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación de Profesional. Con ela

  1. Facilitarase a integración do profesorado de nova incorporación á Consellería.
  2. Daremos a coñecer a estrutura e funcionamento desta.
  3. Axudaremos ao profesorado de nova incorporación a planificar e desenvolver a docencia.
  4. Presentaremos os recursos dispoñibles de apoio á docencia.
Xornada de Bencia ao profesorado. Educación Primaria

Competencia dixital docente

Gallego

Competencia dixital docente

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convocan diferentes procedementos para a obtención da acreditación da competencia dixital docente para o persoal docente non universitario dos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Enlace: https://encr.pw/EXHJf

Competencia dixital docente

Oposicións 2024.

Summary: 

Aprobados nas diversas especialidades
Gallego

Moitos parabéns aos aprobados con praza neste proceso selectivo de 2024!

E para todos aqueles e aquelas que quedastes ás portas non tiredes a toalla e para adiante! Xa tedes moito camiño percorrido!

Aos que comezades nesta andaina cargádevos de enerxía e esforzo, non hai nada imposible!

Moito ánimo  e moi feliz verán!

Aprobados.

G2403008 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Sophia de Mello Breyner Andresen

Summary: 

Un itinerario para Sophia
Un paseo polos locais preferidos de Sophia de Mello Breyner Andresen
Gallego

Sophia de Mello Breyner Andresen foi um dous grandes nomes da poesía de lingua portuguesa do século XX cultivando, segundo António José Saraiva e Óscar Lopes, “em imagens clássicas mediterrâneas, a identificação do eterno com a realidade humana e suas aspirações à justiça”. Malia que naceu en Porto, desde o seus estudos universitarios, a súa vida se trasladou á cidade de Lisboa.

O itinerario lisboeta en memoria de la escritora percorre varios locais do barrio da Graça, onde viviu, cruzando datos biográficos con referencias á súa obra.

 

Algúns destes puntos que visitaremos son:

  • Miradouro da Graça.

Saber que tomas em ti a minha vida

E que arrastas pela sombra das paredes

A minha alma que fora prometida

Às ondas brancas e às florestas verdes.

  • Casa vivencial.

Há sempre um deus fantástico nas casas

Em que eu vivo, e em volta dos meus passos

Eu sinto os grandes anjos cujas asas

Contêm todo o vento dos espaços.

  • Panteão dos Bragança.

Enquanto o largo mar a Ocidente se dilata

Lisboa oscilando como uma grande barca

  • Panteão Nacional

Quando eu morrer voltarei para buscar

os instantes que não vivi junto do mar

  • A PIDE

“O velho abutre é sábio e alisa as suas penas

A podridão lhe agrada e seus discursos

Têm o dom de tornar as almas mais pequenas”

  • O Carmo

Esta é a madrugada que eu esperava

O dia inicial inteiro e limpo

Onde emergimos da noite e do silêncio

E livres habitamos a substância do tempo

  • Assembleia Constituinte

"Eu regressarei ao poema como à pátria à casa

Como à antiga infância que perdi por descuido

Para buscar obstinada a substância de tudo

E gritar de paixão sob mil luzes acesas".

 

Datos importantes:

  • Data: 07 de decembro de 2024
  • Relator:  Fabrizio Boscaglia
  • Horario: de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h.
  • Código en  fprofe:  G2403008
  • Lugar: Lisboa
G2403008  Roteiro polos espazos vitais e literarios de Sophia de Mello Breyner Andresen

G2403005 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Castelao na Estrada

Summary: 

A Estrada, o espazo dos afectos de Castelao e Virxinia.
Gallego

O roteiro que vos presentamos é unha visita aos lugares que ben pola súa vida persoal, actividade artística ou política, teñen unha directa vinculación con Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao.

O amor trouxo a Castelao ata estas terras. Nelas contraeu matrimonio con Virxinia Pereira Renda, na antiga igrexa de San Paio. A pegada do escritor pode atoparse en múltiples puntos do casco, desde a antiga casa familiar da súa esposa, ata o lugar no que estaba a pensión Mato, na que durmía cando visitaba A Estrada, así como os mobles do matrimonio expostos no Museo do Pobo Estradense. Os seus paseos polo municipio inspiráronlle múltiples debuxos, como é o caso da Reitoral de Ouzande, a súa cruceiro, cruces de pedra ou o ronsel funerario galaico-romana que atopou cando paseaba co seu sogro Camilo Pereira. Plasmou tamén a torre e o pazo de Guimarei, a ponte sobre o río Liñares, diversos motivos do Pazo de Oca ou a vista do Pico Sacro desde a ribeira estradense do Ulla.

"A Estrada é o escenario en que se desenrolaron as máis puxentes esceas do meu pasado vivir. O mesmo apelido que eu levo procede da Ulla, d-un abó meu, que baixou á ribeira do mar coa mesma intención amorosa con que, decorridos moitos anos, rubín eu á montaña".

Datos importantes:

  • Data: 05 de outubro de 2024
  • Relatores:  Xoán Carlos Garrido e David Otero
  • Horario: de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h.
  • Código en  fprofe:  G2403005
  • Lugar: A Estrada
G2403005 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Castelao na Estrada

S2401068 Lingua de signos. Curso básico

Summary: 

Formación presencial
Gallego

Nunha sociedade cada vez máis diversa as persoas con discapacidade auditiva de distinto tipo e grao representan o 8% da poboación Aínda que moitas persoas da comunidade xorda utilizan a lingua oral outras moitas empregan a Lingua de Signos. A tendencia cada vez máis inclusiva da sociedade nos diferentes ámbitos: educativo, sanitario e social fai case obrigatoria a existencia de máis profesionais que coñezan a Lingua de Signos.

Co curso de Lingua de Signos. Curso básico iniciaraste na lingua de signos e adquirirás os coñecementos necesarios que che permitirán comunicarche coas persoas xordas. Traballarás tanto a comprensión como a expresión alcanzando o coñecemento do vocabulario de uso cotián e o coñecemento da estrutura gramatical básica.

Obxectivos

  1. Adquirir un nivel básico de comprensión e expresión en lingua de signos.
  2. Coñecer e aplicar as habilidades de expresión corporal necesarias para unha produción básica en LSE.
  3. Fomentar a integración do alumno e alumna con discapacidade auditiva na dinámica do centro escolar.

Contidos

  1. O alumnado con discapacidade auditiva e o seu acceso á comunicación.
  2. Acceso ao currículo do alumnado con discapacidade auditiva.
  3. A lingua de signos como sistema lingüístico: regras xerais, sintaxe e ampliación do léxico a nivel I.

Datos importantes:

  • Datas:
    • Setembro (25, mércores)
    • Outubro (2-9-16-23, mércores)
    • Novembro (6-13, mércores
  • Relatora:  Alba Tamara Puentes García
  • Horario: de 17:00 a 20:00h.
  • Código en  fprofe:  S2401068
  • Lugar: CAFI - Santiago de Compostela, Aula 11
S2401068 Lingua de signos. Curso básico