Gallego

Equipos directivos. Uso de ferramentas e aplicacións institucionais na xestión dos centros educativos. Curso 2024-2025

Summary: 

Actividade formativa de 8 horas de duración para equipos directivos, da que se realizarán dúas edicións: 15 de xullo e 21 de setembro. A inscrición da xornada do 21 de setembro xa está aberta en Fprofe.
Gallego

Competencias profesionais: 

  • Competencia en organización escolar e colaboración - Xestión de centro e calidade
  • Competencia dixital docente - 1. Compromiso profesional

Obxectivos:

  1. Coñecer as diferentes ferramentas e aplicacións institucionais para centros educativos.
  2. Familiarizarse co uso das diferentes ferramentas e aplicacións institucionais para centros educativos.
  3. Resolver posibles dúbidas sobre o emprego das ferramentas e aplicacións institucionais para centros educativos.

Contidos: 

  1. Ferramentas e aplicacións institucionais para uso na xestión de centros educativos: XADE, espazoAbalar, AbalarBox, Webex, Agueiro, Fondolibros...
  2. Portal da dirección, Admisión de alumnado, Persoal centros, SEF (sistema electrónico de facturación), Substitucións, Comedores, xecocentros, Transporte escolar...

Pódese consultar a información detallada en Fprofe: G2402003

imaxe

File: 

Equipos directivos. Uso de ferramentas e aplicacións institucionais na xestión dos centros educativos. Curso 2024-2025

Summary: 

Realizaranse dúas quendas deste actividade formativa: 15 de xullo e 21 de setembro. Está aberta a inscrición en Fprofe da formación do 15 de xullo: G2302054.
Undefined

Competencias profesionais:

  • Competencia en organización escolar e colaboración - Xestión de centro e calidade
  • Competencia dixital docente - 1. Compromiso profesional

Obxectivos: 

  1. Coñecer as diferentes ferramentas e aplicacións institucionais para centros educativos.
  2. Familiarizarse co uso das diferentes ferramentas e aplicacións institucionais para centros educativos.
  3. Resolver posibles dúbidas sobre o emprego das ferramentas e aplicacións institucionais para centros educativos.

Contidos: 

  1. Ferramentas e aplicacións institucionais para uso na xestión de centros educativos: XADE, espazoAbalar, AbalarBox, Webex, Agueiro, Fondolibros...
  2. Portal da dirección, Admisión de alumnado, Persoal centros, SEF (sistema electrónico de facturación), Substitucións, Comedores, xecocentros, Transporte escolar...

Máis información sobre a xornada do 15 de xullo en Fprofe: G2302054 ou escribindo a cafi.equipos.directivos1@edu.xunta,gal

imaxe

Formación aberta en Platega: Creación de Obxectos Dixitais Educativos

Summary: 

Curso dispoñible para todo o profesorado galego en aberto.
Gallego

O curso de creación de Recursos Educativos Dixitais na plataforma Platega, organizado polo CAFI, é unha iniciativa que permite ao profesorado galego deseñar e compartir recursos innovadores. Participar neste curso non só contribuirá ao desenvolvemento profesional dos docentes, senón que tamén beneficiará aos estudantes con materiais educativos dixitais máis atractivos e interactivos. Por outro lado, os contidos deste curso tamén poden ser un recurso de interese para o profesorado que quiera solicitar unha licenza por formación no curso 24/25. Podes acceder nesta ligazón 

Creación ODEs

Programa Observa_Acción

Summary: 

Resolución provisional de centros candidatos para participar na Fase 2 do programa de formación Observa_Acción
Gallego

Segundo os termos establecidos no apartado Sexto. Destinatarios e criterios de selección, referido á RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2023 , da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca a participación no programa de formación Observa_Acción: Desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais, durante os cursos escolares 2023/24 e 2024/25, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional, a Comisión fai pública a resolución provisional da listaxe de centros candidatos á Fase 2, ordenados segundo a puntuación obtida da valoración final resultante da Fase 1.

O número de centros participantes na Fase 2, dependerá do número de socios europeos e das comunidades autónomas que se sumen ao programa.

A listaxe completa no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_provisional_de_centros_candidatos_para_participar_na_fase_2.pdf

Observa_acción

 Publicación de centros seleccionados para participar no proxecto Lóva 2024

Summary: 

Centros seleccionados para participar no proxecto Lóva 2024
Gallego

Listaxe definitiva de centros seleccionados para participar no programa LÓVA no curso 2024/2025 Rematado o prazo de inscrición para participar no programa LÓVA para o curso 2024/205 publícase a listaxe de centros seleccionados segundo o punto 4 da convocatoria. Os centros seleccionados recibirán, a través do CAFI, a confirmación para a formación inicial correspondente á 1ª fase do proxecto, que se realizará en Santiago de Compostela do 12 ao 19 de xullo. Listaxe de centros proxecto LÓVA:

  • CEIP Plurilingüe Bragade
  • CEIP Portofaro
  • CEIP Ana María Diéguez
  • CPI de San Vicente
  • IES Moncho Valcarce
  • CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga
  • CPR Plurilingüe Padre Feijoo Zorelle
  • CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso
  • EEI de Verducido
  • IES Laxeiro
  • CPI Curros Enríquez
  • CEIP Plurilingüe da Ribeira
  • CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera

PARABÉNS!

Proxecto LÓVA

Proxecto LOVA

G2302046 - Ciclo de cultura científica. Tecnoloxía con sentidiño

Summary: 

Ciclo de cultura científica. Tecnoloxía con sentididiño
Cruzando saúde infanto-xuvenil e tecnoloxía
Gallego

Luis Sánchez Santos é  pediatra de atención primaria no Servizo Galego de Saúde (Sergas).  Traballou en centros hospitalarios, pero principalmente en atención primaria e nunha etapa de case 8 anos no Servizo de Emerxencias como responsable de Docencia e Investigación. Formou parte de diferentes sociedades científicas con responsabilidades directivas, desde a Sociedade Europea de Pediatria, ata a Asociación Española de Pediatría da que é na actualidade membro do Comité Executivo.  Ten a honra de ser un dos dous representantes dos pediatras españois na Academia Europea de Pediatria.

Cruzando saúde infanto-xuvenil e tecnoloxía

G2302010 Manuel Curros Enríquez nas aulas

Summary: 

A Celanova de Curros
Gallego

Queres coñecer o que a Celanova de Manuel Curros Enríquez ten para que poidas aplicalo nas túas aulas? Se é asíi, agardamos que esta actividade che poida resultar de interese. Mesturaremos:

  • historia (visita ao campamento romano Aquis Querquennis),
  • arte (visita a Santa Comba de Bande),
  • historia e etnografía (Vilanova dos Infantes),
  • arquitectura e relixión (Capela de San Rosendo Mosteiro de San Rosendo),
  • música (concerto didáctico de órgano)
  • literatura (Casa dos poetas),
  • historia (Castromao)

Agardámoste:

  • Código en fprofe: G2302010 Manuel Curros Enríquez nas aulas
  • Lugar: Celanova
  • Data: 15 de xuño
Manuel Curros Enríquez nas aulas

Programa LÓVA

Summary: 

Convocatoria pola que se establece o procedemento de selección de centros sostidos con fondos públicos que desexen participar no programa LÓVA para o curso 2024/2025
Gallego

LÓVA (La ópera, un vehículo de aprendizaxe) é un proxecto do Teatro Real que conta con máis de dezaseis anos de experiencia e coa participación de 18.000 alumnos/as procedentes de centros de educación primaria, secundaria, educación especial e doutros colectivos sociais. Esta iniciativa propón que o alumnado experimente a experiencia de ser membro dunha compañía de ópera que traballará ao longo de todo o curso escolar 2024/2025 co obxectivo de representar finalmente a súa propia produción operística.

Esta convocatoria vai dirixida aos centros sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Galicia que impartan ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial e ciclos de formación profesional básica (FP básica).

  • Os centros educativos interesados en participar no proxecto LÓVA deberán inscribirse a través da aplicación informática Fprofe, na pestana de “convocatorias”, ata o 10 de xuño de 2024 inclusive.

Programa LÓVA