Gallego

Cursos na Rede con prazas vacantes

Summary: 

Gallego

Aínda podes inscribirte en cursos na Rede no segundo trimestre, estes son algúns dos cursos con prazas vacantes, podes botarlle unha ollada en Fprofe

G2201057 Consumo e finanzas dentro da aula
G2201093 Pechando o círculo. A Educación Ambiental do Século XXI. Plan Proxecta
G2201108/G2201111 Elaboración de programacións coa aplicación informática PROENS
G2202009 Curso básico en igualdade laboral
G2201059 Creación de contidos dixitais con Ardora
G2201072 Formación avanzada en E-Dixgal

Cursos Platega
Cursos Platega

DELF (B2) e DALF (C1) Alianza Francesa

Summary: 

Oferta das probas realizadas pola Alianza Francesa para a adquisición do nivel B2 (DELF) e do nivel C1 (DALF)
Gallego

No mes de xuño terán lugar as probas da Alianza Francesa co obxectivo de que o profesorado galego poida acreditar as súas competencias nesta lingua e certificar os seguintes niveis:

O DALF, Diplôme approfondi de langue française (Diploma avanzado de Lingua francesa),  é a certificación oficial internacional expedida polo Ministerio de Educación Nacional de Francia, para acreditar as competencias en francés dos/as candidatos/as estranxeiros/as.

O DELF, Diplôme d’études en langue française (Diploma de Estudos en Lingua Francesa), é a certificación oficial internacional expedida polo Ministerio de Educación Nacional de Francia, para acreditar as competencias en francés dos/as candidatos/as estranxeiros/as.

As probas celebraranse na EGAP (Escola Galega de Administración Pública), en Santiago de Compostela os días 1 de xuño e 5 de xuño, durante a mañá.

Para ter máis información ao respecto, pódese remitir un correo ao enderezo electrónico cafi.linguasestranxeiras1@edu.xunta.gal

Delf Dalf

A importancia do canto coral no ensino

Summary: 

O valor do canto coral como ferramenta didáctica
Gallego

S2201034 A importancia do canto coral no ensino

Obxectivos:

1.Adquirir conceptos básicos da técnica vocal aplicada ao canto na aula e ao canto coral escolar.

2.Adquirir nocións básicas de xesto na dirección coral.

3.Motar repertorio escolar de difrentes estilos e niveis de dificultade.

 

Datas:

28 de xaneiro, 11 de febreiro, 4 de marzo, 18 de marzo, 29 de abril e 20 de maio,

Horario:

10:00- 14:00 

Duración:

30 horas (24 horas presenciais, e 6 horas para estudio de partituras)

 

Localización:

Cidade da Cultura. Sala de eventos do Edificio Fontán. Santiago de Compostela

 

Más información en FProfe co código da actividade.

S2201034 A importancia do canto coral no ensino
S2201034 A importancia do canto coral no ensino

Resolución definitiva PFPPs

Gallego

Resolución pola que se resolve a do 12 de setembro de 2022 na que se convocou a selección de plans de formación permanente do profesorado (PFPP) que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2022/23.

Resolución definitiva

Resolución definita PFPPs
Resolución definitiva PFPPs

Resolución definitiva PFPPs

Summary: 

Undefined

Resolución pola que se resolve a do 12 de setembro de 2022 na que se convocou a selección de plans de formación permanente do profesorado (PFPP) que se van a implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2022/23

Resolución definitiva PFPP
Resolución definitiva PFPP

Programa de formación “Observa_Acción: Desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”

Summary: 

Programa formativo para a observación e intercambio entre iguais.
Gallego

O programa Observa_Acción ten como finalidade fomentar o desenvolvemento profesional nas Competencias Profesionais Docentes para a cooperación e colaboración, a construción conxunta de coñecemento e o liderado e xestión de centros a través do intercambio de boas prácticas e a observación entre iguais.

Os obxectivos que se perseguen con este programa son os seguintes:

• Experimentar novas vías de formación do profesorado e favorecer a innovación educativa nos centros educativos de Galicia, así como a colaboración con centros doutras comunidades autónomas e/ou países de ámbito europeo.

• Facilitar ao profesorado e aos membros do equipo directivo dun mesmo claustro a posibilidade de observar de forma directa metodoloxías nos procesos de ensino-aprendizaxe, xeitos de relación e comunicación, ou vías de xestión dos recursos propios e alleos, fomentando a adaptación e a aplicación do aprendido na súa praxe diaria.

• Fomentar o traballo en equipo de grupos de profesores/as cun interese común, incluíndo a observación activa da práctica docente de todos os seus membros, establecendo así vías de comunicación para o intercambio de boas prácticas, a reflexión, a formación metodolóxica sobre aspectos innovadores nos procesos organizativos e didácticos e a realización de proxectos de forma conxunta.

• Potenciar o traballo en equipo entre centros educativos con intereses compartidos, establecendo irmandades que fomenten a reflexión sobre aspectos organizativos, metodolóxicos e formativos innovadores para ofrecer unha formación de calidade en beneficio do alumnado.

• Favorecer a internacionalización dos centros educativos, ofrecendo a posibilidade de levar a cabo proxectos con outras Comunidades Autónomas e/ou países, e fomentando a integración reflexiva e contextualizada de innovacións educativas na súa propia práctica docente.

• Aplicar e revisar protocolos de observación de práctica docente e potenciar accións metodolóxicas innovadoras para a mellora dos procesos de aprendizaxe do alumnado.

 

O programa Observa_Acción terá unha duración de dous cursos académicos e desenvolverase en catro fases (dúas en cada ano lectivo):

1. Observa_Acción. Fase Intracentros (Comparte)

2. Observa_Acción. Fase Intercentros (Acolle)

3. Observa_Acción. Fase Estatal (Conecta)

Máis información no portal educativo:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_dx_crrhh_programa_observa_accion_2022-23.pdf

Observa Acción

S2202025 Formación para persoas coordinadoras E-Dixgal

Summary: 

Formación presencial para persoas coordinadoras de E-Dixgal
Gallego

Curso presencial destinado a todos os coordinadores/as do plan E-Dixgal nos centros educativos de Santiago de Compostela e comarca.

Obxectivos del curso:

1.Formar as persoas coordinadoras sobre cuestións técnicas do proxecto E-Dixgal.

2.Crear un espazo vivo de encontro e co-formación coas persoas coordinadoras E-Dixgal dos centros participantes neste proxecto.

3.Formar ás persoas coordinadoras na xestión de grupos e materias no entorno EVA.

 

Datas:

16, 21, 28, 30 de novembro.

Horario:

De 17.00 a 20.00 horas.

Duración:

12 horas

Localización:

Aula 1.9 Centro Autonómico de Formación e Innovación (Santiago de Compostela)

Sesiones de la formación y fechas:

  • Sesión 1: presencial Aula 1.9 CAFI. Coordinación E-Dixgal. Aula E-Dixgal. Infraestrutura tecnolóxica E-Dixgal. Mantemento dos equipos. Aspectos xerais de E-Dixgal.
  • Sesión 2: presencial Aula 1.9 CAFI. Libros dixitais: os contidos dixitais en E-Dixgal (Aula Planeta, SmartClassroom, Edebé On Plus, Pearson)
  • Sesión 3: presencial Aula 1.9 CAFI. Funcionalidades no EVA parte 1: Modo edición, recursos, creación de tarefas, actividades H5P, avaliación, etc.
  • Sesión 3: presencial Aula 1.9 CAFI. Funcionalidades no EVA parte 2: Modo edición, recursos, creación de tarefas, actividades H5P, avaliación, etc.

Relatores:

Jesús Corredoira López

Gadea del Rocío González Iglesias

Más información en FProfe co código da actividade.

S2202025 Formación para persoas coordinadoras E-Dixgal

S2202020 Encontros para especialistas dos departamento de orientación

Gallego

Darán comezo o sábado 12 de novembro no CIFP Compostela coa participación de Narciso Rodríguez e Olga Fernández. Autor e autora do libro "El niño con autismo en la escuela: claves para una inclusión educativa real"

Encontros S2202020
Encontros para especialistas dos departamento de orientación