Skip to Content

Taboleiro

Matrículas de honra 4º ESO

Na foto, acto de entrega do recoñecemento ás matrículas de honra de 4º ESO, curso 2019/2020.

De esquerda a dereita, Noelia e Mariajo, titoras; Helena, Aldara, Ainoha e Sabela; e o director do  centro. Falta na foto Laura.

Parabéns!!

Exames setembro 2020

Achégase calendario de exames da convocatoria extraordinaria de setembro 2020, correspondente ó curso 2019/2020.

Instrucións ABAU

Resumo dos principais aspectos a ter en conta en relación cas ABAU 2020:

As probas da ABAU do alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes serán organizadas pola Comisión 12B con sede na Facultade de Veterinaria

Empregaranse as sete aulas do Pavillón de Aulas, que permite que teñamos unha porta de entrada ao edificio diferente para cada aula. No seguinte enlace podedes ver un mapa da Facultade de Veterinaria. 

https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/centros/veterinaria/descargas/Mapa_Facultade_Veterinaria.jpg

O pavillón de aulas está situado na Estrada da Granxa, aínda que tamén se pode acceder dende a Avenida Alfonso X ou dende a Rúa Carballo Calero. Haberá moitas indicacións para que non haxa ningún problema para atopar o Pavillón de Aulas así como os accesos ás diferentes aulas, pero é recomendable que os estudantes cheguen con tempo suficiente, sobre todo o día da presentación do martes 7. 

O reparto de aulas para o alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes é o seguinte:

202 IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes (Lugo):
Aula 1: A - López Prado
Aula 2: López Rivas - Saavedra Pazos
Aula 3: Salazar Mourelle - Z

Este ano debemos ter en conta o Protocolo ABAU 2020 en Galicia coas normas para as comisión delegadas por mor da COVID-19 que podedes consultar no seguinte enlace.

https://ciug.gal/PDF/protocolo_abau2020.pdf

Será necesario empregar as máscaras en todo momento e se gardará o espazo entre estudantes indicado no gráfico da páxina 6. Os postos están claramente identificados.

O horario das probas está disponible na páxina web

https://ciug.gal/PDF/horarioabau.pdf

Toda esta información pode consultarse na páxina da CiUG

https://ciug.gal/gal/abau

Especialmente importante é ter en conta as instruccións para o alumnado:

https://ciug.gal/PDF/instrucionsabau.pdf

Ánimo e moita sorte a todos!!

Biblioteca: Préstamo de libros para o verán

A semana que vén, o xoves 25 (de 12:00 a 13:30) e o venres 26 (de 10:00 a 13:30) a Biblio estará aberta para quen queira levar en préstamo libros para disfrutar nas vacacións.

Iso sí, respetando sempre as normas de uso da BIblio: empregar mascarilla, lavar as mans antes de manipular ningún libro e máximo dous usuarios/as na Biblioteca mantendo as distancias.

Poderedes cargar as mochilas con ata 10 exemplares.

Matrículas honra Bacharelato 2019-2020

Dirección do centro fixo entrega dun pequeno recoñecemento ao alumnado de segundo de Bacharelato que acadou matrícula de honra no curso 2019-2020.

De esquerda a dereita: Mario, Malena, María, Alberto, Ana, Arturo e Janire.

Parabéns!

Devolución libros de texto ESO curso 2019-2020 e libros da Biblioteca en préstamo

Achégase calendario para a devolución dos libros de texto en préstamo para o alumnado da ESO.

  • A devolución efectuarase na zona da conserxería sur do centro (lado do CEIP Anexa).
  • Os libros deberán estar en bo estado e sen anotacións. 
  • Por razóns de seguridade non se manipularán os libros no momento da entrega (teñen que vir borrados da casa).
  • Prégase puntualidade.

IMPORTANTE: Ese mesmo día e hora, unha vez devoltos os libros de texto, o alumnado que teña libros da Biblioteca en préstamo deberá achegarse ata esta para a súa devolución.
O alumnado de 1º de Bacharelato procederá á devolucións dos libros da Biblioteca en préstamo o día 19.06.2020, en horario de 10:00 a 13:00.

15 de xuño

2º ESO A   10.30 h
2º ESO B   11 h
2º ESO C   12 h
2º ESO D   12.30 h

16 de Xuño

1º ESO A   10.30 h
1º ESO B   11 h
1º ESO C   12 h
1º ESO D   12.30 h

17 de xuño

3º ESO A   10 h
3º ESO B   11 h
3º ESO C   12 h
3º ESO D   13 h

18 de xuño

4º ESO A   10 h
4º ESO B   10 h
4º ESO C   11 h
4º ESO D   12 h

19 de xuño

1º BAC: Devolución libros Biblioteca

Remate do período lectivo

Calendario final 2º Bacharelato e matrícula ABAU

Achegamos calendario final de 2º de bacharelato elaborado seguindo as instrucións da Circular 2/2020 sobre o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato. 

Engádese tamén o procedemento e calendario para formalizar a matrícula nas probas ABAU.

AVALIACIÓN

ORDINARIA

Entrega de notas

08.06.2020, 09:00 hh Abalar Móbil

Revisión cualificacións ante o profesorado*

Do 08 ó 09.06 (ata as 14:00h)

Reclamacións ante o centro

Do 10 ó 11 de xuño (ata as 14:00h)

Resolución departamento

12 de xuño ata as 19:00 hh.

Notificación da resolución

15 de xuño ás 11:00 no despacho de Dirección

Reclamación ante a C. Supervisión

16 de xuño (ata as  11 horas )

*IMPORTANTE: As reclamacións ante o profesorado faranse telematicamente. En caso de ser necesaria unha entrevista presencial, compre solicitar cita previa ao profesorado afectado.

 INSTRUCCIÓNS MATRÍCULA ABAU 2020.

Día 9 xuño

Envío de notas por Abalar e instrucións ABAU.

 

- Os alumnos teñen que entrar no ligazón https://ciug.gal/gal/abau, onde atoparán:

- instrucións sobre o procedemento de matrícula 

- impresos editables para elixir as materias das que se van examinar 

- impreso de taxas que deberán levar ao banco e pagar se é o caso. De ter exencións, presentarán os xustificantes (orixinal e copia) no centro cando entreguen a matrícula.

- Tamén terán que entrar no seguinte enlace  http://www.atriga.gal/tributos-da-comunidade-autonoma/taxas-e-prezos/confeccion-on-line-impresos para pagar a taxa do título de Bacharelato.        

Do 10 ao 17 de xuño.

- Presentar na oficina do centro os documentos anteriores cubertos e pagados.

  • IMPRESO DE MATRÍCULA
  • IMPRESO DE TAXAS DE ABAU
  • IMPRESO DE TAXAS DE TÍTULO, cos seguintes códigos:
    • Consellería de Educación, Universidade e Fp - código 07
    • Delegación de Servizos Educativos - código 13
    • Servizo de Centros e Inspección Educativa - código 03
    • Taxa: denominación Expedición títulos LOE - código 302003
    • Importe:
      • Tarifa normal: 52,94 euros
      • Tarifa familia numerosa cat.xeral: 26,50 euros
      • Tarifa familia numerosa cat.especial: 0,00 euros
  • fotocopia do DNI en vigor (comprobar caducidade e renovalo se está caducado porque non se admite).
  • En caso de ter exencións, presentar os xustificantes:
    • Certificado servizos se os pais son empregados da universidade.
    • Libro de familia numerosa en vigor.
    • Certificado de discapacidade.
    • Certificado vítima de terrorismo ou violencia de xénero.

 

2º Bacharelato: devolución de libros da Biblioteca

Os días 3 e 4 de Xuño (Mércores e Xoves respectivamente), o alumnado de 2º de Bacharelato deberá devolver os libros que teñan en préstamo na Biblioteca en horario de 10:00 a 13:00.

Información acollida alumnado 1º ESO e tramites inicio curso 2020-21 IES Ollos Grandes

Con motivo do confinamento imposto polo estado de alarma asociado á pandemia polo COVID19, informamos á comunidade educativa, especialmente ás familias procedentes de centros adscritos, dos trámites administrativos a cumplimentar neste final do curso 2019-2020 de cara ó curso vindeiro:

1. PREMATRÍCULA
Ata o 10 de xuño 2020. A formalizar a través de páxina web do centro. Cumprimentar e enviar a través do formulario web creado ó efecto a información e documentación indicada na web.

2. MATRíCULA
Do 01 ao 10 de xullo 2020. Pendente de concretar como se formalizará, Publicarase puntualmente a información na web do centro.

3. ACOLLIDA
O pasado luns, 01 de xuño de 20202 ás 11:00 horas fíxose unha sesión de acollida virtual co alumnado dándolles información sobre as materias a cursar o curso próximo.

Algúns departamentos prepararon material para informar ó alumnado dos contidos da súa materia. Aquí tedes o material aportado

Alemán

Economía

Música

Portugués

Retorno á actividade lectiva presencial

Segundo Resolución do 22.05.2020 pola que se reinicia a actividade lectiva presencial no curso 2019-2020, se determinan as instrucións para o que resta do presente curso e se adoptan medidas de prevención e hixiene para a reapertura parcial, a partir do luns 25 de maio retómanse as clases presenciais, con carácter voluntario, para o alumnado de 2º bacharelato. Pendentes da publicación do protocolo establecido pola Consellería, establécense as seguintes pautas:

Estas clases teñen como obxectivo servir de apoio a aquel alumnado que teña dificultade para acadar os obxectivos do curso ca actual metodoloxía telemática, terán carácter voluntario e darase prioridade ás materias obxecto das probas da ABAU.

O aforo das sesións lectivas, a efectos de manter as medidas de seguridade, limitarase a aproximadamente 10 alumnos por sesión lectiva, dependendo das aulas. O profesorado poñerase en contacto co seu alumnado para organizar as quendas de asistencia entre os interesados que o poidan necesitar.

Requisitos de acceso ó centro:

  • Debe realizarse unha hixiene cotiá e minuciosa de mans, durante polo menos 40 segundos con xabón e auga ou, no seu defecto, con xel hidro alcohólico.
  • Entrar de un en un, mantendo a distancia de seguridade (2 metros).
  • Portar máscara (Haberá máscaras a disposición do alumnado á entrada do edificio).
  • Circular polos pasillos sempre pola dereita e mantendo a distancia de seguridade (2 metros).
  • Acceso ás plantas superiores:
    • Subida pola escaleira Central (a carón do ascensor) 
    • Baixada polas escaleiras Sur (ó lado do CEIP Anexa) e escaleira Norte (a carón do IES Lucus Augusti).

Dentro da aula

  • Entrada e saída das aulas: de un en un e mantendo a distancia de seguridade (2 metros).
  • A hixiene de mans é obrigatoria en cada cambio de aula, a estes efectos na porta de entrada de cada unha das aulas existira un dispensador de solución hidro alcohólica
  • En cada aula existirá unha dotación de panos desbotables e de solución desinfectante para proceder polo alumnado a desinfección do seu pupitre e cadeira , e resto de material empregado (ordenador, rato, teclado, monitor, etc.) con independencia dos traballos efectuados con carácter previo polo persoal de limpeza.
  • O alumnado non compartirá material de uso propio con ningún dos seus compañeiros.

Dadas as circunstancias que estamos a vivir, é especialmente importante manter en todo momento un comportamento cívico e responsable.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut