Charla sobre hábitos de estudio
Interesados enviar correo electrónico á anpaiesollosgrandes@gmail.com, indicando nome e apelidos.
Nesta charla analizamos de maneira práctica como instaurar bos hábitos de estudo no fogar. Abordamos tanto a instauración de bos hábitos no estudo como a eliminación dos malos hábitos e ensinámosvos ás familias como abordar os problemas máis habituais que nos atopamos ao instaurar un estudo eficaz no fogar.
Debemos ter en conta ademais que a instauración de bos hábitos de estudo é beneficiosa non só para mellorar as notas académicas senón tamén para mellorar a autoestima dos nenos, a súa confianza e a súa actitude cara aos estudos e o resto de responsabilidades.
Propoñémosvos varios trucos e formas prácticas de abordar o estudo desde casa e ao final do curso resolveremos dúbidas específicas de como abordar un correcto hábito de estudo. É un curso moi realista que vos expón situacións do día a día e que nos axudará a establecer correctos hábitos á hora de estudar en casa.
O link para asistir, con Skype, non fai falta inscribirse, enviarase ós interesados que se inscriban no correo anpaiesollosgrandes@gmail.com.