Skip to Content

Taboleiro

Calendario final 2º Bacharelato e matrícula ABAU

Achegamos calendario final de 2º de bacharelato elaborado seguindo as instrucións da Circular 2/2020 sobre o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato. 

Engádese tamén o procedemento e calendario para formalizar a matrícula nas probas ABAU.

AVALIACIÓN

ORDINARIA

Entrega de notas

08.06.2020, 09:00 hh Abalar Móbil

Revisión cualificacións ante o profesorado*

Do 08 ó 09.06 (ata as 14:00h)

Reclamacións ante o centro

Do 10 ó 11 de xuño (ata as 14:00h)

Resolución departamento

12 de xuño ata as 19:00 hh.

Notificación da resolución

15 de xuño ás 11:00 no despacho de Dirección

Reclamación ante a C. Supervisión

16 de xuño (ata as  11 horas )

*IMPORTANTE: As reclamacións ante o profesorado faranse telematicamente. En caso de ser necesaria unha entrevista presencial, compre solicitar cita previa ao profesorado afectado.

 INSTRUCCIÓNS MATRÍCULA ABAU 2020.

Día 9 xuño

Envío de notas por Abalar e instrucións ABAU.

 

- Os alumnos teñen que entrar no ligazón https://ciug.gal/gal/abau, onde atoparán:

- instrucións sobre o procedemento de matrícula 

- impresos editables para elixir as materias das que se van examinar 

- impreso de taxas que deberán levar ao banco e pagar se é o caso. De ter exencións, presentarán os xustificantes (orixinal e copia) no centro cando entreguen a matrícula.

- Tamén terán que entrar no seguinte enlace  http://www.atriga.gal/tributos-da-comunidade-autonoma/taxas-e-prezos/confeccion-on-line-impresos para pagar a taxa do título de Bacharelato.        

Do 10 ao 17 de xuño.

- Presentar na oficina do centro os documentos anteriores cubertos e pagados.

  • IMPRESO DE MATRÍCULA
  • IMPRESO DE TAXAS DE ABAU
  • IMPRESO DE TAXAS DE TÍTULO, cos seguintes códigos:
    • Consellería de Educación, Universidade e Fp - código 07
    • Delegación de Servizos Educativos - código 13
    • Servizo de Centros e Inspección Educativa - código 03
    • Taxa: denominación Expedición títulos LOE - código 302003
    • Importe:
      • Tarifa normal: 52,94 euros
      • Tarifa familia numerosa cat.xeral: 26,50 euros
      • Tarifa familia numerosa cat.especial: 0,00 euros
  • fotocopia do DNI en vigor (comprobar caducidade e renovalo se está caducado porque non se admite).
  • En caso de ter exencións, presentar os xustificantes:
    • Certificado servizos se os pais son empregados da universidade.
    • Libro de familia numerosa en vigor.
    • Certificado de discapacidade.
    • Certificado vítima de terrorismo ou violencia de xénero.

 

2º Bacharelato: devolución de libros da Biblioteca

Os días 3 e 4 de Xuño (Mércores e Xoves respectivamente), o alumnado de 2º de Bacharelato deberá devolver os libros que teñan en préstamo na Biblioteca en horario de 10:00 a 13:00.

Información acollida alumnado 1º ESO e tramites inicio curso 2020-21 IES Ollos Grandes

Con motivo do confinamento imposto polo estado de alarma asociado á pandemia polo COVID19, informamos á comunidade educativa, especialmente ás familias procedentes de centros adscritos, dos trámites administrativos a cumplimentar neste final do curso 2019-2020 de cara ó curso vindeiro:

1. PREMATRÍCULA
Ata o 10 de xuño 2020. A formalizar a través de páxina web do centro. Cumprimentar e enviar a través do formulario web creado ó efecto a información e documentación indicada na web.

2. MATRíCULA
Do 01 ao 10 de xullo 2020. Pendente de concretar como se formalizará, Publicarase puntualmente a información na web do centro.

3. ACOLLIDA
O pasado luns, 01 de xuño de 20202 ás 11:00 horas fíxose unha sesión de acollida virtual co alumnado dándolles información sobre as materias a cursar o curso próximo.

Algúns departamentos prepararon material para informar ó alumnado dos contidos da súa materia. Aquí tedes o material aportado

Alemán

Economía

Música

Portugués

Retorno á actividade lectiva presencial

Segundo Resolución do 22.05.2020 pola que se reinicia a actividade lectiva presencial no curso 2019-2020, se determinan as instrucións para o que resta do presente curso e se adoptan medidas de prevención e hixiene para a reapertura parcial, a partir do luns 25 de maio retómanse as clases presenciais, con carácter voluntario, para o alumnado de 2º bacharelato. Pendentes da publicación do protocolo establecido pola Consellería, establécense as seguintes pautas:

Estas clases teñen como obxectivo servir de apoio a aquel alumnado que teña dificultade para acadar os obxectivos do curso ca actual metodoloxía telemática, terán carácter voluntario e darase prioridade ás materias obxecto das probas da ABAU.

O aforo das sesións lectivas, a efectos de manter as medidas de seguridade, limitarase a aproximadamente 10 alumnos por sesión lectiva, dependendo das aulas. O profesorado poñerase en contacto co seu alumnado para organizar as quendas de asistencia entre os interesados que o poidan necesitar.

Requisitos de acceso ó centro:

  • Debe realizarse unha hixiene cotiá e minuciosa de mans, durante polo menos 40 segundos con xabón e auga ou, no seu defecto, con xel hidro alcohólico.
  • Entrar de un en un, mantendo a distancia de seguridade (2 metros).
  • Portar máscara (Haberá máscaras a disposición do alumnado á entrada do edificio).
  • Circular polos pasillos sempre pola dereita e mantendo a distancia de seguridade (2 metros).
  • Acceso ás plantas superiores:
    • Subida pola escaleira Central (a carón do ascensor) 
    • Baixada polas escaleiras Sur (ó lado do CEIP Anexa) e escaleira Norte (a carón do IES Lucus Augusti).

Dentro da aula

  • Entrada e saída das aulas: de un en un e mantendo a distancia de seguridade (2 metros).
  • A hixiene de mans é obrigatoria en cada cambio de aula, a estes efectos na porta de entrada de cada unha das aulas existira un dispensador de solución hidro alcohólica
  • En cada aula existirá unha dotación de panos desbotables e de solución desinfectante para proceder polo alumnado a desinfección do seu pupitre e cadeira , e resto de material empregado (ordenador, rato, teclado, monitor, etc.) con independencia dos traballos efectuados con carácter previo polo persoal de limpeza.
  • O alumnado non compartirá material de uso propio con ningún dos seus compañeiros.

Dadas as circunstancias que estamos a vivir, é especialmente importante manter en todo momento un comportamento cívico e responsable.

 

Fondo solidario de libros de texto para o curso 2020-21

Ven de publicarse a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.

O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (20 de maio de 2020) e rematará o día 19 de xuño de 2020 incluído.

Mais información en www.edu.xunta.es

Calendario exames finais 2º Bacharelato

Relación de datas e horas de probas finais de 2º bacharelato:

 

MATERIA

DÍA

HORA

Inglés

Luns 25

16h00

Historia de España

Luns 25

10h00

Física 2º B

Martes 26

12h00

Química 2º A-B

Mércores 27

12h00

Química 2º C

Mércores 27

11h15

Economía da empresa

Xoves 28

11h45

Bioloxía (Grupo G3)

Mércores 27

16h30

Bioloxía (Grupos G1 + G2)

Xoves 28

18h00

Xeoloxía

Xoves 28

16h30

Historia Filosofía

Venres 22

11h00

Lingua castelá

Martes 26

16h30

Exames materias pendentes

Relación de exames de materias pendentes:

 

MATERIA/CURSO

MARTES 19

MERCORES 20

LUNS 25

MARTES 26

MÉRCORES 27

XOVES 28

INGLÉS 1ºESO

     

16h00

   

INGLÉS 2ºESO

     

18h00

   

INGLÉS 3ºESO

     

16h00

   

INGLÉS 1ºBAC

16h00

         

FÍSICA E QUÍMICA ESO

       

16h00

 

FÍSICA E QUÍMICA 1ºBAC

 

16h00

       

BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 1ºBAC

   

16h30

     

LINGUA CASTELÁ

         

11h00

MÚSICA

         

16h30

Novas datas para as probas do DELF Scolaire 2020

A Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia  de acordo co Centro Nacional de Exames  dos  servizos da Embaixada  de Francia en España confirmaron as novas datas para  as probas do  DELF  Scolaire 2020 (calendario en arquivo adxunto).

 A continuación figuran as opcións ofertadas aos candidatos:

  • Estes realizarán as probas na nova convocatoria do próximo mes de outubro. Neste caso, o alumnado non terá que realizar ningún trámite: o seu  reinscripción será automática.
  •  Se un candidato non quere presentarse en outubro e opta pola convocatoria das probas de  DELF  Scolaire de 2021, poderá solicitar (antes do 26 de xuño de 2020), a través do correo electrónico delfdalf@afcoruna.com, un cambio de matrícula para a devandita convocatoria. Este recibirá unha acreditación válida para o período de inscrición de 2021. Se este alumno decidise presentarse a un nivel superior só tería que abonar a diferenza de taxas de exame.
  •  Se un alumno, por calquera motivo debidamente xustificado, non puidese presentarse en ningunha das convocatorias ofrecidas, poderá solicitar a través do correo electrónico delfdalf@afcoruna.com o reembolso das taxas de matrícula.
  • Os alumnos de 2º de Bacharelato, aínda que xa non pertenzan ao seu centro escolar de referencia, poderán presentarse ás probas na nova convocatoria de outubro de 2020. Igualmente, ofreceráselles a oportunidade de presentarse ás distintas convocatorias de exame  DELF  Tout  Public (versión adulta) establecidas para o ano 2021 (febreiro, xuño, outubro). Para estes efectos, solicitarán un cambio de matrícula (antes do 26 de setembro) e recibirán unha acreditación válida para calquera das devanditas convocatorias.  Neste caso, só abonarán a diferenza do importe das taxas de exame.

Horario de apertura e recomendacións de seguridade

Con motivo do restablecemento do proceso de escolarización para o curso 2020/2021, dende o luns 11 de maio de 2020, as instalacións do centro permanecerán abertas para a recollida de documentación relativa ó mesmo, en horario de 09:00 a 14:00.

A fin de garantir a seguridade de público e o persoal, prégase seguir as seguintes recomendacións no acceso ás instalacións.

  • Acudir co material de protección necesario (recomendable máscara)
  • Esperar quenda de entrada na porta respectando a distancia de seguridade (2 metros)
  • Cando se lle dea entrada, desinfectar mans e pes no recibidor do centro co material á súa disposición.
  • Respectar en todo momento as distancias de seguridade.
  • Adoptar as necesarias medidas de prevención persoal 
  • Ó saír do centro desinfectar tamén as mans co xel desinfectante á súa disposición

Comunicación ás familias 3ro trimestre

Comunicado da dirección do centro relativa ó desenvolvemento das actividades do terceiro trimestre.

Distribuir contido


by Dr. Radut