Skip to Content

Taboleiro

Exames de setembro - Instruccións COVID-19

Á hora de acceder ó centro para a realización dos exames de setembro 2020, deberán seguirse as seguintes instruccións:

1. Antes de vir ó centro o alumnado deberá de facer unha autoavaliación da súa situación seguindo o cuestionario adxunto. (Anexo I)

2. No suposto de non poder acudir ó centro o comunicará telefonicamente (982870003) ou por correo electrónico (ies.nosasenora.ollosgrandes@edu.xunta.es) á Dirección do centro.

3. A máscara será obrigatoria en todo momento.

4. O alumnado esperará  no aparcadoiro, diante da porta principal, a ser chamado polo profesor da materia, que lle indicará ó espazo ó que debe dirixirse. 

5. No centro circularase sempre pola dereita, en fila individual, con máscara e respectando a distancia de seguridade de 1,5 metros.

6. As escaleiras norte (entrada principal) e sur (lado Anexa) utilizaranse preferentemente para baixar e a escaleira central (a carón do ascensor) para subir. As escaleiras de baixada ó patio utilizaranse de forma indistinta para baixar e subir, circulando sempre pola dereita e en fila individual.

7. Entrarase na aula de forma individual e lavaranse as mans co xel hidroalcólico dispoñible dentro da aula.

8. Dentro da aula o alumnado ocupará o posto indicado polo profesorado, desinfectándoo previamente.

9. O alumnado deberá traer o seu propio material de escritura e cálculo que non poderá ser compartido.

10. Unha vez finalizada a proba o alumnado procederá á desinfección do seu posto, lavará as mans e abandonará o centro de maneira ordenada pola porta principal. Non está permitido deambular polo centro.

11. Caso de ter que facer unha proba a continuación, esperará dentro do recinto pero fóra do edificio (, portando máscara e gardando a distancia de seguridade.

Lugo, 31 de agosto de 2020

Dirección

Extracto borrador Plan de Adaptación do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes ó contexto COVID-19

 

Entrega de donativo á Asociación Española contra o Cangro

O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes recibe da presidente da Asociación Española contra o Cangro en Lugo, Mª Luz Abella, un escrito de recoñecemento pola aportación do alumnado de Iniciación á actividade Emprendedora e Empresarial de 4º ESO.

Mercadillo de libros

Achegamos información sobre a iniciativa da ANPA en relación ó mercadillo de libros: 

Prezadas familias,

ante a dificultade por mor do Covid-19 para levar a cabo a celebración do Mercadillo de libros, pensamos en abrir un grupo de whatssap para que os interesados en publicar tanto para vender ou comprar, poidan poñerse en contacto

O teléfono é: 646 22 85 80 ( Berta) O grupo será para facilitar o contacto entre os interesados, será usado con ese único fin, e dende a Anpa estimamos a recomendación de precio de 10 euros por asignatura, e 5 euros para os libros de lectura. Aínda que serán sempre os propios interesados quenes acorden o prezo.

Moitas grazas . un saúdo e moito animo.

A Anpa

Matrículas de honra 4º ESO

Na foto, acto de entrega do recoñecemento ás matrículas de honra de 4º ESO, curso 2019/2020.

De esquerda a dereita, Noelia e Mariajo, titoras; Helena, Aldara, Ainoha e Sabela; e o director do  centro. Falta na foto Laura.

Parabéns!!

Exames setembro 2020

Achégase calendario de exames da convocatoria extraordinaria de setembro 2020, correspondente ó curso 2019/2020.

Instrucións ABAU

Resumo dos principais aspectos a ter en conta en relación cas ABAU 2020:

As probas da ABAU do alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes serán organizadas pola Comisión 12B con sede na Facultade de Veterinaria

Empregaranse as sete aulas do Pavillón de Aulas, que permite que teñamos unha porta de entrada ao edificio diferente para cada aula. No seguinte enlace podedes ver un mapa da Facultade de Veterinaria. 

https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/centros/veterinaria/descargas/Mapa_Facultade_Veterinaria.jpg

O pavillón de aulas está situado na Estrada da Granxa, aínda que tamén se pode acceder dende a Avenida Alfonso X ou dende a Rúa Carballo Calero. Haberá moitas indicacións para que non haxa ningún problema para atopar o Pavillón de Aulas así como os accesos ás diferentes aulas, pero é recomendable que os estudantes cheguen con tempo suficiente, sobre todo o día da presentación do martes 7. 

O reparto de aulas para o alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes é o seguinte:

202 IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes (Lugo):
Aula 1: A - López Prado
Aula 2: López Rivas - Saavedra Pazos
Aula 3: Salazar Mourelle - Z

Este ano debemos ter en conta o Protocolo ABAU 2020 en Galicia coas normas para as comisión delegadas por mor da COVID-19 que podedes consultar no seguinte enlace.

https://ciug.gal/PDF/protocolo_abau2020.pdf

Será necesario empregar as máscaras en todo momento e se gardará o espazo entre estudantes indicado no gráfico da páxina 6. Os postos están claramente identificados.

O horario das probas está disponible na páxina web

https://ciug.gal/PDF/horarioabau.pdf

Toda esta información pode consultarse na páxina da CiUG

https://ciug.gal/gal/abau

Especialmente importante é ter en conta as instruccións para o alumnado:

https://ciug.gal/PDF/instrucionsabau.pdf

Ánimo e moita sorte a todos!!

Biblioteca: Préstamo de libros para o verán

A semana que vén, o xoves 25 (de 12:00 a 13:30) e o venres 26 (de 10:00 a 13:30) a Biblio estará aberta para quen queira levar en préstamo libros para disfrutar nas vacacións.

Iso sí, respetando sempre as normas de uso da BIblio: empregar mascarilla, lavar as mans antes de manipular ningún libro e máximo dous usuarios/as na Biblioteca mantendo as distancias.

Poderedes cargar as mochilas con ata 10 exemplares.

Matrículas honra Bacharelato 2019-2020

Dirección do centro fixo entrega dun pequeno recoñecemento ao alumnado de segundo de Bacharelato que acadou matrícula de honra no curso 2019-2020.

De esquerda a dereita: Mario, Malena, María, Alberto, Ana, Arturo e Janire.

Parabéns!

Devolución libros de texto ESO curso 2019-2020 e libros da Biblioteca en préstamo

Achégase calendario para a devolución dos libros de texto en préstamo para o alumnado da ESO.

  • A devolución efectuarase na zona da conserxería sur do centro (lado do CEIP Anexa).
  • Os libros deberán estar en bo estado e sen anotacións. 
  • Por razóns de seguridade non se manipularán os libros no momento da entrega (teñen que vir borrados da casa).
  • Prégase puntualidade.

IMPORTANTE: Ese mesmo día e hora, unha vez devoltos os libros de texto, o alumnado que teña libros da Biblioteca en préstamo deberá achegarse ata esta para a súa devolución.
O alumnado de 1º de Bacharelato procederá á devolucións dos libros da Biblioteca en préstamo o día 19.06.2020, en horario de 10:00 a 13:00.

15 de xuño

2º ESO A   10.30 h
2º ESO B   11 h
2º ESO C   12 h
2º ESO D   12.30 h

16 de Xuño

1º ESO A   10.30 h
1º ESO B   11 h
1º ESO C   12 h
1º ESO D   12.30 h

17 de xuño

3º ESO A   10 h
3º ESO B   11 h
3º ESO C   12 h
3º ESO D   13 h

18 de xuño

4º ESO A   10 h
4º ESO B   10 h
4º ESO C   11 h
4º ESO D   12 h

19 de xuño

1º BAC: Devolución libros Biblioteca

Remate do período lectivo

Calendario final 2º Bacharelato e matrícula ABAU

Achegamos calendario final de 2º de bacharelato elaborado seguindo as instrucións da Circular 2/2020 sobre o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato. 

Engádese tamén o procedemento e calendario para formalizar a matrícula nas probas ABAU.

AVALIACIÓN

ORDINARIA

Entrega de notas

08.06.2020, 09:00 hh Abalar Móbil

Revisión cualificacións ante o profesorado*

Do 08 ó 09.06 (ata as 14:00h)

Reclamacións ante o centro

Do 10 ó 11 de xuño (ata as 14:00h)

Resolución departamento

12 de xuño ata as 19:00 hh.

Notificación da resolución

15 de xuño ás 11:00 no despacho de Dirección

Reclamación ante a C. Supervisión

16 de xuño (ata as  11 horas )

*IMPORTANTE: As reclamacións ante o profesorado faranse telematicamente. En caso de ser necesaria unha entrevista presencial, compre solicitar cita previa ao profesorado afectado.

 INSTRUCCIÓNS MATRÍCULA ABAU 2020.

Día 9 xuño

Envío de notas por Abalar e instrucións ABAU.

 

- Os alumnos teñen que entrar no ligazón https://ciug.gal/gal/abau, onde atoparán:

- instrucións sobre o procedemento de matrícula 

- impresos editables para elixir as materias das que se van examinar 

- impreso de taxas que deberán levar ao banco e pagar se é o caso. De ter exencións, presentarán os xustificantes (orixinal e copia) no centro cando entreguen a matrícula.

- Tamén terán que entrar no seguinte enlace  http://www.atriga.gal/tributos-da-comunidade-autonoma/taxas-e-prezos/confeccion-on-line-impresos para pagar a taxa do título de Bacharelato.        

Do 10 ao 17 de xuño.

- Presentar na oficina do centro os documentos anteriores cubertos e pagados.

  • IMPRESO DE MATRÍCULA
  • IMPRESO DE TAXAS DE ABAU
  • IMPRESO DE TAXAS DE TÍTULO, cos seguintes códigos:
    • Consellería de Educación, Universidade e Fp - código 07
    • Delegación de Servizos Educativos - código 13
    • Servizo de Centros e Inspección Educativa - código 03
    • Taxa: denominación Expedición títulos LOE - código 302003
    • Importe:
      • Tarifa normal: 52,94 euros
      • Tarifa familia numerosa cat.xeral: 26,50 euros
      • Tarifa familia numerosa cat.especial: 0,00 euros
  • fotocopia do DNI en vigor (comprobar caducidade e renovalo se está caducado porque non se admite).
  • En caso de ter exencións, presentar os xustificantes:
    • Certificado servizos se os pais son empregados da universidade.
    • Libro de familia numerosa en vigor.
    • Certificado de discapacidade.
    • Certificado vítima de terrorismo ou violencia de xénero.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut