Dinamización Lingüística

Departamento de Dinamización Lingüística

Día de Rosalía

O vinte e tres de febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela Rosalía de Castro, a mestra do Rexurdimento, a escritora das escritoras e autora da primeira obra impresa escrita en galego.  Por este motivo se institucionalizou o Día de Rosalía o vinte e tres de febreiro e no IES de Monterroso celebrámolo  cun recital de poemas desta autora dos seus libros Follas Novas e Cantares gallegos a cargo dalgúns alumnos de 3º e 4º da ESO.

 

Día Rosalía 2022 Día Rosalía 2022
Día Rosalía 2022

Entrega de premios do EDL

EDL O día vinte e un de decembro de 2021, fíxose entrega dos premios acadados durante o primeiro trimestre nos distintos concursos que o EDL convocou ó longo do trimestre en colaboración co departamento de L. Galega e L. e co Grupo de Traballo da Biblioteca.

Os xurados que se reuniron para valorar os traballos presentados a estes concursos estaban formados por dous profesores, dous alumnos (que non participaban no concurso) un membro do persoal non docente e a coordinadora do EDL que actuou como secretaria con voz pero sen voto. Estes xurados tiveron moi difícil a escolla dada a calidade dos traballos presentados.

  • A alumna Xiana Fernández Fente de segundo da ESO A acadou TRES destes premios: o primeiro premio do Concurso de Relatos de Terror, o segundo premio do Concurso de Relatos de Nadal e o segundo premio do Concurso de Postais de Nadal.
  • A alumna Iria Vázquez López de segundo da ESO A acadou DOUS premios: o primeiro premio do concurso de Relatos de Nadal, o segundo premio do Concurso de Relatos de Terror.
  • O primeiro premio do Concurso de Postais de Nadal gañouno Naiara Fernández Conde de 3º da ESO B.
  • O terceiro premio do Concurso de Relatos de Terror foi para Ángela García García de 1º ESO A.
  • A alumna Lucía Vázquez Gómez de 1º de BAC A levou o 3º premio no Concurso de relatos de Nadal.

As postais presentadas ó concurso expuxéronse nun taboleiro na entrada principal do IES. Na montaxe do taboleiro participou o alumnado de 3º de PMAR e de FPBII.

 

MARCAPÁXINAS "XELA ARIAS". PROXECTO ETWINNING

Con motivo do Día das Letras Galegas realizouse unha exposición con marcapáxinas elaborados polo alumnado de FP Básica e 1º de CM nos módulos “Ofimática e Arquivamento de documentos”, “Operacións auxiliares para a configuración e a explotación” e  “Aplicacións Ofimáticas”.

 

Este alumnado participou no 11º Concurso Europeo de Marcapáxinas, o cal está enmarcado dentro do proxecto eTwinning “Letras Galegas 2021- Xela Arias. O obxectivo deste proxecto é difundir a lingua e literatura galega traballando nun proxecto colaborativo a nivel europeo e nesta edición participaron centros de España e Portugal.

  

O xurado do concurso concedeu un accésit ao marcapáxinas da alumna de 1º FP Básica, Érica Fernández García.

 

 

 

Entrega de premios de concursos

Hoxe día 22 foi a entrega de premios dos concursos realizados neste trimestre:

Foron convocados polo Equipo de Dinamización Lingüística coa colaboración do Grupo de Traballo da Biblioteca o departamento de L. Galega e L. E para o concurso de postais tamén colaborou o departamento de Plástica.

Podes ver algunhas imaxes da entrega de premios nos seguintes enlaces:

Concurso de postais de Nadal

O equipo de dinamización de Lingua Galega organizou un concurso de postais de Nadal coa colaboración do departamento de artes plásticas. 

 

EXPOSICIÓN DE POSTAIS DE NADAL 2019

No recibidor do instituto están expostas as postais de Nadal realizadas polo alumnado para participar no concurso convocado polo Equipo de Dinamización Lingüística.

PREMIOS DO CONCURSO DE RELATOS E POSTAIS DE NADAL.

Entregáronse os premios do concurso de relatos e postais de Nadal, convocado polo Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca.

 

O primeiro premio do concurso de relatos foi para Sandra Mariño Mourelle, co texto titulado Lembranzas do Nadal.

O segundo premio gañouno Aroa González Vázquez co relato Rescatamos o Nadal.

 

En canto ás postais, o 1º premio foi para Iria Leiro Guerra, mentres que o 2º gañouno Álvaro Fernández Fernández.



 

PREMIOS DO CONCURSO DE RELATOS DE TERROR. SAMAÍN.

O pasado 20 de decembro entregáronse os premios aos gañadores do concurso de relatos de terror, convocado para celebrar o Samaín.

O primeiro premio foi para Jorge Lobato Vázquez, co relato titulado O ciberasasino.

O segundo premio gañouno Ánxela Fernández Otero, con A imaxinación dunha humana.

Finalmente, o terceiro premio entregóuselle a María Suárez Fontao, con Lucía, a vella muller.

SAMAÍN. CONCURSO DE RELATOS DE TERROR

Un ano máis, a Biblioteca e o Equipo de Dinamizacion Língüística convocan o concurso de relatos de terror por estas datas nas que celebramos o Samaín.

 

Para participar debedes ler as seguintes bases.

Para ambientarnos, contamos cunha decoración terrorífica no vestíbulo do centro.

 

 

 

 

 

EXPOSICION SOBRE USOS TRADICIONAIS DE PLANTAS DA ZONA


"O Departamento de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración cos departamentos de Lingua Galega, Inglés, Francés, Latín/grego, Artes Plásticas e Bioloxía e Xeoloxía, veñen de realizar unha exposición sobre usos tradicionais de distintas plantas típicas da zona que permanecerá no recibidor do centro as próximas semanas.

Distribuir contido