Familias

Informacion relevante para as familias

Biblioteca Familiar

Selección de libros relacionados coa educación dos adolescentes dispoñibles para as familias.

Cursos da Federación provincial de asociacións de nais e pais do alumnado de centros de ensino público de Lugo (Fapacel)

A Federación provincial de asociacións de nais e pais do alumnado de centros de ensino público de Lugo (Fapacel) organiza uns cursos de formación para as familias. Na súa páxina de Facebook, atópanse os seguintes, dos que se informa por si fose de interese para as familias:

  • ABALAR: aprende a manexar espazo. Abalar dende a web e a app tanto os servizos ás familias coma a web ca formación e temas de interese. Orientado a familias.
  • CONTROL PARENTAL MÓBIL repasaremos as principais ferramentas de control de tempo, de contidos e de xeolocalización gratuitas para o Móbil.
  • CONTROL PARENTAL PC´S. Repasaremos ferramentas gratuitas de control parental no pc para monitorizar ou bloquear contidos e saber as horas de uso de cada programa ou web.

Os cursos serán ás 20:00.

Ligazón á mensaxe orixinal: https://www.facebook.com/1680278408879967/posts/3104393373135123/

Resultados das Eleccións ao Consello Escolar

Tralas últimas eleccións ao Consello Escolar do IES de Monterroso resultaron elixidos nove novos membros: Tres estudantes, dúas persoas do sector de familias, unha persoa do personal non docente e tres docentes.

Sector alumnado

  • Antón Gontá Álvarez
  • Natalia Fernández Guerreiro
  • Lydia Díaz Sánchez

Sector familias

  • Nuria López Maté
  • Sonia Rodríguez Gómez

Sector personal non docente

  • Mª Soledad García Pacior

Sector docente

  • Mª Luisa Carro Cabaleiro
  • Mª Dolores Mariño Otero
  • Miguel Rico Gómez

Últimas eleccións: Novembro 2021

INSTRUCIÓNS PROBAS SETEMBRO

Co fin de garantir a seguridade e a saúde na realización dos exames, é necesario que tódolos membros da Comunidade Educativa teñan en conta AS SEGUINTES INSTRUCIÓNS:

1.  Deberase entrar ao centro no horario estipulado pola primeira porta (a porta da pedra) LIMPANDO AS MANS AO ENTRAR E SEGUINDO AS INDICACIÓNS DE ENTRADA E SAÍDA. TODOS DEBERÁN TOMARSE A TEMPERATURA ANTES DE VIR.

2.   O uso da máscara é obrigatorio en todo o Centro.

3.  Procurarase manter a distancia de seguridade de 1.5 metros en todo momento.

4.   O alumnado deberá levar o seu propio material de uso persoal para a realización das probas/exame, incluída botella de auga axeitadamente identificada. Recoméndase un pequeno kit hixiénico persoal.

5.   O alumnado permanecerá o tempo imprescindible para a realización do exame e deberá abandonar o centro en canto remate, evitando aglomeracións no interior ou exterior do edificio.

6.   As aulas habilitadas para os exames contan co espazo suficiente para manter a distancia de seguridade entre o alumnado.

7.   Unha vez finalizado o exame, o alumnado deberá poñer a cadeira sobre a mesa ou ben, xirala  para que o servizo de limpeza e desinfección identifique os postos usados. Acto seguido deberá abandonar o Centro.

8.  Nas aulas teredes á vosa disposición xel hidroalcohólico para ser usado na entrada e na saída.

9.  Utilizarase ventilación natural polo que é aconsellable dispoñer dunha prenda de manga larga.

RECORDATORIO: a comunicación das cualificacións está especificada no anexo “Calendario de Setembro”, tamén estarán na aplicación Abalar móbil no seguinte horario:

− 2º BAC: día 3, xoves, ás 12.00 h

− ESO e 1º Bacharelato: venres, día 4, ás 9 horas

IMPORTANTE: o alumnado que se matricule de Bacharelato, 4º de ESO e FPB deberá facelo urxentemente de forma presencial na secretaría del Centro, os días 7 e 8 de setembro.

MATRÍCULA

Iníciase o proceso de matrícula. O prazo será dende o 1 de xullo ata o 9 de xullo. Pola saúde de todos e para evitar aglomeracións nas oficinas do centro, rogamos que se respecten os turnos establecidos.

As quendas para a entrega de documentación é a seguinte:

01/07/20
(mércores)
Alumnado que se matricula en 1ºBac. (09:00-11:00) e 2º Bac. (11:00-14:00) 07/07/20
(martes)
Alumnado que no curso 19-20 estivo en 2º B
02/07/20 (xoves) Alumnado que no curso 19-20 estivo en 3º A 08/07/20
(mércores)
Alumnado que no curso 19-20 estivo en 1º A
03/07/20
(venres)
Alumnado que no curso 19-20 estivo en 3º B 09/07/20
(xoves)
Alumnado que no curso 19-20 estivo en 1º B
06/07/20
(luns)
Alumnado que no curso 19-20 estivo en 2º A    

A matrícula de dous ou tres alumnos/as da mesma familia, poderase facer no mesmo día (nun dos días que lles corresponda). 

 

No caso de que ao alumno/a non lle sexa posible facer a matrícula na data estipulada, deberase comunicar co centro para buscar outra data máis axeitada.

INSTRUCIÓNS DE FIN DE CURSO

- ENTREGA DE NOTAS E CONSELLO ORIENTADOR

- DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO-DEVOLUCIÓN DE LIBROS DA BIBLIOTECA

- DEVOLUCIÓN DE CHAVES DAS TAQUILLAS (só alumnado que se marcha do instituto)

- RECOLLIDA DO SOBRE DE MATRÍCULA (só para alumnado que aprobe en xuño).

PROCEDEMENTO:

  • As notas poderanse consultar por Abalar móbil a partir do 23 de xuño ás 18:00 horas, pero aínda así entregaranse en papel xunto co Consello Orientador.
  • Deberase entrar ao centro no horario estipulado pola primeira porta (a porta da pedra) CON MASCARILLA, GARDANDO A DISTANCIA DE SEGURIDADE, LIMPANDO AS MANS AO ENTRAR E SEGUINDO AS INDICACIÓNS DE ENTRADA E SAÍDA. TODOS DEBERÁN TOMARSE A TEMPERATURA ANTES DE VIR.
  • Non é preciso que as taquillas queden baleiras este ano. Se algún alumno/a precisa recoller algo da súa taquilla, debe traer a chave e comentarllo a alguén do equipo directivo.
  • Unha vez no centro, entregaranse os libros de texto e da biblioteca. AQUELAS E AQUELES QUE NON DEVOLVAN OS LIBROS PERDEN O DEREITO AO PRÉSTAMO DE LIBROS E AO CHEQUE DE MATERIAL NO PRÓXIMO CURSO. Agora en xuño devolveranse os libros das materias aprobadas. En setembro devolveranse os restantes.
  • Unha vez devoltos os libros, recolleranse as notas, o consello orientador e o sobre de matrícula (aqueles que aproben en xuño).


DATAS E HORARIOS PARA O PROCEDEMENTO ANTERIOR:

XOVES 25 DE XUÑO VENRES 26 DE XUÑO
09:00-10:00 1º ESO A 09:00-10:00 3º ESO A
10:15-11:15 1º ESO B 10:15-11:15 3º ESO B
11:30-12:30 2º ESO A 11:30-12:30 4º ESO A
12:45-13:45 2º ESO B 12:45-13:45 4º ESO B
14:00 1º BAC. 14:00 FPB/FP

 
 
NOTA: No sobre de matrícula inclúese información sobre os turnos de matrícula en xullo.

CONVÓCANSE PRAZAS DE RESIDENCIA NOS CENTROS RESIDENCIAS DOCENTES DA CORUÑA, OURENSE E VIGO PARA REALIZAR ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS NON UNIVERSITARIOS NO CURSO 2020-2021

ORDE do 29 de maio de 2020 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2020/21 (código de procedemento ED306A).
 
Destinarios: alumnado que o vindeiro curso 2020/2021, inicie ou continue estudos postobrigatorios non universitarios.

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Periodo ordinario: Entre o 10 de xuño e o 3 de agosto para o alumnado matriculado en ciclos formativos (este incluído)
  • Periodo extraordinario:  entre o 15 e o 22 de setembro de 2020 (ambos incluídos).

Os formularios normalizados para a solicitude están disponibles:

A documentación que hai que entregar está detallada no ANEXO I e no artigo 23 da convocatoria de prazas.

FONDOLIBROS

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR O PRÉSTAMO DE LIBROS E AS AXUDAS PARA A COMPRA DE MATERIAL ESCOLAR.
O prazo rematará o 19 de xuño.
As solicitudes poderán ser presentadas de forma telemática
ou presencial.

No caso de que prefiran a entrega presencial, esta deberase facer previa convocatoria do centro: proximamente serán convocados mediante unha mensaxe de móbil e na propia páxina web para a entrega das solicitudes. 

1.-Carta informativa do centro.    

2.-Orde do 12 de maio de 2020 (DOG, 19 de maio de 2020). 

3.-Descarga de solicitudes. (Preferiblemente, descargar con Google Chrome, cubrir en el propio documento e imprimir posteriormente).

4.-Instrucións para cubrir as solicitudes

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021

IMPORTANTE!!

Admisión de alumnado para o curso 2020-2021  do 11 ao 18 de maio. Só para alumnado que non curse estudos no presente curso no IES de Monterroso.

Con motivo do restablecemento de este proceso, as instalacións do centro permanecerán abertas para a recollida de documentación.

Horario de oficina: de 09:00 a 14:00 horas.

Seguindo as recomendacións sanitarias só se poderán realizar TRÁMITES PRESENCIAIS mediante CITA PREVIA(Teléfono: 982 870573)

A fin de garantir a seguridade de público e o persoal, prégase seguir as seguintes recomendacións no acceso ás instalacións.

  • Acudir co material de protección necesario (recomendable máscara)
  • Esperar quenda de entrada na porta respectando a distancia de seguridade (2 metros)
  • Respectar en todo momento as distancias de seguridade.
  • Adoptar as necesarias medidas de prevención persoal.

As CONSULTAS e solicitudes de INFORMACIÓN seguirán sendo atendidas a través de TELÉFONO e CORREO ELECTRÓNICO

Teléfono: 982 870573  Urxencias: 645398888      Correo: ies.monterroso@edu.xunta.es

O alumnado procedente doutros centros presentará unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. Dita solicitude poderá presentarse:

De xeito telemático na aplicación admisionalumnadono menú: 2. Solicitudes – 2.2 Admisión – 2.2.2 Crear

Clicar aquí    

Na secretaría do centro. Para axilizar os trámites, descargar  e cubrir o seguinte  IMPRESO. Sempre con CITA PREVIA NO TELÉFONO 982 870573

 

RECURSOS EDUCATIVOS

No apartado Alumnado -> Recursos educativos desta páxina web, o profesorado informará de recursos educativos que poden ser de interese para o alumnado.

Distribuir contido