Localización

Localización

O Concello de Monterroso é un dos municipios integrantes da comarca de A Ulloa, comarca cunha extensión considerable, 447,6 Km2 con algo máis de 500 entidades de poboación xunto con Palas de Rei e Antas de Ulla.

O Concello de Monterroso conta cunha extensión de 114,6 Km2 e sitúase no Suroeste da provincia de Lugo. A súa situación dentro da Comunidade Autónoma de Galicia é privilexiada, situándose practicamente no centro desta.

Xeograficamente Monterroso limita cos seguintes concellos:

  • Norte: Guntín e Palas de Rei.
  • Oeste: Palas de Rei e Antas de Ulla.
  • Este: Portomarín, Taboada e Guntín.
  • Sur: Taboada e Antas de Ulla.

Monterroso conta cunha boa comunicación na rede de estradas: Estrada N-640 (Vegadeo-Pontevedra-Porto de Vilagarcía), comarcal de Palas e Taboada, estradas locais que anoan coa de Santiago e a de Ourense e rede doutras estradas que comunican a todas as parroquias do municipio. Ademais conta tamén con varias liñas de autobuses que viaxan a Bilbao, Vigo, A Coruña, Ourense e Santiago de Compostela.