IES de Monterroso
Enderezo: Rúa Salvador Arotzarena,16 27560 Monterroso - Lugo
Teléfono: 982 87 05 73 Teléfono de urxencias: 645 38 98 88
Correo electrónico: ies.monterroso@edu.xunta.es
CALENDARIO SETEMBRO. CURSO 2024/2025
PRESENTACIÓNS E COMEZO DAS CLASES EN SETEMBRO
Mércores 11 de setembro: Presentacións Ciclos I- II (09.30h)
FPB I (10.00h)
1º ESO (10.30h)
Xoves 12 de setembro: Presentacións 2º ESO (09.30h)
3º ESO (11.00h)
4º ESO (11.45h)
Venres 13 de setembro: Presentacións 2º BAC (09.00h) Presentación e inicio das clases.
1º BAC (10.00h) Presentación.
As presentacións terán lugar no SALÓN DE ACTOS.
Libros de texto. Curso 2024/2025
Pódese consultar a listaxe de libros de texto para o curso 2024/2025 no seguinte enlace.
É aconsellable falar co profesorado en setembro antes de comprar os libros, xa que hai profesorado que non os precisa.
*Préstamo de libros
O alumnado deberá devolver os libros de texto prestados o día da entrega de notas en xuño.
Actividades náuticas e visita paisaxística
Actividades Náuticas na Ría de Arousa e recollida de lixo na Praia de Cabío. Visita ás Dunas de Corrubedo, A Pedrá da Ra e o Dolmen de Axeitos co alumnado de 2° e 3° de ESO, organizado polos Departamentos de Francés e de Música.
Entrega de notas
A entrega de notas terá lugar o próximo mércores 26 de xuño.
As notas para a ESO entregaranse na aula B5. As notas de Ciclos e 1º BAC entregaranse nas aulas dos titores.
No momento de entrega das notas, deben devolverse os libros de texto e os que foron prestados na biblioteca. Se non se devolven os libros, non se entregarán os boletíns de notas.
Os horarios da entrega de notas son os seguintes:
- 1º ESO e 2º ESO: 9.30h
- 3º ESO, 4º ESO e 4º PDC: 10.30h
- 1º BAC e Ciclos: 11:00h
Admisión FP 2024-2025
Atópase aberto o proceso de admisión para cursar ciclos de Formación Profesional durante o curso 2024/2025. Na seguinte ligazón pódense consultar os prazos e as instrucións do proceso:
No curso 2024/2025 o noso centro ofertará os seguintes ciclos:
- Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes (Oferta ordinaria)
- FP básica de Informática de Oficina
Intercambio co IES Faro das Lúas
Este curso o EDLG en colaboración co departamento de Lingua e L. Galega coordinou un intercambio co IES Faro das Lúas de Vilanova de Arousa. Este intercambio durará dous cursos, 23/24 e 24/25. Neste proxecto participou o alumnado de 3º da ESO dos dous centros. Durante o curso mantiveron unha relación epistolar e o día dezaoito de xuño invitáronnos a pasar unha xornada de convivencia en Vilanova de Arousa durante a cal se coñeceron persoalmente e forxaron amizade.
Foi un día inesquecible, tras as presentacións amosáronnos o seu centro e despois acompañáronnos a facer un roteiro guiado polos principais puntos da vila con visita á casa de Valle-Inclán. Despois de invitarnos a xantar leváronnos á praia do Terrón onde a rapazada participou nunha serie de xogos inclusivos ademais de gozar da paisaxe mariña.
Durante o curso 24/25 continuaremos co intercambio e co mesmo alumnado que estará en 4º da ESO, seguirán mantendo unha relación epistolar e tocaranos a nós facer de anfitrións.
Este intercambio pensouse cun centro da costa para que o alumnado poida comparar as variantes dialectais, ver as diferenzas costa-interior...
Pasámolo xenial e foi moi produtivo. Agora só queda agardar a que comece o curso para continuar co proxecto e de momento descansar e gozar das vacacións que temos ben merecidas, non sen antes agradecer ó IES Faro das Lúas, ó seu EDLG e en particular á Fátima, Raquel e a Kito pola atención que tiveron con nós.
Moitas grazas e ata setembro.
Bo período de lecer!
Camiño de Santiago
Coma todos os anos o EDLG remata o curso coa realización dun tramo do Camiño de Santiago. Este ano tocou Triacastela-Sarria, un tramo moi fermoso con partes máis difíciles e con partes máis doadas pero todas elas cheas de encanto. Nesta actividade plurianual e interdisciplinar o noso alumnado e o profesorado acompañante puideron observar a flora e a fauna desta zona de Galicia, a variante dialectal, os tipos de construcións, os teitos...
Esta é unha experiencia marabillosa e xa estamos pensando na etapa Sarria-Portomarín que nos toca para o curso vindeiro.
Ata o ano!
Conferencia Xavier Senín
O día vinte e catro de maio tivemos a honra e o pracer de ter con nós a Xavier Senín, autor do libro de relatos O alfaiate portugués, que o alumnado de 4º da ESO e de 1º de BAC leu no terceiro trimestre.
Xavier falounos do seu libro, de como naceu a idea, a estrutura de cada texto, de onde saen as historias e fixo fincapé nas que se localizan en Antas e Monterroso.
Tamén nos explicou que é un escritor, se se pode vivir de escribir e citou algúns exemplos…
Por último dedicou un tempo a asinar exemplares.
Foi un encontro moi produtivo que agardamos que se poida repetir.
Grazas Xavier por todo.
Ata outra.
Actividade coordinada polo EDLG