Música

Departemento de Música

ACTIVIDADES DE NADAL 2020

O venres 20 de decembro desenvolvéronse diferentes actividades como antesala das vacacións de Nadal.

Contamos coa actuación de Mircromina títeres, patrocinada pola ANPA do instituto, á que asistíu o alumnado da ESO.

A continuación disfrutamos dunha actuación musical organizada polo departamento de Música.

ABRAHAM CUPEIRO NO IES DE MONTERROSO

O pasado venres día 11 de outubro, tivemos o pracer de contar no IES de Monterroso co afamado artista ABRAHAM CUPEIRO.
Construtor e trompetista, Abraham recupera e pon en valor o patrimonio artístico e cultural do pasado. A súa obra baséase no interese, compilación e construción de instrumentos musicais perdidos no tempo para o seu emprego na música actual, mesturando ditas sonoridades coas música de hoxe en día.

A actividade, programada polo departamento de Música, desenvolveuse no Salón de Actos do propio IES ante a presenza do alumnado de Música 3º e 4º de ESO, e de Hª da Música de 2ª de Bacharelato. 

 

FESTIVAL DE FIN DE CURSO. JUNIO 2018

Rematamos o curso 2017-2018 cun festival, no que participou alumnado de diferentes niveis.

EL CAMINO MUSICAL

O alumnado de música representou o musical titulado "El camino musical", baseado no libro de Manuel Riveiro "De Roncesvalles a Compostela". O encargado de dirixir o musical foi o profesor Rodrigo Vázquez.

FESTIVAL DE ENTROIDO

O venres 9 de febreiro no IES de Monterroso celebramos o entroido con diferentes actividades.

VIAXE CULTURAL A VIGO E SANTIAGO

O xoves 25 de xaneiro o alumnado de 3º de ESO viaxou a Vigo para visitar o Museo do Mar. Os rapaces e rapazas puideron admirar o Pergamiño Vindel, que se atopa alí exposto temporalmente.

NADAL 2017

O día 21 de decembro desenvolvéronse diferentes actividades para celebrar o Nadal.

Luns día 30 de xaneiro: Día da Paz

Luns día 30 de xaneiro: Día da Paz

Para conmemorar esta data tan especial, alumnos e profesores do IES de Monterroso, interpretaron á hora no recreo no Salón de Actos pezas musicais que nos emocionaron a todos.

Festival de Nadal

Nadal 2011Un ano máis a tradicional celebración do Nadal correrá a cargo dos profesores do Departamento de Música, Rodrigo Vázquez e Carmen Sarmiento. O alumnado de Música presentará variadas pezas musicais propias destas datas.

Día das Letras Galegas 2011

A tarde do pasado luns día 30 de maio celebrouse o Día das Letras Galegas no centro.

Distribuir contido