Todos os alumnos

Todos os alumnos do centro

Libros de texto. Curso 2024/2025

 

Pódese consultar a listaxe de libros de texto para o curso 2024/2025 no seguinte enlace. 

 

É aconsellable falar co profesorado en setembro antes de comprar os libros, xa que hai profesorado que non os precisa.

 

*Préstamo de libros

O alumnado deberá devolver os libros de texto prestados o día da entrega de notas en xuño.

 

Revista escolar do curso 2023-2024: A Leira dos Trasnos

Temos o pracer de anunciar a saída da revista do curso escolar 2023-2024. Preme na imaxe da portada para descargala.

 

Camiño de Santiago

Coma todos os anos o EDLG remata o curso coa realización dun tramo do Camiño de Santiago. Este ano tocou Triacastela-Sarria, un tramo moi fermoso con partes máis difíciles e con partes máis doadas pero todas elas cheas de encanto. Nesta actividade plurianual e interdisciplinar o noso alumnado e o profesorado acompañante puideron observar a flora e a fauna desta zona de Galicia, a variante dialectal, os tipos de construcións, os teitos...

Esta é unha experiencia marabillosa e xa estamos pensando na etapa Sarria-Portomarín que nos toca para o curso vindeiro.

Ata o ano!

 

Encontros coas familias

No IES de Monterroso retomamos os encontros coas familias. Agardámosvos!

 

Visita ao MUVI

O alumnado do Clube de Xogos de Mesa e Videoxogos do instituto e parte do alumnado do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes fixo recentemente unha visita ao Museo do Videoxogo (MUVI), situado en Cangas do Morrazo. O MUVI é o único museo do videoxogo que existe en Galicia e un dos poucos que existen en España.

Ademais de visitar o museo e probar as súas máquinas, os alumnos participaron en dous obradoiros nos que puideron ver a gran influencia que teñen a literatura e os ordenadores na creación de videoxogos.

Concurso de Postais de Nadal

O alumnado do IES de Monterroso quixo felicitarnos o Nadal cunhas preciosas postais que presentou ao concurso convocado polo EDLG. O xurado tivo moi difícil a escolla dada a calidade dos traballos. Estas postais expuxéronse no taboleiro da entrada do IES.

As gañadoras foron:

1º PREMIO - Thais Otero Veiga (2º ESO A)

2º PREMIO - Claudia García Prado (2º ESO B)

 

Distribuir contido