Todos os alumnos

Todos os alumnos do centro

Camiño de Santiago

O día trece de xuño, e xa como remate das actividades do EDLG, realizouse a última etapa do Camiño de Santiago( Pedrouzo-Santiago). Esta foi unha actividade plurianual que se comezou a facer no curso 2012/2013 coa etapa Cebreiro-Triacastela e que tras o parón dos dous últimos anos por mor da covid puidemos rematar este curso. A actividade tivo moitísima aceptación e un total de noventa e cinco alumnos/-as o oito profesores/-as puxémonos a andar desde Pedrouzo ata Compostela. Dado que este tamén foi considerado Ano Santo puidemos acceder á catedral pola Porta Santa.

Foi unha experiencia marabillosa, ata o punto de que para o ano pensamos repetir e comezar outra vez coa etapa Cebreiro-Triacastela.

Ata o ano!

foto foto foto foto foto foto

Celebración do Día das Letras Galegas e actuación musical de Falcatrueiros

Este venres 13 de maio, e con motivo do Día das Letras Galegas do 17 de maio, os alumnos Nerea Gómez Fernández de 4º da ESO A e Rodrigo Otero Pardo de 3º da ESO B deron unha pequena conferencia sobre Florencio Delgado Gurriarán.

A continuación a Asociación Falcatrueiros de Monterroso interpretou pezas musicais en galego (dáse a casualidade que os membros da asociación que actuaron son alumnado do IES de Monterroso)

Cun tempo inmellorable, todo o alumnado do centro desfrutou da actuación.

Falcatrueiros 2022 Falcatrueiros 2022
Falcatrueiros 2022 Falcatrueiros 2022

Seguimos celebrando as nosas Letras

Como todos os anos, a Consellería de Educación enviou uns carteis sobre o autor ó que se lle adica o Día, este ano a Florencio Delgado Gurriarán. Fíxose unha exposición con estes carteis e o noso alumnado foi buscar alí información para realizar os traballos que as profes de galego lle pediron.

Letras Galegas 2022 Letras Galegas 2022 Letras Galegas 2022

Concurso de videopoemas

Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía de Castro, Florencio Delgado Gurriarán ou calquera outro autor ou autora da literatura galega.

Concurso destinado a todo o alumnado do IES. A participar individualmente ou en grupo.

TEMÁTICA
Os videopoemas consistirán nunha presentación dixital ou vídeo baseado nunha composición poética en galego de Rosalía, Florencio Delgado Gurriarán  ou calquera outro poeta galego. O poema deberá aparecer nalgún momento, ben sexa impreso, recitado ou en calquera outra opción que se considere.

FORMATO
Os videopoemas presentaranse preferiblemente en formato MP4 e non poderán superar os 3 minutos, incluídos créditos se os houber. As obras deben ser orixinais e inéditas. En caso de usar música, textos ou imaxes alleas, deberán ser materiais libres de dereitos de autor.

PRAZOS
O alumnado participante deberá enviar o seu traballo antes do 20 de maio, por correo electrónico, ó enderezo edlgmonterroso@gmail.com
No corpo da mensaxe deben sinalar o título do videopoema, a persoa autora ou autoras e o curso no que están.

PREMIOS
Os dous mellores traballos presentados recibirán un vale de 40 euros para mercar libros ou material en lingua galega.
Os premios son únicos, independentemente do número de persoas que participen na realización dos videopoemas premiados.

Entroido 2022

E pouco a pouco chegou o Entroido e os investigadores de 1º da ESO puxéronse a indagar sobre esta festividade en Galicia e os moi larpeiros preguntaron nas súas casas por receitas de lambonadas desta época. Unha vez rematados os traballos expuxéronos en dous taboleiros e polos corredores do IES coa axuda do alumnado de 2º FPB2.

 

Entroido 2022. Mural 1   Entroido 2022. Mural 2

Entrega de premios do EDL

EDL O día vinte e un de decembro de 2021, fíxose entrega dos premios acadados durante o primeiro trimestre nos distintos concursos que o EDL convocou ó longo do trimestre en colaboración co departamento de L. Galega e L. e co Grupo de Traballo da Biblioteca.

Os xurados que se reuniron para valorar os traballos presentados a estes concursos estaban formados por dous profesores, dous alumnos (que non participaban no concurso) un membro do persoal non docente e a coordinadora do EDL que actuou como secretaria con voz pero sen voto. Estes xurados tiveron moi difícil a escolla dada a calidade dos traballos presentados.

  • A alumna Xiana Fernández Fente de segundo da ESO A acadou TRES destes premios: o primeiro premio do Concurso de Relatos de Terror, o segundo premio do Concurso de Relatos de Nadal e o segundo premio do Concurso de Postais de Nadal.
  • A alumna Iria Vázquez López de segundo da ESO A acadou DOUS premios: o primeiro premio do concurso de Relatos de Nadal, o segundo premio do Concurso de Relatos de Terror.
  • O primeiro premio do Concurso de Postais de Nadal gañouno Naiara Fernández Conde de 3º da ESO B.
  • O terceiro premio do Concurso de Relatos de Terror foi para Ángela García García de 1º ESO A.
  • A alumna Lucía Vázquez Gómez de 1º de BAC A levou o 3º premio no Concurso de relatos de Nadal.

As postais presentadas ó concurso expuxéronse nun taboleiro na entrada principal do IES. Na montaxe do taboleiro participou o alumnado de 3º de PMAR e de FPBII.

 

Tómate un SELFIE, cubre a enquisa sobre as tecnoloxías dixitais!

SELFIE é unha ferramenta en liña que permite reflexionar sobre a utilización das tecnoloxías dixitais. Recopila as opinións dos equipos directivos, profesorado e alumnado e presenta esta información nun formato que axuda a identificar os puntos fortes e débiles do centro.

SELFIE non compara nin valora. Todas as respostas son completamente anónimas. SELFIE está cuberto pola lexislación en materia de protección de datos persoais e confidencialidade.

A maior parte das preguntas están organizadas en áreas temáticas e deberán responderse seleccionando una opción de la escala de cinco puntos.

Poderás elixir o idioma empregando antes de comezar a cubrir a enquisa (ou se borrarán as respostas). Para cambiar o idioma tes un menú despregable na parte superior dereita da pantalla.

En menos de 30 minutos cubrirás o SELFIE, pero, en calquera caso, deberá enviarse no prazo de dúas horas dende a primeira resposta. Unha vez rematado o cuestionario, poderás descargar un certificado de participación personalizado.

Non deixes a pasar a oportunidade de que a túa opinión sexa valorada. Conecta co teu usuario á aula virtual e verás un botón para facer o SELFIE.

Resultados das Eleccións ao Consello Escolar

Tralas últimas eleccións ao Consello Escolar do IES de Monterroso resultaron elixidos nove novos membros: Tres estudantes, dúas persoas do sector de familias, unha persoa do personal non docente e tres docentes.

Sector alumnado

  • Antón Gontá Álvarez
  • Natalia Fernández Guerreiro
  • Lydia Díaz Sánchez

Sector familias

  • Nuria López Maté
  • Sonia Rodríguez Gómez

Sector personal non docente

  • Mª Soledad García Pacior

Sector docente

  • Mª Luisa Carro Cabaleiro
  • Mª Dolores Mariño Otero
  • Miguel Rico Gómez

Últimas eleccións: Novembro 2021

Distribuir contido