Todos os alumnos

Todos os alumnos do centro

Solicitudes de admisión para o curso 2021/22

O alumnado que desexe acceder ás ensinanzas de ESO ou Bacharelato no IES de Monterroso e que non teña praza reservada(1), debe presentar solicitude de admisión. O procedemento desenvolverase segundo o seguinte calendario de admisión.
(1)Os colexios de Monterroso e de Antas están adscritos a este centro polo tanto o seu alumnado ten dereito á reserva de praza, non precisan solicitar admisión.

Prazo de solicitude: do 1 ao 22 de marzo, ambos incluídos.

Formas de presentar a solicitude:
a) De forma electrónica a través da aplicación admisionalumnado, identificándose con Chave365 ou con certificado electrónico
b) Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada na secretaría do IES e Monterroso, utilizando os anexos ao remate da noticia.
Xunto a estes formularios débese presentar:
- DNI do alumno/a e dos membros da unidade familiar (cando non se autorice a súa consulta)
- Libro de familia
- Certificado de matrícula
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.
A solicitude de admisión presentada nun centro educativo poderá anularse mediante a presentación dunha nova, indicando expresamente por escrito que quedan sen efecto a/s presentada/s con anterioridade.

Presentación de documentación acreditativa dos criterios de baremación:
Só no caso de que houbera maior número de solicitudes que de prazas ofertadas, os solicitantes deberán presentar a documentación de forma presencial na secretaría do centro. No centro hai prazas libres en todos os niveis.

Prazo: do 25 de marzo ao 9 de abril, ambos incluídos.

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas:

Prazo: publicarase no taboleiro de anuncios do centro antes do 25 de abril.
Poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas:

Prazo: publicarase no taboleiro de anuncios do centro antes do 15 de maio.

Solicitudes presentadas fóra de prazo
As instancias presentadas entre o 23 de marzo e o 18 de maio, ambos incluídos, serán consideradas fóra de prazo (Artigos 15, 34 e D.A. primeira da Orde do 12 de marzo de 2013) e perderán o seu dereito de prioridade.
Estas solicitudes enviaranse á xefatura territorial, que adoptará as medidas necesarias para asegurar a escolarización do alumnado afectado nun centro sostido con fondos públicos que dispoña de prazas vacantes.

IMPORTANTE:
1º. Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O feito de presentar máis dunha solicitude determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
2º. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
3º. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. A presentación de solicitude de admisión noutro centro estando vinculado por reserva poderá implicar a perda do dereito de prioridade que puidese corresponder.

ANEXOS:

- AnexoII_Solicitud de admisión

AnexoII_Solicitud de admisión_comprobación_de_datos

INSTRUCIÓNS INICIO CURSO 2020/21

·   LIBROS DE TEXTO

Os lotes de libros serán entregados o día da presentación seguindo o procedemento explicado nas táboas seguintes.

 

·    VALES DE MATERIAL

Alumnado matriculado en xuño: Xa se poden recoller nas oficinas do centro.

Alumnado matriculado en setembro: Poderanse recoller a partir do luns 14 de setembro.

 

·    TRANSPORTE ESCOLAR

Para aclarar calquera dúbida relacionada co  transporte, preguntar en vicedirección (Olga).

 

INSTRUCIÓNS PROBAS SETEMBRO

Co fin de garantir a seguridade e a saúde na realización dos exames, é necesario que tódolos membros da Comunidade Educativa teñan en conta AS SEGUINTES INSTRUCIÓNS:

1.  Deberase entrar ao centro no horario estipulado pola primeira porta (a porta da pedra) LIMPANDO AS MANS AO ENTRAR E SEGUINDO AS INDICACIÓNS DE ENTRADA E SAÍDA. TODOS DEBERÁN TOMARSE A TEMPERATURA ANTES DE VIR.

2.   O uso da máscara é obrigatorio en todo o Centro.

3.  Procurarase manter a distancia de seguridade de 1.5 metros en todo momento.

4.   O alumnado deberá levar o seu propio material de uso persoal para a realización das probas/exame, incluída botella de auga axeitadamente identificada. Recoméndase un pequeno kit hixiénico persoal.

5.   O alumnado permanecerá o tempo imprescindible para a realización do exame e deberá abandonar o centro en canto remate, evitando aglomeracións no interior ou exterior do edificio.

6.   As aulas habilitadas para os exames contan co espazo suficiente para manter a distancia de seguridade entre o alumnado.

7.   Unha vez finalizado o exame, o alumnado deberá poñer a cadeira sobre a mesa ou ben, xirala  para que o servizo de limpeza e desinfección identifique os postos usados. Acto seguido deberá abandonar o Centro.

8.  Nas aulas teredes á vosa disposición xel hidroalcohólico para ser usado na entrada e na saída.

9.  Utilizarase ventilación natural polo que é aconsellable dispoñer dunha prenda de manga larga.

RECORDATORIO: a comunicación das cualificacións está especificada no anexo “Calendario de Setembro”, tamén estarán na aplicación Abalar móbil no seguinte horario:

− 2º BAC: día 3, xoves, ás 12.00 h

− ESO e 1º Bacharelato: venres, día 4, ás 9 horas

IMPORTANTE: o alumnado que se matricule de Bacharelato, 4º de ESO e FPB deberá facelo urxentemente de forma presencial na secretaría del Centro, os días 7 e 8 de setembro.

MATRÍCULA

Iníciase o proceso de matrícula. O prazo será dende o 1 de xullo ata o 9 de xullo. Pola saúde de todos e para evitar aglomeracións nas oficinas do centro, rogamos que se respecten os turnos establecidos.

As quendas para a entrega de documentación é a seguinte:

01/07/20
(mércores)
Alumnado que se matricula en 1ºBac. (09:00-11:00) e 2º Bac. (11:00-14:00) 07/07/20
(martes)
Alumnado que no curso 19-20 estivo en 2º B
02/07/20 (xoves) Alumnado que no curso 19-20 estivo en 3º A 08/07/20
(mércores)
Alumnado que no curso 19-20 estivo en 1º A
03/07/20
(venres)
Alumnado que no curso 19-20 estivo en 3º B 09/07/20
(xoves)
Alumnado que no curso 19-20 estivo en 1º B
06/07/20
(luns)
Alumnado que no curso 19-20 estivo en 2º A    

A matrícula de dous ou tres alumnos/as da mesma familia, poderase facer no mesmo día (nun dos días que lles corresponda). 

 

No caso de que ao alumno/a non lle sexa posible facer a matrícula na data estipulada, deberase comunicar co centro para buscar outra data máis axeitada.

INSTRUCIÓNS DE FIN DE CURSO

- ENTREGA DE NOTAS E CONSELLO ORIENTADOR

- DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO-DEVOLUCIÓN DE LIBROS DA BIBLIOTECA

- DEVOLUCIÓN DE CHAVES DAS TAQUILLAS (só alumnado que se marcha do instituto)

- RECOLLIDA DO SOBRE DE MATRÍCULA (só para alumnado que aprobe en xuño).

PROCEDEMENTO:

  • As notas poderanse consultar por Abalar móbil a partir do 23 de xuño ás 18:00 horas, pero aínda así entregaranse en papel xunto co Consello Orientador.
  • Deberase entrar ao centro no horario estipulado pola primeira porta (a porta da pedra) CON MASCARILLA, GARDANDO A DISTANCIA DE SEGURIDADE, LIMPANDO AS MANS AO ENTRAR E SEGUINDO AS INDICACIÓNS DE ENTRADA E SAÍDA. TODOS DEBERÁN TOMARSE A TEMPERATURA ANTES DE VIR.
  • Non é preciso que as taquillas queden baleiras este ano. Se algún alumno/a precisa recoller algo da súa taquilla, debe traer a chave e comentarllo a alguén do equipo directivo.
  • Unha vez no centro, entregaranse os libros de texto e da biblioteca. AQUELAS E AQUELES QUE NON DEVOLVAN OS LIBROS PERDEN O DEREITO AO PRÉSTAMO DE LIBROS E AO CHEQUE DE MATERIAL NO PRÓXIMO CURSO. Agora en xuño devolveranse os libros das materias aprobadas. En setembro devolveranse os restantes.
  • Unha vez devoltos os libros, recolleranse as notas, o consello orientador e o sobre de matrícula (aqueles que aproben en xuño).


DATAS E HORARIOS PARA O PROCEDEMENTO ANTERIOR:

XOVES 25 DE XUÑO VENRES 26 DE XUÑO
09:00-10:00 1º ESO A 09:00-10:00 3º ESO A
10:15-11:15 1º ESO B 10:15-11:15 3º ESO B
11:30-12:30 2º ESO A 11:30-12:30 4º ESO A
12:45-13:45 2º ESO B 12:45-13:45 4º ESO B
14:00 1º BAC. 14:00 FPB/FP

 
 
NOTA: No sobre de matrícula inclúese información sobre os turnos de matrícula en xullo.

RECURSOS EDUCATIVOS

No apartado Alumnado -> Recursos educativos desta páxina web, o profesorado informará de recursos educativos que poden ser de interese para o alumnado.

“QUEDARSE NA CASA”. GUÍAS DE INTERÉS DIRIXIDAS ÁS FAMILIAS, AO PROFESORADO E AO ALUMNADO PARA AFRONTAR O CORONAVIRUS-COVID19.

Neste tempo de “recollemento” na casa, desde o centro gustaríanos compartir diferentes guías de interés, publicadas por diferentes profesionais e polo Colexio Oficial de Psicólogos de Madrid, para axudar aos diferentes membros da comunidade educativa, a xestionar adecuadamente esta situación de alarma.

Recursos educativos

A plataforma dixital de libros en galego e castelán das bibliotecas municipais, en atención á situación actual, permite rexistrarse desde casa, mesmo sen ter carné dunha biblioteca municipal. Ten aloxados milleiros de libros en galego e castelán.

Galicia Le: https://www.galiciale.gal/

Conseguímolo!!

O pasado curso o alumnado do IES de Monterroso logrou reunir 30 teléfonos móbiles estropeados ou en desuso. Coa reciclaxe do coltán que conteñen as súas pantallas contribuímos a diminuír a extracción deste mineral nas mina da República Democrática do Congo e a Fundación Jane Goodall poderá coidar dun chimpancé no seu centro de recuperacíon de primates de Tchimpounga durante un ano. Agora temos que decidir que chimpancé queremos apadriñar.

Pincha nos nomes dos chimpancés que podemos apadrinar para coñecelos.

KUDIA ANZAC LEMBA HIILA E KEEMPO

 apadrina un chimpancé

 Nos vindeiros días un profesor pasará polas aulas para preguntarche que chimpancé che gustaría apadriñar. Aquel chimpancé que reciba maior número de votos será o escollido.

 Feito isto o centro de recuperacíon de primates de Tchimpounga enviaranos información sobre el cada tres meses contándonos os seus progresos e as súas trastadas.

 E non te esquezas de seguir traendo teléfonos móbiles. O punto de recollida segue estando na entrada da cafetería e se logramos reunir outros 30 o vindeiro curso poderemos apadriñar outro chimpancé.

Distribuir contido