Orientación

O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Novas relacionadas co Departamento de Orientación

 

MEMBROS DO DEPARTAMENTO


Rocío Calvo Osorio
Eva González Rodríguez

    Programación 2021/2022

 

Que é?


  O Departamento de Orientación é un órgano especializado que apoia o labor do centro e do conxunto do profesorado en todas aquelas actuacións encamiñadas a asegurar unha formación integral do alumnado e a adaptación dos procesos de ensino ás características e necesidades de tódolos alumnos e alumnas.
  Para isto, este órgano ten encomendado participar na planificación e desenrolo das actuacións que se leven a cabo no instituto para facilita-la atención á diversidade do alumnado tanto a través dos procesos de ensino que se desenrolan nas distintas áreas curriculares como a través da acción titorial e da orientación académica e profesional.


Que fai?

  As actuacións máis representativas do Departamento de Orientación son as seguintes:

 

  • Apoia-lo proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado.
  • Apoia-lo labor titorial do titor co seu grupo e alumnos.
  • Adoptar medidas que favorezan a prevención de dificultades de aprendizaxe no alumnado.
  • Colaborar no axuste da resposta educativa ás necesidades que presenten os alumnos.
  • Favorece-los procesos de madurez persoal, social e profesional; os procesos de desenrolo de identidade e de adquisición de valores dos alumnos.
  • Fomenta-la integración e participación do alumnado na vida do centro.
  • Asesorar ós alumnos no proceso de toma de decisións sobre o seu futuro académico e profesional.
  • Asesorar ós distintos órganos de goberno e de coordinación docente do centro.
  • Colaborar coas familias no proceso educativo dos seus fillos.
  • Colaborar na mellora da convivencia do centro e na resolución pacífica de conflitos a través da mediación.
  • Establecer relacións de coordinación e colaboración con organismos, entidades e asociacións da localidade e da zona.
  • Atender de forma especializada a aqueles alumnos que presenten necesidades específicas de apoio educativo.

 


  Se eres alumno/a, podes acudir  ó Departamento de Orientación cando:

  • NECESITES ORIENTACIÓN E CONSELLO ACERCA DO ITINERARIO EDUCATIVO A REALIZAR: OPTATIVAS, BACHARELATO, CICLOS FORMATIVOS ...
  • NECESITES AXUDA NA PLANIFICACIÓN DO TEU TEMPO DE ESTUDO E NA REALIZACIÓN DO TEU HORARIO PERSOAL.
  • CHO  ACONSELLE O TEU PROFESOR OU TITOR POR PRESENTAR DIFICULTADES NAS APRENDIZAXES, ACTITUDE….
  • TEÑAS UN PROBLEMA A NIVEL EDUCATIVO OU DE RELACIÓN CON ALGÚN COMPAÑEIRO OU PROFESOR NECESITES AXUDA PARA SOLUCIONALO. 

 

  • E SEMPRE QUE O CONSIDERES OPORTUNO !

 


  Se eres pai/nai, podes acudir ó Departamento de Orientación sempre que:
              

  • CHE PREOCUPE UNHA CUESTIÓN RELACIONADA CO  PROCESO EDUCATIVO DO TEU FILLO/A E NECESITES ASESORAMENTO PARA AXUDARLLE.
  • NECESITES INFORMACIÓN ACERCA DOS ITINERARIOS ACADÉMICOS QUE PODE ELEXIR O TEU FILLO/A PARA ASÍ PODER AXUDARLLE NA SÚA TOMA DE DECISIÓNS.
  • O TEU FILLO/A PRESENTE ALGÚN PROBLEMA, QUE AÍNDA NON SENDO EDUCATIVO, ESTÁ AFECTANDO Ó RENDEMENTO ACADÉMICO

 

  • E SEMPRE QUE VOS SINTADES COA NECESIDADE  DE FACELO !