Visita ao MUVI

O alumnado do Clube de Xogos de Mesa e Videoxogos do instituto e parte do alumnado do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes fixo recentemente unha visita ao Museo do Videoxogo (MUVI), situado en Cangas do Morrazo. O MUVI é o único museo do videoxogo que existe en Galicia e un dos poucos que existen en España.

Ademais de visitar o museo e probar as súas máquinas, os alumnos participaron en dous obradoiros nos que puideron ver a gran influencia que teñen a literatura e os ordenadores na creación de videoxogos.