ABRAHAM CUPEIRO NO IES DE MONTERROSO

O pasado venres día 11 de outubro, tivemos o pracer de contar no IES de Monterroso co afamado artista ABRAHAM CUPEIRO.
Construtor e trompetista, Abraham recupera e pon en valor o patrimonio artístico e cultural do pasado. A súa obra baséase no interese, compilación e construción de instrumentos musicais perdidos no tempo para o seu emprego na música actual, mesturando ditas sonoridades coas música de hoxe en día.

A actividade, programada polo departamento de Música, desenvolveuse no Salón de Actos do propio IES ante a presenza do alumnado de Música 3º e 4º de ESO, e de Hª da Música de 2ª de Bacharelato.