ROTEIRO XEOLÓXICO EN CABO ORTEGAL

O pasado 25 de abril o alumnado das materias de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO e 1º de Bacharelato dos IES de Monterroso e do Camiño (Palas de Rei) realizaron un roteiro xeolóxico polo Cabo de Ortegal da man do xeólogo e divulgador Francisco Canosa. A visita foi organizada de forma conxunta polos Departamentos de Ciencias Naturais de ambos centros.

Na visita, ademais de disfrutar das paixases que ofrecen os cantís máis altos de Europa continental, puideron ver e interpretar en directo algunhas das estruturas xeolóxicas vistas nas clases.

SEMANA DA CIENCIA

Entre os días 11 e 14 de abril os departamentos de Ciencias Naturais, Física e Química e Matemáticas do IES de Monterroso organizaron una "Semana da Ciencia". O alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato das materias de ciencias desfrutaron dunha charla diaria de poñentes da Universidade de Santiago de Compostela gracias ao programa Aponte.

Este alumnado ademais preparou e puxo en escea unha exposición diaria de experimentos para o alumnado de 1º, 2º e 3º ESO.

Club de Lectura

O día dezasete de abril o alumnado que participa nos clubs de lectura de 1º e 3º da ESO irá  a Santiago de Compostela  para ter un encontro coa escritora Rocío Leira. Colabora o EDLG e o Grupo de Traballo da Biblioteca. Nesta actividade participa tamén o IES do Camiño de  Palas De Rei.

Club de lectura 3ºESO Club de lectura 2ºESO

DÍA DE ROSALÍA

O vinte e tres de febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela Rosalía de Castro, a mestra do Rexurdimento, a escritora das escritoras e autora da primeira obra impresa escrita en galego.  Por este motivo se institucionalizou o Día de Rosalía  e no IES de Monterroso celebrámolo  cun recital de poemas desta autora. Recitaron os poemas  alumnos de 3º e 1º da ESO.

CONCURSO DE RECITADO POÉTICO ROSALÍA SEMPRE VIVA.

O día once  de marzo de 2023 as alumnas Sandra García Janeiro   e  Iria Leiro Guerra de 4º da ESO   participaron na 7ª edición do concurso de recitado poético “Rosalía Sempre Viva” que se celebrou na Casa-Museo de Manuel María. Estiveron acompañadas da profesora de Lingua Galega e das súas respectivas familias.

Iria Leiro Guerra Sandra García Janeiro

ENTROIDO 2023

E case sen darnos conta chegou o Entroido e os nosos rapaces de 1º da ESO puxéronse a traballar e a buscar información sobre o Entroido na zona e en Galicia. Os moi lambonciños preguntaron nas súas casas por receitas típicas desta época do ano. Ademais  como este curso contamos con alumnado procedente doutros países tamén soubemos como se celebra o Entroido en Colombia e Perú... e cales son os pratos típicos desta época.

O alumnado de 2º, 3º,4º da ESO e 1º de BAC elaborarou coplas e así soubemos dos seus amores e desamores,  houbo crítica social e como non podía faltar tamén  de fútbol.

Unha vez rematados os traballos expuxéronos na columna grande da entrada e polos corredores do IES coa axuda do alumnado de 1º FPB e de Reforzo de Lingua. Pasados uns días estes traballos expuxéronse no Taboleiro das Verbas onde permanecerán todo o curso.

VIAXE A SANTIAGO

O 8 de febreiro o alumnado de Informática viaxou á Santiago para visitar o CESGA(Centro galgo de Supercomputación) e realizar unha visita no Finisterrae. Finisterrae  nome do superordenador instalado no CESGA
Despois visitaron o Instituto Galego de Estatística e participaron no desenvolvemento dunha enquisa

VIAXE A CORUÑA

O 28 de febreiro o alumnado de 3º ESO viaxou á Coruña para visitar a Domus e realizar unha actividade no seu Laboratorio Aberto.
Pola tarde, puideron ver unha representación de teatro clásico.

VIAXES DE ESTUDOS

A finais do mes de febreiro o alumnado de 4º ESO participou nunha viaxe cultural a Andalucía. Visitou Sevilla, Córdoba e Granada.

 

Nas mesmas datas, o alumnado de 1º de Bacharelato viaxou a Italia e a Florencia noutra visita cultural.

CELEBRACIÓN DE SAMAÍN

Non podíamos deixar de celebrar a festa máis terrorífica do ano. En Samaín reunímonos na biblioteca para ler contos de terror.
Ademais, o Departamento de inglés convocou un concurso de postres de terror e os resultados foron arrepiantes.

Distribuir contido