ENTROIDO 2023

E case sen darnos conta chegou o Entroido e os nosos rapaces de 1º da ESO puxéronse a traballar e a buscar información sobre o Entroido na zona e en Galicia. Os moi lambonciños preguntaron nas súas casas por receitas típicas desta época do ano. Ademais  como este curso contamos con alumnado procedente doutros países tamén soubemos como se celebra o Entroido en Colombia e Perú... e cales son os pratos típicos desta época.

O alumnado de 2º, 3º,4º da ESO e 1º de BAC elaborarou coplas e así soubemos dos seus amores e desamores,  houbo crítica social e como non podía faltar tamén  de fútbol.

Unha vez rematados os traballos expuxéronos na columna grande da entrada e polos corredores do IES coa axuda do alumnado de 1º FPB e de Reforzo de Lingua. Pasados uns días estes traballos expuxéronse no Taboleiro das Verbas onde permanecerán todo o curso.