Curso 2022/2023

Camiño de Santiago

Un ano máis o EDLG remata as súas actividades o día oito de xuño coa realización dunha etapa do Camiño de Santiago. Esta é unha actividade plurianual e interdisciplinar.O curso pasado  chegamos a Santiago de Compostela e este ano volvemos a comezar e fixemos a etapa Cebreiro –Triacastela. Unha etapa tan fermosa como difícil na que os nosos  alumnos puideron coñecer o galego do bloque Oriental “in situ”, a súa vexetación, flora, fauna, as construcións (casas, igrexas, pallozas, hórreos...) 

 

Día das letras galegas


Comezou o mes de maio e con el as celebracións das LETRAS GALEGAS.

Todos os anos a Consellería de Educación envía uns carteis sobre o autor ó que se lle dedica o Día das Letras Galegas, este ano Francisco Fernández del Riego. Fíxose unha exposición con estes carteis e o noso alumnado buscou alí información para realizar os traballos que as profesoras de Lingua lles pediron.

O alumnado de 1º da ESO elaborou uns  carteis preciosos coa intención de normalizar e dignificar o uso do galego. Estes carteis expuxéronse na entrada do centro e polos corredores.

O alumnado de FPB1 homenaxeou a Francisco Fernández del Riego elaborando uns carteis sobre a súa vida e a súa obra.

O alumnado de 2º de BAC realizou unhas caricaturas de Fernández del Riego  que se expuxeron polos corredores do centro.

Para coñecer un pouco máis o autor ó que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, Francisco Fernández del Riego, algúns alumnos de 2º da ESO (Reforzo) fixeron unha representación lida da obra de teatro de Eva Mejuto:  As cousas de don Paco,  na que os protagonistas son os obxectos  que acompañaron a  don Paco  en distintas etapas da súa vida. 

INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO-CULTURAL FRANCÉS

INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO-CULTURAL ENTRE O ALUMNADO DE 2º ESO,3º ESO e 1º BACHARELATO DE FRANCÉS DO I.E.S. DE MONTERROSO E O CENTRO EDUCATIVO ASOCIADO DE FRANCIA Lycée Nôtre Dame La Salle De Vihiers-49 Maine et Loire (Pays de la Loire) France , ORGANIZADO POLO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS.

 


 O alumnado de Francés do IES de Monterroso participou no 2º e 3º trimestre do curso 2022-2023 nun intercambio virtual lingüístico-cultural co instituto NÔTRE-DAME LA SALLE de  Pays de La Loire(FRANCIA) na elaboración de diferentes actividades realizadas a través de vídeos e  clases virtuais.
 
O enlace para acceder ós vídeos é o seguinte:

https://app.connectingclassrooms.com/514/1103/n6sXOkw0zM

 

 

TEATRO EN FRANCÉS

ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS CORRESPONDENTES Ó CURSO 2022-2023

 

O pasado 21 de abril o alumnado de 2º, 3º de E.S.O. e 1º de Bacharelato que cursa a materia de Francés no IES de Monterroso asistiu á obra de teatro en francés "le Petit Prince" de Antoine de Saint-Exupéry que foi representada  no auditorio da facultade de Veterinaria en Lugo.
A saída foi organizada polo Departamento de Francés , previa lectura en francés e interpretación por parte do devandito alumnado daqueles capítulos máis representativos do Principiño nas clases anteriores á representación así como o estudio do autor.

Encontro en Santiago coa escritora Rocío Leira

O día dezasete de abril o alumnado que participa nos clubs de lectura de 1º e 3º da ESO   asistiu en Santiago de Compostela a un encontro coa escritora Rocío Leira. Na organización desta actividade participaron o EDLG e  Grupo de Traballo da Biblioteca en colaboración co IES do Camiño de  Palas De Rei.

ROTEIRO XEOLÓXICO EN CABO ORTEGAL

O pasado 25 de abril o alumnado das materias de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO e 1º de Bacharelato dos IES de Monterroso e do Camiño (Palas de Rei) realizaron un roteiro xeolóxico polo Cabo de Ortegal da man do xeólogo e divulgador Francisco Canosa. A visita foi organizada de forma conxunta polos Departamentos de Ciencias Naturais de ambos centros.

Na visita, ademais de disfrutar das paixases que ofrecen os cantís máis altos de Europa continental, puideron ver e interpretar en directo algunhas das estruturas xeolóxicas vistas nas clases.

SEMANA DA CIENCIA

Entre os días 11 e 14 de abril os departamentos de Ciencias Naturais, Física e Química e Matemáticas do IES de Monterroso organizaron una "Semana da Ciencia". O alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato das materias de ciencias desfrutaron dunha charla diaria de poñentes da Universidade de Santiago de Compostela gracias ao programa Aponte.

Este alumnado ademais preparou e puxo en escea unha exposición diaria de experimentos para o alumnado de 1º, 2º e 3º ESO.

Club de Lectura

O día dezasete de abril o alumnado que participa nos clubs de lectura de 1º e 3º da ESO irá  a Santiago de Compostela  para ter un encontro coa escritora Rocío Leira. Colabora o EDLG e o Grupo de Traballo da Biblioteca. Nesta actividade participa tamén o IES do Camiño de  Palas De Rei.

Club de lectura 3ºESO Club de lectura 2ºESO

DÍA DE ROSALÍA

O vinte e tres de febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela Rosalía de Castro, a mestra do Rexurdimento, a escritora das escritoras e autora da primeira obra impresa escrita en galego.  Por este motivo se institucionalizou o Día de Rosalía  e no IES de Monterroso celebrámolo  cun recital de poemas desta autora. Recitaron os poemas  alumnos de 3º e 1º da ESO.

Distribuir contido