DÍA DE ROSALÍA

O vinte e tres de febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela Rosalía de Castro, a mestra do Rexurdimento, a escritora das escritoras e autora da primeira obra impresa escrita en galego.  Por este motivo se institucionalizou o Día de Rosalía  e no IES de Monterroso celebrámolo  cun recital de poemas desta autora. Recitaron os poemas  alumnos de 3º e 1º da ESO.

CONCURSO DE RECITADO POÉTICO ROSALÍA SEMPRE VIVA.

O día once  de marzo de 2023 as alumnas Sandra García Janeiro   e  Iria Leiro Guerra de 4º da ESO   participaron na 7ª edición do concurso de recitado poético “Rosalía Sempre Viva” que se celebrou na Casa-Museo de Manuel María. Estiveron acompañadas da profesora de Lingua Galega e das súas respectivas familias.

Iria Leiro Guerra Sandra García Janeiro

ENTROIDO 2023

E case sen darnos conta chegou o Entroido e os nosos rapaces de 1º da ESO puxéronse a traballar e a buscar información sobre o Entroido na zona e en Galicia. Os moi lambonciños preguntaron nas súas casas por receitas típicas desta época do ano. Ademais  como este curso contamos con alumnado procedente doutros países tamén soubemos como se celebra o Entroido en Colombia e Perú... e cales son os pratos típicos desta época.

O alumnado de 2º, 3º,4º da ESO e 1º de BAC elaborarou coplas e así soubemos dos seus amores e desamores,  houbo crítica social e como non podía faltar tamén  de fútbol.

Unha vez rematados os traballos expuxéronos na columna grande da entrada e polos corredores do IES coa axuda do alumnado de 1º FPB e de Reforzo de Lingua. Pasados uns días estes traballos expuxéronse no Taboleiro das Verbas onde permanecerán todo o curso.

VIAXE A SANTIAGO

O 8 de febreiro o alumnado de Informática viaxou á Santiago para visitar o CESGA(Centro galgo de Supercomputación) e realizar unha visita no Finisterrae. Finisterrae  nome do superordenador instalado no CESGA
Despois visitaron o Instituto Galego de Estatística e participaron no desenvolvemento dunha enquisa

VIAXE A CORUÑA

O 28 de febreiro o alumnado de 3º ESO viaxou á Coruña para visitar a Domus e realizar unha actividade no seu Laboratorio Aberto.
Pola tarde, puideron ver unha representación de teatro clásico.

VIAXES DE ESTUDOS

A finais do mes de febreiro o alumnado de 4º ESO participou nunha viaxe cultural a Andalucía. Visitou Sevilla, Córdoba e Granada.

 

Nas mesmas datas, o alumnado de 1º de Bacharelato viaxou a Italia e a Florencia noutra visita cultural.

CELEBRACIÓN DE SAMAÍN

Non podíamos deixar de celebrar a festa máis terrorífica do ano. En Samaín reunímonos na biblioteca para ler contos de terror.
Ademais, o Departamento de inglés convocou un concurso de postres de terror e os resultados foron arrepiantes.

SIMULTÁNEA DE XADREZ

O departamento de Matemáticas, da man de Miguel Varela, organizou o 22 de decembro na biblioteca unha simultánea de xadrez. Xogou 10 partidas ao mesmo tempo enfrontándose a alumnos/as e profesores/as.

RECOLLIDA DE MOSTRAS NO RÍO ULLA

O alumnado de Cultura científica de 4º de ESO e  de FPB II realizou unha recollida de mostras no río dentro do programa Voz Natura, no que xa participa o departamento de Bioloxía dende fai uns anos.

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 de novembro conmemoramos no centro o Día contra a Violencia de Xénero. O alumnado de 3º e 4º de ESO participou nunha charla para previr a violencia contra as mulleres e no recibidor do centro colocouse unha instalación co lema “A violencia verbal tamén é violencia de xénero”.
Distribuir contido