Dinamización Lingüística

Departamento de Dinamización Lingüística

ENTROIDO 2019

Como estes últimos anos, con motivo do entroido, celebramos un mercadiño  no que o alumnado que quere participar pon á venda doces típicos de entroido como filloas, orellas, galletas... para axudarse a pagar os gastos das viaxes organizadas polo centro.

ENCONTRO COA ESCRITORA ANTÍA YÁÑEZ

O martes 19 de febreiro visitounos Antía Yáñez. Participaron no encontro coa escritora o alumnado de 1º ESO e as alumnas e alumnos dos clubs de lectura do centro.

GAÑADORES DO CONCURSO DE RELATOS DE TERROR

   Foron entregados os premios aos gañadores do concurso de relatos de terror que  convocou o Departamento de Dinamización Lingüística xunto co Equipo de Biblioteca con motivo da celebración do Samaín.

GAÑADOR DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

  O gañador do concurso de postais de Nadal convocado polo Departamento de Dinamización Lingüística foi Hugo Rodríguez Sánchez (1º ESO).

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Para conmemorar a Semana das Letras Galegas, adicada a María Victoria Moreno, o alumnado de Plástica e de Galego realizaron diferentes traballos que foron expostos no vestíbulo do centro.

ENCONTRO COA ESCRITORA LEDICIA COSTAS

O día 31 de xaneiro Ledicia Costas visitou o noso instituto e mantivo un coloquio co alumnado de 3º de ESO e do club de lectura.

PRESENTACIÓN DA PELÍCULA PELERINAXES

O martes 28 de novembro, no Salón de Actos do IES de Monterroso, tivo lugar a presentación da película Pelerinaxes.

SAMAÍN 2017

   O alumnado de 1º ESO participou na celebración do Samaín

Distribuir contido