PRESENTACIÓN DA PELÍCULA PELERINAXES

O martes 28 de novembro, no Salón de Actos do IES de Monterroso, tivo lugar a presentación da película Pelerinaxes.
O director, guionista e produtor de cine Simone Saibene falou co alumnado sobre a rodaxe da película, facendo fincapé nas escenas que foron rodadas en Monterroso.