ENTROIDO 2019

Como estes últimos anos, con motivo do entroido, celebramos un mercadiño  no que o alumnado que quere participar pon á venda doces típicos de entroido como filloas, orellas, galletas... para axudarse a pagar os gastos das viaxes organizadas polo centro.

A continuación tivo lugar un concurso de disfraces no que os participantes realizaron dramatizacións e exhibicións. Os gañadores foron "A chuleta da época isabelina" (individual), "O Papamóvil" (parella) e "Circus Bac" (comparsa). No 2º posto, en comparsas, quedou "Bodorrio"; no 3º, "Préndelle o boi" e no 4º, "Ni el Blablacar".