Actividades

Actividades do centro / Alumnos

EXPOSICIÓN DE METABOLISMOS

Durante a semana cultural do IES de Monterroso o alumnado de 3º ESO fabricou e elaborou coas súas propias mans maquetas de moléculas

DÍA DA PAZ

O alumnado de 2º ESO confeccionou un mural en clase de titoría co gallo da celebración do Día da Paz do 30 de xaneiro de 2019.

TEATRO EN OURENSE

O 28 de febrerio de 2019 o alumnado de francés foi ao Teatro Principal de Ourense ver Cyrano de Bergerac, de Edmond Rostand.

TRABALLOS REALIZADOS POLO ALUMNADO DE PLÁSTICA

O alumnado de debuxo artístico de 1º de Bacharelato realizou diferentes traballos que expuxeron no recibidor do instituto ao longo deste curso.

VISITA Á CATEDRAL DE SANTIAGO E AO PARQUE MULTIAVENTURA DE MARÍN

O departamento de relixión organizou unha saída o 27 de marzo de 2019. Participou o alumnado de 1º e 2º ESO.

TEATRO CLÁSICO

 O día 25 de marzo o alumnado de latín e de cultura clásica asistíu ao Festival de Teatro Grecolatino que se celebrou en Ourense.

VISITA AO PARQUE EÓLICO EXPERIMENTAL DE SOTAVENTO

O luns 18 de Marzo de 2019 os alumnos e alumnas de 1º e 2º ESO do IES de Monterroso visitou o parque eólico experimental de Sotavento, situado na Serra da Loba, no concello de Xermade.

VISITA Á V FEIRA DE MINERAIS NA ÁREA CENTRAL DE SANTIAGO

O xoves 28 de febreiro de 2019 o estudantado de 1º ESO do IES de Monterroso visitou a V Feira de minerais de Santiago celebrada en Área Central.

ENTROIDO 2019

Como estes últimos anos, con motivo do entroido, celebramos un mercadiño  no que o alumnado que quere participar pon á venda doces típicos de entroido como filloas, orellas, galletas... para axudarse a pagar os gastos das viaxes organizadas polo centro.

EXPOSICIÓN: COÑECE O TEU CORPO

Estes días pódese ver no vestíbulo do instituto a exposición titulada "Coñece o teu corpo". Son traballos realizados polo alumnado de 3º ESO na clase de Bioloxía, representacións dos distintos aparatos que forman o corpo humano.

Distribuir contido