VISITA AO PARQUE EÓLICO EXPERIMENTAL DE SOTAVENTO

O luns 18 de Marzo de 2019 os alumnos e alumnas de 1º e 2º ESO do IES de Monterroso visitou o parque eólico experimental de Sotavento, situado na Serra da Loba, no concello de Xermade.

Alí o alumando recibiu charlas explicativas sobre enerxías renovables para logo visitar unha vivenda bioclimática que funciona exclusivamente con este tipo de enerxías. Tamén recibiron explicacións sobre o funcionamento dos aeroxeneradores e visitaron a base dun deles.

Antes de volver para Monterroso visitouse a lagoa de As Pontes de García Rodríguez, a maior lagoa artificial da Península Ibérica, resultado da extracción de lignito para a súa queima na central térmica situada nese pobo.