EXPOSICIÓN DE METABOLISMOS

Durante a semana cultural do IES de Monterroso o alumnado de 3º ESO fabricou e elaborou coas súas propias mans maquetas de moléculas coas que representar dous dos procesos fundamentais para a vida no noso planeta: a respiración celular e a fotosíntese. As maquetas estarán uns días expostas na entrada do centro.