Actividades

Actividades do centro / Alumnos

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Na semana do 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero en colaboración co Concello de Monterroso, co CEIP de Monterroso e co CEIP de Antas de Ulla, tal e como vimos facendo dende hai uns anos.
O día 25 o alumnado de 4ª ESO e 1º de Bacharelato tivo a oportunidade de participar nunha charla, organizada polo departamento de Orientación, sobre a prevención da violencia de xénero.



 
O mesmo día, o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO desprazouse ata o CEIP de Monterroso para participar nun partido solidario.
Alumnos e alumnas de primaria e secundaria leron diferentes manifestos contra a violencia de xénero. Acto seguido gardouse un minuto de silencio e finalmente rapaces e rapazas do CEIP de Antas de Ulla, do CEIP de Monterroso e do noso centro xogaron varios partidos.


 
O xoves 28 de novembro o alumnado de 2º ESO reuníuse na Biblioteca para participar nunha lectura de poemas nas diferentes linguas que se imparten no centro: castelán, galego, inglés e francés. Os textos seleccionados tiñan como tema común a igualdade.




O venres 29 de novembro o alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato asistíu a unha representación teatral no Centro Sociocultural de Monterroso. A obra, Mariposas negras, foi patrocinada polo Concello de Monterroso.
Ao tratarse dunha sesión de teatro foro, o alumnado tivo a oportunidade de opinar, preguntar e incluso participar na propia representación.



 
Ademais, os alumnos e alumnas de 3º ESO B realizaron na materia de Artes Plásticas traballos contra a violencia de xénero que están expostos no recibidor do centro.


EXPOSICIÓNS DE TRABALLOS SOBRE YAYOI KUSAMA

No recibidor do instituto están expostos os traballos que o alumnado de Artes Plásticas realizou sobre Yayoi Kusama.
Estes traballos están inscritos dentro do Proxecto Interdisciplinar "Mulleres na sombra", no que participan distintos departamentos do centro.

Homenaxe a Margarita Salas

Con motivo do falecemento de Margarita Salas, unha das científicas españolas máis importantes da historia, o alumando das materias de ciencias de diversos cursos do IES de Monterroso elaborou un mural sobre algúns dos logros, premios e momentos da vida da homenaxeada que durante os próximos días se poderá ver na entrada do centro. 


O IES de Monterroso apadriña a Lemba

Despois dunha consulta realizada no IES de Monterroso a principios de curso, o alumando do centro acordou por maioría apadriñar durante o curso 2018-19 a LEMBA. O resultado das votacións e as noticias sobre a nosa afillada poden ser consultados nun mural que durante os vindeiros días permanecerá na entrada do noso centro.

Recordámosvos a todos e a todas que podedes seguir traendo teléfonos móbiles estragados ou en desuso para poder apadriñar outro chimpamig@ o vindeiro curso.  

PROXECTO ETWINNING

Os alumnos de 1º de Ciclo Medio e 1º de FP Básica están a traballar ao longo deste curso nos módulos de “Aplicacións Ofimáticas” e “Ofimática e Arquivamento de Documentos”  nun proxecto eTwinning chamado “Letras Galegas 2020 – Ricardo Carvalho Calero”.

 

Neste proxecto eTwinning os alumnos realizan actividades colaborativas entre varios centros europeos, difundindo deste xeito a lingua e literatura galegas. Traballarán co escritor homenaxeado nas Letras Galegas 2020 e con outros autores de Portugal e Italia.

 

Unha das actividades feitas ata o de agora foi a de crear uns carteis colaborativos dos distintos autores.

 

 

 

 

O SISTEMA SOLAR

 No recibidor do instituto pódese ver a exposición de maquetas do sistema solar realizadas polo alumnado de 1º ESO na asignatura de Bioloxía.

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS SOBRE BRIDGET RILEY

O alumnado de 3º ESO realizou estes traballos na materia de Artes Plásticas inspirándose na obra da artista Bridget Riley.
Esta exposición está enmarcarda no proxecto interdisciplinar "Mulleres na sombra", que estamos a desenvolver no instituto durante este curso e que se centra no tema da igualdade.

EXPOSICIÓN "OS 9 ANOS DE FRAGUAS EN LUGO"

No recibidor do centro permanecerá a exposición "Os 9 anos de Fraguas en Lugo" entre os días 21 e 25 de outubro, recordando os anos nos que Antonio Fraguas, a quen se lle adicou o Día das Letras Galegas en 2019, vivíu e traballou nesta cidade.
A exposición foi presentada ao alumnado polo xornalista e escritor Xulio Xiz.

SAMAÍN. CONCURSO DE RELATOS DE TERROR

Un ano máis, a Biblioteca e o Equipo de Dinamizacion Língüística convocan o concurso de relatos de terror por estas datas nas que celebramos o Samaín.

 

Para participar debedes ler as seguintes bases.

Para ambientarnos, contamos cunha decoración terrorífica no vestíbulo do centro.

 

 

 

 

 

CLUBS DE LECTURA

Empezou o novo curso e, como todos os anos, comezan as lecturas e as reunións dos distintos clubs de lectura.
Invitamos ao alumnado e aos pais e nais a que se anoten nun deles, xa que así poderemos disfrutar da lectura, intercambiar opinións sobre os libros que lemos, facer novos amigos e tomar chocolate con churros.

     


 

Distribuir contido