Skip to Content

admisión, concursos e premios, ABAU, exames, libros de texto, horarios, matrícula, titorías, transporte

ABAU ( Información xeral)

A Comisión Interuniversitaria de Galicia fan públicos os parámetros de ponderación de materias para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema universitario de Galicia no curso 2024/25, aprobados nos respectivos consellos de goberno das universidades públicas de Galicia.

Ponderacións para o curso 24/25

Videos informativos:

Parte I: Contexto da ABAU

Parte II: Proba de acceso

Parte III: Proceso de admisión

Convocatoria de 12 prazas da Escala técnica de análise de laboratorio

O Diario Oficial de Galicia núm. 221, de 21 de novembro de 2023, publicou diversas convocatorias de acceso libre de diversas escalas da Administración especial da Xunta de Galicia, entre elas, 12 prazas da Escala técnica de análise de laboratorio.

Así mesmo, engadímoslles os enlaces as fichas informativas das citadas oposicións que cremos que pode resultar de interese para todos os antigos alumnos do seu centro que contan con algún destes títulos.

 

Enlace a ficha informativa da Escala técnica de análise de laboratorio

II Olimpíadas Teleco

A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (EET) da UVIGO vos anima a participar nas II Olimpíadas Teleco, as segundas que se celebran no ámbito nacional. Trátase dunha iniciativa colaborativa de todas as escolas de enxeñaría de telecomunicación de España e máis dos dous colexios profesionais: Colexio de Enxeñaría Técnica de Telecomunicación, COITT, e a Asociación Española de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación, AEGITT, que pretende visibilizar a potencialidade dos estudios de enxeñaría de Telecomunicación entre o estudantado máis novo, para espertar vocacións temperás.

Como o curso pasado, a competición vaise desenvolver en dúas fases: unha local, xestionada e coordinada pola EET da UVIGO, e outra nacional, na que competirán os mellores proxectos (gañadores) das competicións locais.

A EET está moi orgullosa do éxito que tivo a edición do curso pasado e animámosvos a participar, especialmente ás e aos docentes do ámbito de tecnoloxías. Non estaredes sós, axudarémosvos desde o noso centro na formación, facilitarémosvos os equipos necesarios (kit de placas) e asesoría individualizada durante a realización dos proxectos.

A continuación recollemos a información máis relevante, que podedes consultar ampliada na nosa web (www.teleco.uvigo.es ou ben escaneando o QR que tedes neste documento) na que tamén podedes consultar o ben que foi a primeira edición. Podedes expor as vosas dúbidas ou consultas no correo que creamos expresamente para esta iniciativa: teleco.olimpiadas@uvigo.es.

"V Concurso de Ensaio"

Convócase polo Departamento de Filosofía o V CONCURSO DE ENSAIO, nas modalidades de ARTIGO e VIÑETA, ambos co TEMA:

ESTAMOS MELLOR INFORMADOS NA ERA DIXITAL?

Óese falar de “sociedade da información”, é unha calificación veraz?, é máis un desexo que unha realidade?, unha expectativa que se está a cumprir?, podemos confiar na verdade do que vemos?, ou do que oímos que din?, relacionámonos mellor grazas ás redes sociais?, é a IA unha ferramenta de coñecemento?, ou é algo máis? Interrogantes como estes e outros moitos caben dentro dunha reflexión sobre a revolución dixital, internet, as redes sociais e os seus efectos sobre a sociedade e o ser humano.

BASES do V Premio de Ensaio:

    1. Poderase presentar alumnado de Bacharelato do IES Lucus Augusti. 

    2. Artigo e texto da viñeta poderán estar escritos en lingua galega ou castelá. 

    3. A extensión será entre 4.000 e 8.000 caracteres, espazos incluídos. O artigo asinarase con pseudónimo. Entregarase un exemplar na conserxería do instituto en sobre pechado tamaño A4, no que figure modalidade (artigo ou viñeta), pseudónimo e título. Dentro do sobre incluirase outro máis pequeno, co nome e apelidos do/da participante, curso e grupo.

    4. O prazo de presentación será ata o día 22 de marzo de 2024. 

    5. O xurado estará formado por profesorado do Departamento de Filosofía e Debuxo e os editores da revista “Hechos mínimos”. 

    6. O xurado valorará especialmente a orixinalidade do enfoque e capacidade crítica, ademais da corrección formal (de artigo e viñeta). 

    7. Os premios consistirán no seguinte: 

1º premio: publicación de artigo e viñeta na revista cultural Hechos Mínimos de Lugo, diploma e cheque por valor de 50€ en cada modalidade. 

2º premio: obsequio, diploma e cheque por valor de 30€ 

3º premio: obsequio, diploma e cheque por valor de 20€ 

Cartaz

Horarios de grupo para o curso 23/24

O alumnado do IES Lucus Augusti pode descargar o seu horario de grupo na ligazón que se achega, dende as 23:00 h do domingo 10 de setembro.

Horarios

Premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2022-2023

O pasado 3 de xullo, publicouse no DOG a ORDE do 19 de xuño de 2023 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2022-2023 (código de procedemento ED311E).O prazo de presentación de solicitudes será dun mes;

Comezará o día 16 de agosto de 2023 e rematará o día 15 de setembro de 2023.

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311E.

Distribuir contido


by Dr. Radut