Skip to Content

admisión, concursos e premios, ABAU, exames, libros de texto, horarios, matrícula, titorías, transporte

Horarios de grupo

O alumnado do IES Lucus Augusti pode descargar o horario do seu grupo da táboa en formato pdf. As clases impártense nas quendas e horas que se indican:

ESO e BAC:

Luns e martes de 8:15h a 14:30h

Mércores, xoves e venres de 8:45h a 14:15h

 

BAC ESO CICLOS
CM CS MODULAR
A A A A 1º  1º  1º 
B B B B 2º  2º       
C D C C         
D E D D
E       E PDC   
F    

Premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2021-2022

O pasado luns, 11 de xullo, publicouse no DOG a ORDE do 29 de xuño de 2022 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2021-2022 (código de procedemento ED311E).

O prazo de presentación solicitudes será dun mes; comezará o día 24 de agosto de 2022 e rematará o día 23 de setembro de 2022 (art. 4.4 da orde de convocatoria).

Libros de texto para o curso 2022/23

Na ligazón pódese consultar os libros de texto para o curso 2022/23 . O alumnado ten que falar co profesorado para  aqueles casos sinalados na lista de libros e para as materias que están en Edixgal non é preciso mercar libro.

Libros de texto

Revisión de exames do alumnado de ESO e 1ºBAC

As notas publicaranse na aplicación Abalar o día 28 de xuño. A revisión de exames pódese facer o 29 e 30 de xuño, en horario de 9:00h a 14:00h, e para organizalo débese cubrir o formulario na ligazón de cita para revisión, cada profesor atenderá ó alumnado no departamento.

 Cita para revisión

 

Matrícula no IES Lucus Augusti para o curso 2022/23

Todo o alumnado que se queira matricular nalgún curso da ESO ou BAC no IES Lucus Augusti, ten que cubrir dous formularios: formulario de datos e formulario de materias. O prazo de matrícula é do 25 de xuño ó 10 de xullo. A matrícula é só por internet cubrindo os formularios nas ligazóns. O alumnado que non teña acceso a internet pode facela no centro pedindo cita previa na ligazón ou por teléfono.

 

Formulario de datos

Formulario de materias

Cita previa

INSTRUCIÓNS PARA A DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE PRÉSTAMO

Debido á entrada en vigor da nova lei educativa LOMLOE en 1º e 3º da ESO o vindeiro ano académico, os libros destes cursos non se devolverán e os libros de 2º e 4º da ESO devolveranse de acordo ó calendario que se achega na ligazón.

Instrucións para a devolución

Distribuir contido


by Dr. Radut