Skip to Content

admisión, concursos e premios, ABAU, exames, libros de texto, horarios, matrícula, titorías, transporte

Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24,estudos postobrigatorios

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou, no BOE do 17/03/2023, o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

 

O prazo de solicitudes é do 27 de marzo ao 17 de maio/2023, a través da Sede Electrónica do Ministeriohttps://www.educacionyfp.gob.es/

Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022-2023

O pasado venres, 14 de abril, publicouse no DOG a Orde do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022-2023 (código de procedemento ED311D).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2023 e rematará o día 25 de xuño de 2023.

Pode acceder a máis información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

Información

 

Nova convocatoria de becas da fundación SEPI

Programa Fundación SEPI - Talentum 2023/2025 (Telefónica de España, S.A.U.)

A Fundación SEPI convoca as bolsas correspondentes ó Programa indicado, cuxas características xerais expóñense nas Bases da Convocatoria, que se atopan na dirección:

https://www.fundacionsepi.es/becas/telefonica-fsepi.asp

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023

Na seguinte ligazón https://www.edu.xunta.gal/axudasle/ pódense consultar as primeiras listaxes publicadas en relación á Orde do 18 de xaneiro de 2023 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022-2023

Onte, 3 de abril, publicouse no DOG a Orde do 20 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022-2023 (código de procedemento ED311A).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 26 de abril de 2023 e rematará o día 25 de maio de 2023.

Pode acceder a máis información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A.

10ª Convocatoria das Becas Eurolingua

Estes cursos que están becados ao 100%, constan de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión todo incluído, dirixido a estudiantes de Secundaria, Ciclos e Universidade. 

Poden consultar toda a información da convocatoria picando nesta ligazón: Becas Eurolingua

  • O programa está becado ao 100% e inclúe:
  • Programa de 20 clases de inglés semanais.
  • Material didáctico.
  • Aloxamento en familias seleccionadas e residencia.
  • Programa de actividades culturais, visitas e excursións.
  • Certificado de aproveitamente do curso expedido polo colegio.
  • Teléfono de emerxencia 24hr.
  • Non incluído, pero xestionable gratuitamente, o billete de avión.
Distribuir contido


by Dr. Radut