Skip to Content

Solicitudes de admisión para o curso 2024/25

Dende a dirección do IES Lucus Augusti, informamos ás familias do alumnado que presentaron solicitude de admisión para o curso 2024/25, en calquera nivel educativo ESO e BAC, que foron admitidos e teñen que proceder a formalizar matrícula nos prazos marcados.

 

 

Admisión nas probas de acceso a Ciclos Medios

Dende o Departamento de Orientación informamos de que todos os alumnos e alumnas que solicitaron a súa admisión nas probas de acceso a Ciclos Medios neste Centro foron admitidos, e que estes foron informados expresamente por este departamento no día de hoxe, achegando ademais o seu código persoal de consulta para realizar o seguimento das súas solicitudes, así como o calendario coas datas de interese.

Listaxe provisoria
Calendario

Convocatoria das becas MEC

 Publicouse a convocatoria das becas  MEC de carácter xeral para o vindeiro curso 2024/25 dirixidas ao alumnado de ensinanzas postobrigatorias (BAC, FP grao básico, medio e superior, curso de acceso e preparación para probas de acceso á FP, ensinanzas artísticas profesionais e superiores, ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, ensinanzas deportivas, estudos relixiosos superiores e Universidades).

 (Enlace ao documento de información: https://amtegabox.xunta.gal/index.php/s/XNcQCJYrx27Be2T)
 

Unha alumna do IES Lucus Augusti gana o concurso Prensa - Escuela

A alumna do IES Lucus Augusti de 3ºESO, Greissy García Herrera, foi a gañadora do concurso Prensa-Escuela organizado por La Voz de Galicia, analizou unha canción de Nathy Peluso, facendo un traballo moi completo ó estudar primeiro a letra da canción, a súa métrica, os recursos lingüísticos utilizados, e, finalmente, os recursos literarios.

Ler máis

Asignación de prazas para o curso 2024-25

Informamos ás familias do alumnado de centros adscritos ó IES Lucus augusti, CEIP Rosalia de Castro e CEIP A Ponte, e que fixo reserva de praza neste centro, están admitidos e poden completar a matrícula nos prazos indicados. A renuncia á reserva ten que facerse antes do 1 de marzo.

Homenaxe a D. Xesús Alonso Montero

A homenaxe ó profesor D. Xesús Alonso Montero, organizada polo IES Lucus Augusti de Lugo, será o venres, 19 de abril. Están convidados antigos alumnos e compañeiros, así como aquel que así o desexe.

Programa:

Os asistentes están citados ás 12:00 h, no vestíbulo do centro.
Ás 12:30 h celebrarase o acto de recoñecemento no salón do instituto, no que intervirán algúns dos asistentes, para posteriormente pechar o acto coas palabras do homenaxeado, lembrando o seu paso polo Instituto entre os anos 1960 e 1975.
Ás 14:30 h haberá un xantar de confraternidade no restaurante do hotel Méndez Núñez, con intervencións tamén de veciños e amigos.

 

ESPACIO PARA ADHESIÓNS

CONFIRMACIÓN DE ASISTENCIA  AO ACTO NO IES LUCUS AUGUSTI (Pódese inscribir na ligazón ou chamando por teléfono, en horario de 16:00h – 20:00h, ao instituto no teléfono:982 828 020).

CONFIRMACIÓN DE ASISTENCIA AO XANTAR NO HOTEL RESTAURANTE MÉNDEZ NÚÑEZ (Convén recordar que, para asistir ao xantar, débese facer a reserva con anterioridade. Data límite de inscrición o 5 de abril 2024)

 Cartaz

 

Distribuir contido


by Dr. Radut