Skip to Content

ABAU. Documentación que hai que presentar

Para o alumnado que queira matricularse na ABAU, achégase unha ligazón na que se poden consultar os documentos que hai que presentar no centro, xunto con ligazóns á información de interese.

 

Documentación

Ler máis

Publicada a Orde de participación no fondo solidario de libros de texto para o curso 2020/21

Publicouse a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o 20/05/2020 ata o 19/06/2020, ambos os dous inclusive.

Resumo axudas material escolar: 1ºESO e 2ºESO

Resumo axudas fondo libros: 3ºESO e 4ª ESO

Reincorporación ás aulas do alumnado de 2º BAC, 2º Ciclo medio e 2º Ciclo superior

Aquel alumno que queira asistir ás clases presenciais despois do 25 de maio, deberá falar co profesor da materia correspondente ou cubrir o formulario na ligazón, para así poder organizar a asistencia ó centro con seguridade. As clases van ser no horario habitual, salvo acordo co profesor e dispoñibilidade de aula.

O alumnado que se rexistrou a través da páxina ou púxose en contacto co seu profesor, pode asistir ás clases presenciais dende mañá martes, incluído, no seu horario habitual e tendo en conta as normas de seguridade recollidas no documento adxunto.

Normas a seguir

Ligazón

Restablecemento do procedemento de admisión de alumnado

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

Ler máis

Cubrir a solicitude informaticamente

Impresos

Instrucións para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ligazón

23 DE ABRIL 2020: DÍA DO LIBRO

Desde o Departamento de Física e Química do IES LUCUS AUGUSTI convidámosvos a sacar un billete virtual de tren para que vos leve cerca ou lonxe, a onde vós queirades, a  onde  vos  achegue a  lectura que elixades  porque “para  viaxar  lonxe,  non  hai  mellor nave ca un libro” (Emily Dickinson).

Suxestións de lecturas

Distribuir contido


by Dr. Radut